Conversa usuario:84.79.11.151

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 84.79.11.151 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.
Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 28 de abril de 2016 ás 17:17 (UTC)[responder]

Normas de conduta[editar a fonte]

Ola, 84.79.11.151. Grazas por colaborar coa Galipedia. Algúns dos teus comentarios feitos poden resultar ofensivos para outros wikipedistas e poden considerarse unha violación das normas de conduta, que son parte das políticas oficialis da Wikipedia. A Wikipedia baséase na colaboración voluntaria, polo que é fundamental que as interaccións entre usuarios se fagan de forma educada e respetuosa. Por favor, ten isto en conta ao comunicarte con outros usuarios. Grazas. Banjo tell me 28 de abril de 2016 ás 17:17 (UTC)[responder]

Amigábel[editar a fonte]

Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para amigábel. Banjo tell me 28 de abril de 2016 ás 17:17 (UTC)[responder]

Ola, ip. Íache sacar do erro, pero vexo que se me adiantou outro editor. Con todo e iso, insisto para que non volvas meter a zoca: as terminacións -ble e -bel son igual de correctas. Se volves ter dúbidas con respecto á lingua, anímote a que te inscribas nun curso gratuíto en liña. E perde coidado, que ninguén nace aprendido. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 28 de abril de 2016 ás 17:27 (UTC)[responder]