Conversa usuario:Ana Montes Couñago

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ola Son una estudiante que acaba d crear a súa conta na wikipedia galega.´ Aínda non sei moi ben como funciona , polo que agradecería que me axudasedes e correxisides en todo o posible.

Ola, Ana Montes, benvida á wikipedia. Podes preguntarme todo o que queiras a min ou a calquera dos outros usuarios se utilizas as nosas "páxinas de conversa". Déixoche ademais aquí unha caixa con información que che pode servir de axuda. Un saudiño.

Benvido(a) á Galipedia, Ana Montes Couñago!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Xabier Cid Conversa 15:19, 2 decembro 2008 (UTC)

Ola Ana. Grazas por colaborares e por colaborares subindo imaxes.

Con todo, e a pesar de que a imaxe Ficheiro:Img045.jpg non corre ningún risco de ser borrada, pois presenta licenza e orixe (pon como orixe:"propio"), creo conveniente, por se acaso, facer unha reflexión:

Unha foto non é propia por ti a teres escaneado ou por ti teres tirado unha foto doutra foto. Neses casos, no arquivo resultante os dereitos de autor do orixinalestán presentes. A imaxe Ficheiro:Img045.jpg é túa (ti tes os dereitos de autoría) unicamente se ti a pintaches -e sen calcala-.

A miña opinión é que é unha imaxe escaneada, polo mesmo vou propor quesexa borrada. Poderás expresarte a favor de que a imaxe se manteña na ligazón que dentro dun momento che indicarei. --Saúdos e grazas. Xan de ningures 16:32, 16 decembro 2008 (UTC)

A páxina en que podes defender a presenza desa imaxe na Galipedia será -inda a estou escribindo-: Wikipedia:Imaxes para borrar/Imaxe:Img045.jpg--Saúdos e grazas. Xan de ningures 17:01, 16 decembro 2008 (UTC)

Novos artigos[editar a fonte]

Ola Ana:

Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:56, 21 decembro 2008 (UTC)