Conversa usuario:91.117.11.96

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 91.117.11.96 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 16 de maio de 2018 ás 07:35 (UTC)[responder]

Correccións[editar a fonte]

Ola, ip. Grazas polas correccións que estás a facer. Por se che interesa, o termo castelán *carroñero en galego ten equivalencia en preeiro. Necrófagoc, como sinalabas, tamén valería, pois é un sinónimo relativo. --Atobar (conversa comigo) 25 de setembro de 2018 ás 15:41 (UTC)[responder]

Panteón Real da catedral de Santiago[editar a fonte]

Boas, grazas polas súas edicións no artigo Panteón Real da catedral de Santiago, porén tiven que desfacer algunhas delas xa que eran termos correctos recollidos no DRAG e na Galipedia temos a norma de manter a escolla do primeiro editor para evitar guerras de edicións. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2018 ás 08:23 (UTC)[responder]

Dicionario[editar a fonte]

Ola, 91.117.11.96.

Déixote aquí, a continuación, unha ligazón ao dicionario da Real Academia Galega, que quizais che resulte de utilidade:

Dicionario da Real Academia Galega
Dicionario da Real Academia Galega
status

substantivo masculino
   Posición que ocupa unha persoa dentro da sociedade ou dun grupo.
   Coida que unha persoa do seu status ten que gardar unhas certas aparencias.

Recoméndoche, tamén, que te rexistres, porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico).

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 20 de febreiro de 2019 ás 16:56 (UTC)[responder]