Conversa usuario:95.20.3.254

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, 95.20.3.254!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

O dicionario da RAG non dá resultados para 'presidenta' porque non dá resultados para ningún substantivo ou adxectivo feminino (proba coa palabra 'nena').

Se buscas outros dicionarios, poderás aprender que en lingua galega 'presidente' (e presidenta) non e un participio:
Gran dicionario Cumio da lingua galega (2011; páx. 1001): presidente -a (do lat. praesidente, 'gobernador da provincia'). s. 1. Persoa que preside. 2 Nos réximes republicanos, xefe do Estado. 3. Dirixente de todo tipo de organización.
Dicionario Xerais da lingua (7ª edición, 2007; páx. 985): presidente -a (lat. praesidente(m), id). s. 1. Persoa que preside. 2 Persoa que dirixe as deliberacións e os traballos dun consello, asemblea, xunta, goberno etc.
Dicionário Estraviz: Presidenta: sf.(1) Mulher que preside. (2) Mulher do presidente.

As linguas evolucionan, e no 2012 existe a palabra presidenta como substantivo, máis alá de que na súa orixe o termo presidente procedese dun participio. Como existen os dous termos, e para evitar o uso de masculinos xenéricos, nos títulos dos artigos procúrase utilizar substantivos que eviten a linguaxe discriminatoria, como presidencia.

Para vindeiras ocasións, procure asinar as súas mensaxes, co cuarto botón comezando pola dereita.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:53, 1 de maio de 2012 (UTC)


Nunca mantiven que "presidente" fora un participio: a miña formación gramatical acada até aí. Si afirmo que é un substantivo derivado dun participio de presente, como xa argumentei. De calquera xeito, de se tratar de eliminar "masculinos xenéricos" (este si que resulta un curioso concepto gramatical...), adiante.

Con todo, non acho como un substantivo rematado en "e" pode cualificarse, sen artigo nin adxectivo mediante, como masculino ou feminino sen mediar prexuízo lingüístico ningún (acaso estea aí a aclaración ao repecto do concepto "masculino xenérico").

Grazas polo comentario.

Un saúdo.