Conversa categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (por tamaño)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Falta un artigo (e van...)[editar a fonte]

Pregaríalle á xente que está a traballar nos 1000 artigos que tiveran moito coidado cos marcadores pois non é doado dar co artigo que falta, xa non lembro cantas veces pasou isto. En fin, haberá que buscalo, saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de decembro de 2014 ás 12:52 (UTC)Reply[responder]

Pero é raro porque a categoría Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (por tema) ten os 1000 artigos (Van Gogh está como categoría pero aquí aparece o artigo), e se iso é así todos eses artigos teñen o modelo co que deberían estar aquí tamén... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2014 ás 13:24 (UTC)Reply[responder]
Iso xa ocorreu a última vez que faltaba un artigo. Estaban os 1.000 por tema pero faltaba un por tamaño. Penso que se pode deber a que en por tamaño contabilízase automaticamente o artigo ao ter o marcador dos 1.000 artigos mentres que por tema non están asociados ao marcador. Supoño eu, non sei. Agora mesmo non me lembro cal era o artigo que faltaba a última vez, vouno comprobar na conversa do wikiproxecto. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de decembro de 2014 ás 14:05 (UTC)Reply[responder]
Si, tes razón, a categoría por tema ponse a man, é independente do marcador. Entón o problema está en que nalgún artigo quitouse o marcador. Ó final para que non haxa máis líos quitei da categoría por temas a categoría de Van Gogh e púxena no artigo.
Xa revisei os da categoría de Arte e Lecer e vinos todos ben. Logo seguirei coa de Tecnoloxía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2014 ás 14:12 (UTC)Reply[responder]
Non sigas Elisardo, xa está, retiro a petición de ter coidado. Xa non me lembraba de que a culpa é da Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB) que contabiliza un menos dos que hai nesa categoría. Xa o detectáramos o mes pasado (véxase a conversa do wikiproxecto), saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de decembro de 2014 ás 14:21 (UTC)Reply[responder]
É certo, haberá que investigar por que pasa iso para que non nos líe para outra vez. Verei se o podo amañar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2014 ás 14:24 (UTC)Reply[responder]
Nos volve faltar un!! sumando os que hai nas tres categorías sáenme 999!! Piquito (conversa) 20 de marzo de 2015 ás 00:59 (UTC)Reply[responder]
Non Piquito, están os 1000. Está explicado máis arriba, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 20 de marzo de 2015 ás 20:04 (UTC)Reply[responder]

Número de artigos[editar a fonte]

Levo varios días controlando o número de artigos de cada categoría e os que realmente hai. Para saber o número real de cada categoría facede o seguinte:

  • Sumádelle un artigo aos que indican as categorías de máis de 30 Kb e a de menos de 10 Kb
  • Restádelle un artigo ao que indica a categoría de entre 10 e 30 Kb

Sae a suma de 100 e ademais creo que os números de artigos así obtidos de cada categoría coinciden cos que dá a lista das wikipedias segundo os 1000 artigos. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 18 de setembro de 2015 ás 22:35 (UTC)Reply[responder]

Eu o que fago é entrar en cada categoría e ir mirando os artigos que ten, pero tendo en conta só os artigos que ten na última páxina e sumándolle as páxinas que fun pasando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2015 ás 23:43 (UTC)Reply[responder]
Pois non hai forma, nin co sistema de Xosé Antonio nin co meu dá ben o número de artigos por tamaño, por un sáenme 1002 e por outro 1003. E o problema é que nas categorías de artigos por tema o total sae ben. Banjo ti sabes por que estas categorías non indican correctamente o número de artigos que teñen? Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2016 ás 12:00 (UTC)Reply[responder]
Non estou familiarizado con estas categorías, pero polo que vexo a categorización vai en función do tamaño que recibe {{1000}}. Sendo así, a inconsistencia no número de artigos sexa probablemente por cuestións de caché do servidor, ou algo semellante. Probablemente haxa 2-3 artigos que mudaron de tamaño e clasificación fai poucos días, polo que realmente están nunha categoría nova agora pero o servidor ten "cacheado" o número vello no total de cada categoría. Ao mellor editando tódolos artigos pódese forzar a que actualice, pero non estou seguro. Pola tarde faigo unha proba co bot se saco algo de tempo. Banjo tell me 7 de xaneiro de 2016 ás 12:56 (UTC)Reply[responder]
Si, agora está totalmente descontrolado. Contando os artigos de cada categoría, como fai Elisardo, e sumándoos saen 1.002 artigos. A min ocórrese pensar que o problema pode estar no coeficiente 1,2 que se aplica ao tamaño dos nosos artigos para calcular o tamaño ponderado co que se fai a clasificación. Pode que haxa algún erro aí, pero son suposicións miñas. Non teño idea! --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de xaneiro de 2016 ás 19:54 (UTC)Reply[responder]
Penso que pode ser o que di Banjo en que sexa un problema coa caché do servidor, a ver se podes facer esa proba porque teño que actualizar as estatísticas e este mes xa leva varios días de atraso... Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2016 ás 09:51 (UTC)Reply[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── O bot non funcionou. Borrar e recrear a categoría tampouco. Ou ben é cuestión da caché ou ben é pola conta de tamaño de páxina que fai o modelo. Banjo tell me 8 de xaneiro de 2016 ás 21:08 (UTC)Reply[responder]

