Conversa usuario:Ceivar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Ceivar!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 18:24 (UTC)[responder]

Modelo:Ficha de localidade de España[editar a fonte]

Se queres engadir unha caixa de información nun artigo sobre unha cidade podes usar Modelo:Cidade, o Modelo:Parroquia ou o Modelo:Concello. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 18:36 (UTC)[responder]

Teixeiro[editar a fonte]

Ola Ceivar, parabéns pola túas achegas no artigo Teixeiro, Curtis, Curtis. Pero debes ter en conta que na Galipedia temos modelos de localidade propios como Modelo:Lugar, e o mesmo para as imaxes, que encabezan como Ficheiro:(...) Se tes algunha dificultade, non dubides en preguntar. --Xas (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 18:37 (UTC)[responder]


Gracias e perdoade por non utilizar os modelos galegos, son un novato...tan so fixen os artigos do concello de curtis en castelan e do pobo de Teixeiro en galego e castelán debido as burradas animaladas que poñían en eles. Por certo a ver o que dura este artigo, o domingo xa o borraron e volveron a poñer tonterías.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Ceivar (conversacontribucións) 25 de marzo de 2014 ás 19:53‎

Non te apures! Todos tivemos os nosos erros ao chegar aquí. Por certo, para que outros usuarios podan ver as túas respostas debes escribilas nas súas conversas de usuario. Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios). Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 19:00 (UTC)[responder]
Se queres que o artigo se manteña, tes que melloralo, corrixir a lingua, engardirlle referencias, eliminar ton non enciclopédico nin investigació orixinal (aínda que ti podas ver os médicos a calquera hora non se pode incluír ese dato se non hai algunha referencia e aínda así tes que valorar se é relevante). E peneirar o que poda ser relevante do que non, para calquera dúbida pregunta, non teñas reparo.--Sernostri (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 19:09 (UTC)[responder]
Podes crear, por exemplo, Usuario:Ceivar/Probas para traballar no artigo e poder gardalo máis adiante unha vez arranxados estes erros. Mentres deixarei a versión anterior, que non tiña eses erros.--AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 19:16 (UTC)[responder]

Moderación[editar a fonte]

Boas Ceivar! Vendo a túa última contribución á Conversa:Curtis pídoche que moderes o teu ton, podes argumentar a túa opinión e tentar facer que o outro acepte o que dis ou entre os dous (neste caso, outras veces pode que sexan máis) cheguedes a un acordo para poñer certa información nunha sección ou outra (topónimo, xeografía, historia... a que sexa), mais sempre procurando gardar as formas, comentarios como ese non teñen cabida nin na Galipedia nin en ningunha outra Wikipedia. Todos metemos a zoca e polo tanto vou reverter a túa edición na conversa sen máis, se persistes en comentarios dese tipo terei que propoñer o teu bloqueo temporal. Un saúdo, Piquito (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 23:30 (UTC)[responder]

Poñer que a ignorancia é moi atrevida é motivo para bloquearme? Pois xa vexo, é mellor que un artigo esté mal a que se poña a realidade e historia real, a cal polo que vexo deciden tan so uns poucos. Eu non escribo sobre a historia de Muxía porque a descoñezo e outr@s usuarios deberían prantearse esa opción ao igual que min e non poñer tantas atrocidades como se poden ler. Bo día! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ceivar (conversacontribucións) 29 de marzo de 2014

Ceivar, non é que uns poucos decidan a historia real, se queres modificar a historia de Curtis (ou calquer artigo) aporta referencias de publicacións nas que se recolla a versión que ti presentas. Non te sentas atacado por ningún usuario, pero as cousas funcionan así, a todos custounos a nosa andanza pola wikipedia. Se tes algunha dúbida podes contactar conmigo ou con calquer outro usuario, que estaremos encantados de axudarte co que necesites (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios). Un saúdo e a seguir! --AMPERIO (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 10:59 (UTC)[responder]

Ceivar, eu non sei se o que hai no artigo é unha atrocidade ou non, non sei se os datos que aportas son bos... en definitiva, non sei quén ten a razón porque non coñezo o tema e nin tan sequera lin o artigo nin sei exactamente de qué estades a falar, o único que digo é que debes procurar moderar o ton nas discusións con outros usuarios. Sobre o da ignorancia... se un usuario anuncia que revertiu unha edición e ti contestas que a ignorancia é atrevida, non sei, a min un pouco ofensivo me pode parecer e se un administrador o considera deste xeito se pode chegar a bloquear ao usuario se persiste neses comentarios, en calquer caso eu non son administrador e non sei se nese caso concreto te poderían bloquear, digocho para que teñas coidado. Recomendoche que por norma xeral non digas a un usuario algo que non te gustara que che dixeran a ti. Sobre os contidos... debes achegar referencias que apoien eses contidos. Un saúdo! Piquito (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 15:44 (UTC)[responder]