Conversa usuario:Almeira
Son alumna do I.E.S. Mendiño de bacharelato, disculpen os erros que poida ter.
Benvida, Almeira! Todo o que necesites, ti pregunta. Déixoche aquí información de axuda, por se a necesitas, ok?
Benvido(a) á Galipedia, Almeira!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Conversa 13:01, 4 decembro 2008 (UTC)
Novos artigos[editar a fonte]
Ola Almeira:
Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:50, 21 decembro 2008 (UTC)
Rematar artigos[editar a fonte]
Boas tardes, Almeira. Vexo que non remata-los artigos que escribes. En ciclo do xofre quedouche unha frase sen rematar; exosfera e devoniano tamén os vexo aínda pobres e sen completar. Lembra que, ademais, cómpre incluír nos artigos a categorización e ligazóns internas, entre outras cousas. Dálles un repaso, por favor. Outro consello é marcalos como "en uso" mentres esteas traballándoos, para que os demais usuarios saibamos que está en proceso de redacción (e non esquezas saca-la marca cando consideres que xa están rematados). Se tes algunha dúbida non te cortes en pregunta-lo que queiras, que toda a comunidade se prestará con gusto a botarche unha man no que faga falta. Ánimo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:38, 13 febreiro 2009 (UTC)