Outra volta un de máis[editar a fonte]

Eu paso xa de mirar cal sobra. A cousa é que temos 1001 artigos na lista e xa non lembro as veces que pasou, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 29 de abril de 2016 ás 16:10 (UTC)Reply[responder]

Vou ver se o dou atopado. --Chairego apc (conversa) 29 de abril de 2016 ás 17:16 (UTC)Reply[responder]
Feito! Feito! Atopeino! O artigo en cuestión era Laila Pakalniņa. --Chairego apc (conversa) 29 de abril de 2016 ás 18:25 (UTC)Reply[responder]
Grazas, Chairego, --Xosé Antonio (fálame sempre) 30 de abril de 2016 ás 20:55 (UTC)Reply[responder]

Novo intruso[editar a fonte]

Acabo de botar contas e temos de novo un intruso. Alguén se anima a buscalo? --Chairego apc (conversa) 3 de xuño de 2016 ás 19:17 (UTC)Reply[responder]

Chairego apc eu se conto polos artigos que hai dentro das categorías, non os que di a categoría que ten, se non entrando en cada categoría e mirando os artigos que ten ó final, e que non coincide co número de artigos que di que ten, dame 1000 artigos redondos, polo que penso que desta volta non hai intruso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 00:38 (UTC)Reply[responder]
Grazas pola aclaración. A verdade é que leva a engano... por que non funcionará o reconto da categoría?? --Chairego apc (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 00:48 (UTC)Reply[responder]
Pois é unha boa pregunta porque controlar esas categorías é unha lea, non sei o que pode pasar, a ver se un día lle pregunto a uns compañeiros de wp-es. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 01:22 (UTC)Reply[responder]

Falta un artigo (n-ésima vez)[editar a fonte]

Acabo de contalos e hai 999. Se alguén se anima a buscalo... --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de outubro de 2016 ás 21:42 (UTC)Reply[responder]

Xosé Antonio, amañei o artigo Jawaharlal Nehru que tiña mal o modelo pero na categoría de Biografías seguen aparecendo 203 artigos cando deberían aparecer 204, pero creo que xa está amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2016 ás 00:04 (UTC)Reply[responder]
Si, semella que xa está amañado. Grazas, Elisardo --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de outubro de 2016 ás 01:21 (UTC)Reply[responder]
Tamén tiña mal a categoría o artigo de Xesús de Nazaret. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2016 ás 15:03 (UTC)Reply[responder]

1001[editar a fonte]

Temos un intruso outra vez. Quen se anima a atopalo??? --Chairego apc (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 14:27 (UTC)Reply[responder]

En teoría non Chairego apc, se entras nas categorías e vas ata a última páxina de cada unha delas verás que o número de artigos non coincide co que pon a categoría, se sumas eses números da xusto 1000. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 21:16 (UTC)Reply[responder]
Vaia, creo que xa é a segunda vez que me engana a categoría. Grazas de novo Elisardojm. --Chairego apc (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 21:20 (UTC)Reply[responder]
É un lío, non sei por que non funciona ben dunha vez... :( Teño pendente preguntar sobre o tema pero..., está pendente... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 21:29 (UTC)Reply[responder]