Conversa usuario:AIA Espana

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, AIA Espana!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 15:41 (UTC)[responder]

Artigos creados[editar a fonte]

Os atigos que creaches carecen dunha estrutura enciclopédica, por favor editaos de xeito que poidan quedar albergados na Galipedia. Engadindo máis información sobre eles (de xeito estructurado), engadindo algunha táboa. Na páxina de Axuda atoparás moita información sobre como editar artigos de xeito correcto. --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 15:41 (UTC)[responder]

Segue sen estar en formato enciclopedico. --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 16:40 (UTC)[responder]
Tes que seguir os pasos do Libro de estilo ou de Como edita unha páxina para que o artigo sexa enciclopédico. Por exemplo, para os artigos que creaches podes ver a páxina do Palau Sant Jordi e seguir os pasos. Non sei se son estadios o que estas facendo ti, pero na páxina Como facer táboas explica como facer táboas para poñer os datos que ti aportas.--AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 18:06 (UTC)[responder]
A wikipedia non é un soporte publicitario para empresas ou persoas.--77.27.100.69 8 de xaneiro de 2013 ás 11:41 (UTC)[responder]
Se segues retirando marcadores solicitarei o teu bloqueo.--77.27.100.69 8 de xaneiro de 2013 ás 16:46 (UTC)[responder]

Galego[editar a fonte]

Cando edites un artigo asegurate de que está en galego e non ten termos en castelán. ¿Usas un tradutor online?. Por certo o artigo último que creaches segue a ser publicidade e a wikipedia non alberga publicidade.--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 11:13 (UTC)[responder]

Conflito de intereses[editar a fonte]

Dado o seu nome de usuario e o tipo de edicións que está a realizar debemos asumir que pertence á empresa "Arata Isozaki & Asociados España" polo cal teño que dicirlle que non pode editar ningún artigo relacionado con Arata Isozaki xa que do contrario estaría a incumplir a política de Wikipedia:Conflito de intereses. Hai moitos outros artigos cos que pode contribuir na Galipedia sen problemas. Tamén lle recomendo que revise a ortografía dos artigos que faga. Se ten calquera dúbida pode deixarme un comentario na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 12:06 (UTC)[responder]