Conversa usuario:Aralenorimaki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Aralenorimaki!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:48, 27 de xaneiro de 2011 (UTC)

Creo que tiveches unha confusión en No nome do pai, o texto é do filme A lingua das bolboretas, artigo que xa existe.--Cheluco 15:57, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)
Cando esteas a traballar nun artigo podes poñer o marcador {{enuso}} para que ninguén o edite mentres esteas fedellando nel.--Cheluco 16:07, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

In the Name of the Father[editar a fonte]

Perdoa por non avisar, estou con mil cousas e pasóuseme. Movín o artigo ó seu título orixinal porque a norma que seguimos aquí é utiliza-lo título galego cando existir (xa sexa pola súa estrea na TVG ou por outra razón) e se non existe versión galega do filme emprega-lo título orixinal. A verdade movín o artigo porque non me soa que haxa versión galega do filme, pero se a hai, habería que movela para o título usado. A política podes vela en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos. Saúdos, e perdoa pola tardanza en responder, agardo que continúes a colaborar connosco, conta coa miña axuda no que precises. --Alberte Si, dígame? 16:36, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

A política de títulos non é algo persoal, que decida unha persoa, é unha decisión da comunidade, se non concordas con ela podes expoñer as túas razóns en Conversa Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos ou na Taberna--Cheluco 17:26, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)
Hmmm, habería que ver se ese filme emitiuse no ciclo en galego (ou subtitulado en galego) ou se é só cousa da tradución da páxina web de Caixa Galicia. En principio concordaría con que o artigo de ese filme levara de título "O meu pé esquerdo". Saúdos. --Alberte Si, dígame? 17:37, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Sinaturas[editar a fonte]

Ola, Aralenorimaki. Que non che esqueza asinar os teus comentarios nas páxinas de conversa, sexa nas de outros usuarios ou ben nas dos artigos. Faise premendo na icona que ten un lapis e un garabato, arriba á esquerda. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:55, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Bandeiras[editar a fonte]

Ola, Aralenorimaki. Olla para esta conversa na páxina de Amperio, que creo que che vai aclarar o que lle preguntabas a Alberte. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:26, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

A imaxe de Day-Lewis deixoucha poñer porque está no repositorio común de imaxes de tódalas wikipedias, que é Commons. A outra imaxe que tentaches poñer, que é un póster da peli, é material con copyright e só aparece na wikipedia inglesa porque alí aplican o chamado "Fair use", porén no resto de wikipedias isto non é posible e tódalas imaxes teñen que estar libres de dereitos ou con unha licenza compatible co proxecto. Espero que me se me entenda. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 23:55, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola de novo- Estiven vendo o historial de edicións de Daniel Day-Lewis e semella que ninguén mudou produtor por *productor, senón que a primeira vez puxéchelo con "c" e despois o correxíches. Ah, e grazas polo documento do cicle de cine, penso que pode servir de referencia para os títulos dos artigos das pelis que aparecen. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 15:50, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Cambio de foto[editar a fonte]

Como andamos?

O motivo de que mudara a fotografía é que pareceume, a que puxen, mellor. Na fotografía que había tiña dificultades mesmo para recoñecer á actriz.

De todas, non hai problema, puxen unha ligazón á categoría de Commons, e mesmo pode volver a poñerse a fotografía que ti puxeras se se amplía un pouco a literatura do artigo, para que non quede descompensado o contido gráfico é de texto. Anímaste?

Un saudiño, e non esquezas asinar cando escribas nas páxinas de conversa doutros usuarios--. HombreDHojalata.conversa 16:21, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Paréceme que estás errad@. Esa non é a idea do proxecto. Non hai que abrir un debate cada vez que se muda algo nun artigo. Se crees que podes mellorar algo ... faino, directamente. E permíteme insistir, por terceira vez, cando fagas algunha anotación na páxina de conversa doutro usuario cómpre que asines (Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa). --. HombreDHojalata.conversa 21:13, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)

RE: Produtor[editar a fonte]

Coido que eu non fun, que ben sei que é sen "c". Seica puido derivar dalgún conflito de edición producido ao editar o artigo dúas persoas á vez. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:25, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)

Sinatura[editar a fonte]

Por favor, Aralenorimaki, non esquezas asinar os teus comentarios --Paradanta (Cóntame) 13:06, 4 de febreiro de 2011 (UTC)

Asemade, ten en conta que ó escribires un comentario na páxina de conversa doutro usuario é preciso non suprimir comentarios anteriores. Dígocho polas túas últimas edicións na páxina de Conversa usuario:Albert galiza. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:43, 4 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola de novo! Pois tes moita razón en case tódolos cambios que propós, agás quizabes no de pasar de Director de fotografía a Fotografía, xa que paréceme un detalliño moi pequeno e poñendo o de director afínase máis. Mirarei de engadir o da produción e o "baseado en" como campos ocultos, é dicir, que se non se engade o dato na ficha non apareza o dato no artigo e de engadirse si apareza (non sei se me explico, igual non... :D). O das bandeiras, de ser coprodución podes poñelas por exemplo así: {{ENG}}<br> {{IRL}}<br> {{ESC}} Que quedaría:
Inglaterra Inglaterra
Irlanda Irlanda
Escocia Escocia

Por outra parte, todo o que estea en Commons é perfectamente utilizable na Galipedia, como se estivese cargado na propia wiki. Se o fotograma está en Commons podes engadilo ó artigo sen problema. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 16:40, 4 de febreiro de 2011 (UTC)

Infiltrados[editar a fonte]

Ola, Aralenorimaki. Se a película foi emitida con título en galego o artigo debe ter ese título. Coloquei en Infiltrados e en The Departed uns marcadores indicando que deben ser fusionados. Neses marcadores tes ligazóns a unha páxina de axuda na que está explicado en que consiste a fusión. Bótalle unha ollada e faino ti mesmo. Eu ou outro usuario revisarémolo logo. Bo traballo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:02, 6 de febreiro de 2011 (UTC)