Conversa usuario:Averoh
Benvido(a) á Galipedia, Averoh!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:58, 13 de febreiro de 2011 (UTC)
Spam
[editar a fonte]Por favor, non engadas ligazóns externas inapropiadas na Wikipedia, como fixeches en "Xinzo, Ponteareas". A Wikipedia non é un directorio de ligazóns, nin debe servir como plataforma para a publicidade ou a promoción. Entre as ligazóns non axeitadas atópanse aquelas que van dar a sitios web persoais, a páxinas ás que estás afiliado e sitios que atraen visitantes a unha páxina web ou promocionan un produto. Se aínda cres que a ligazón debera incluírse no artigo, abre un fío na páxina de conversa para así debatelo con outros usuarios. Grazas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 02:00, 13 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola, ante todo pedirche perdon por variar o teu artigo. Son novo por estes lares ,e o rexistrarme o primeiro que vin, foi que a entrada da miña parroquia faltaballe un vinculo a paxina web que se esta a construir (todavia esta en pañais, perdon, e un enbrion), e donde vamos a intentar mostrar o que nela se pode ver e facer. Se crees que se deberia incluir un vinculo a nosa paxina (eu coido que poderia ser interesante, sobor de todo cando estea terminada, xa que como podes comprobar non e unha paxina persoal pois nela tentamos incluir a todolos nosos colectivos veciñais ainda que todavia nos faltan bastantes) aqui che deixo a direccion (www.xinzo.org). Volver a pedirche perdon por tocarlle o teu artigo sen informarme antes de como funciona isto da wiki e quedo esperando a tua resposta. Un saudo.--Averoh 09:54, 14 de febreiro de 2011 (UTC)
- Ola, Averoh. Explícoche: non é o artigo de ninguén. Os contidos da Galipedia non teñen dono. O que che dicía o usuario Xoacas é que non fagas Spam, publicidade, propaganda etc. Nada máis. Para entederes como funciona a edición wiki, no cadro de enriba tes unha serie de ligazón que che serán de utilidade. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:07, 14 de febreiro de 2011 (UTC)