Moncha Prieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Gundivós, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora , locutora de radio |
Xénero artístico | Poesía, relato |
Lingua | Lingua galega |
Obra | |
Obras destacables Alma de barro: Relatos da Ribeira Sacra | |
Moncha Prieto, nada en Gundivós (Sober) en 1951, é unha escritora e locutora radiofónica galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu en Barcelona dende os quince anos ata 1995, cando regresa definitivamente a Galicia[1]. Foi secretaria do Centro Galego de Barcelona e colaborou con diversas asociacións e revistas literarias, como Alborada[2], Follas Secas[3] ou Lúa Nova[4].
De 1985 a 1995 dedicouse ao mundo da radio: puxo en antena o programa Galicia máis cerca, que máis tarde pasaría a denominarse Galicia hoxe[5]; e foi compoñente do magazine matinal Bonico en Radio Gramenet (Santa Coloma de Gramenet). Neste eido, promoveu a fundación da coordinadora Ergac (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya), sendo a súa primeira presidenta; foi correspondente de Radio Progreso de Miami, sección noticias; e participou en Radio Exterior da Radio Galega.
Impulsora do evento poético e musical Escaleira Literaria, baixo padroádego do Concello de Sober.
Participou no libro colectivo Voz e Voto[6], en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro; e coordinou a edición de Vivir en presente[7].
En maio de 2021 publica Alma de Barro: Relatos da Ribeira Sacra, libro integrado por 18 relatos baseados en feitos reais[8].
Obra
[editar | editar a fonte]Prosa
[editar | editar a fonte]- Alma de Barro; Relatos da Ribeira Sacra[9], con prólogo de Basilio Losada.
Poesía
[editar | editar a fonte]- As esquinas da vida e A túa voz; poemas en Vivir en presente[7].
Premios
[editar | editar a fonte]- 1º premio: Certame de Cartas de Amor. Radio Fene, 2003[10].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Os meus relatos baséanse en historias reais da Ribeira Sacra". La Voz de Galicia. 14 de maio de 2021. p. Lemos.
- ↑ Revista Alborada. Ed. Centro Galego de Barcelona
- ↑ Revista Follas Secas. Ed. Follas Secas, Ourense
- ↑ Revista Lúa Nova. Ed. AC Rosalía de Castro, Cornellà, Barcelona
- ↑ "Una emisora catalana dedicó un programa a Celanova". La Región. 25 de xaneiro de 1989.
- ↑ VVAA (1991). Voz e voto (en gal). Padroado Curros Enríquez, Celanova. p. 250. ISBN 978-84-404-9120-6.
- ↑ 7,0 7,1 VVAA (1994). Esa manía túa de vivir en presente (en gal). Ordax Grup-ERGAC, Barcelona. p. 125. ISBN 84-604-4426-0.
- ↑ Moncha Prieto: "Algunhas amizades literarias catalás preferían que lles falase galego e copiaban palabras". Nós Diario. Entrevista con A. Escuredo. 22/6/2021.
- ↑ Moncha Prieto (2021). Alma de barro: Relatos da Ribeira Sacra (en gal). Edicións Xerais de Galicia. p. 160. ISBN 9788491219033.
- ↑ "Verbas de amor con premio" Vieiros, 14/2/2003
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Una emisora catalana dedicó un programa a Celanova". La Región (en castelán). 25 de xaneiro de 1989.
- "Volta galega a España de la RTG. 'Pequeño mosaico de España'". El Correo Gallego (en castelán). 13 de xuño de 1988. p. 42.
- "Gallegos en el mundo. Galicia no mundo". El Correo Gallego (en castelán). 24 de xullo de 1988. p. 26 Magazine dominical.
- "Un viaje diario a nuestra tierra a través de la ondas radiofónicas". El Correo Gallego (en castelán). 27 de abril de 1989. p. Contraportada.
- "González Laxe, en el 4º aniversario del programa de Ràdio Gramenet "Galicia Hoxe"". L'ajuntament informa. Ajuntament de Sta. Coloma de Gramenet (en castelán). 5 de maio de 1989.
- "Voces galegas en Catalunya". Revista Alborada. xuño-xullo de 1989. p. 16-17.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas). Vigo: Galaxia. 1997. p. 32("Alborada"). ISBN 84-8288-137-X.
- "Sinatura de libros na rúa para celebrar as Letras Galegas". En común, crónica do sur de Lugo. maio de 2021.
- "Homenaxe á terra". Faro de Vigo. 1 de xullo de 2021.
- "A soberina Moncha Prieto, pregoeira da Feira do Libro de Monforte". Xornal de Lemos. 19 de agosto de 2021.
- Edicións Xerais. Ficha da autora
- Conde Pérez, Iván (3 de xuño de 2019). La radiofonia gallega a Catalunya: identitat i activisme (PDF) (Treball de Fi de Grau) (en catalán). Barcelona: Facultat de Ciències de la Comunicació. UB. p. 51 ("5.5. Galiza Algo máis; Origen i història").