Conversa usuario:Celanova única

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Celanova única!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:58, 14 xaneiro 2010 (UTC)

Ola --doradorodriguez (fálame) 13:23, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola, Celanova única. En Wikipedia:Verificabilidade tes unha explicación sobre as maneiras de achegar fontes que fagan unha información verificable. Normalmente faise en forma de notas no propio artigo ou ben na sección de bibliografía. A verificabilidade, o punto de vista neutral e o non considerar a Wikipedia unha fonte primaria son os piares fundamentais da Wikipedia e os que a converten nunha ferramenta fiable. Para ver exemplos noutros artigos eu miraría en Wikipedia:Artigos de calidade, onde tes os artigos que se recollen os artigos que foron elixidos por ser especialmente bos. E se tes dúbidas podes consultarme a min ou a calquera outro editor. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:51, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Este tipo de erros son moi comúns, non creas que este é un caso excepcional. Hai que ter en conta que só en Galicia se concentran a metade das entidades de poboación de España, que moitas delas son lugares compostos por unhas poucas casas e que ademais moitos están quedando deshabitados. A única solución é procurar que sexa a Xunta quen corrixa o seu erro, a non ser que poidas achegar algunha fonte máis fiable que nos faga ver como é a toponimia realmente. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:32, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Contas de usuario[editar a fonte]

Ola, Celanova única. Vexo na miña páxina de conversa que estás manexando ó mesmo tempo dúas contas de usuario, esta e Usuario:Doradorodriguez. Isto é así? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:35, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Deixa unha mensaxiña en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios, eles son que o teñen que facer. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:01, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Elixe que conta de usuario queres manter e cal borrar e dalle o aviso a usuario:Albert galiza, que é quen ten os dereitos para estas cousas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:59, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola! Eliminei a páxina de usuario da conta que non vas a usar, pero a conta sigue existindo, xa que non se poden elimina-las contas, como máximo pódenselle muda-lo nome. Así que só tes que esquecerte da outra conta (aínda que exista) e usar sempre esta. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 11:14, 22 de febreiro de 2011 (UTC)