Laila Pakalniņa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laila Pakalniņa
Laila Pakalniņa.jpg
Nacemento4 de xuño de 1962
 Liepāja
NacionalidadeLetonia
Alma máterInstituto Gerasimov de Cinematografía
Ocupacióndirectora de cine e guionista
PremiosPizzas 2012, The Mail 1996, The Dome 1992, Palma de Ouro 2009, Oso de Ouro 2006, European Film Award 2004
editar datos en Wikidata ]

Laila Pakalniņa, nada en Liepāja en 1962, é unha directora de cine letoa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Moscú, no Departamento de Televisón e Xornalismo. En 1991 gradúase no Instituto do Cinema de Moscú (VGIK) dentro do departamento de Dirección de Cine. Dirixiu e asinou o guión de 26 documentais, 6 curtametraxes e 5 películas de ficción. Cun total de 37 obras audiovisuais é unha cineasta aínda en activo. Está casada e ten dous fillos.

Pakalniņa sitúase entre os directores máis prolíficos de Letonia tralo guionizado e dirección das suas 37 películas. Caracterízaa o seu uso dunha mistificación do absurdo na comedia. Acadou o galardón do Oso de Ouro na Berlinale á mellor curtametraxe pola súa obra Udens. No seu filme documental Dream Land o equipo de produción explora mutacións animais que habitan os novos vertedoiros. O documental foi galardoado no European Film Awards.

Internacionalización[editar | editar a fonte]

No 2014, Laila Pakalniņa internacionaliza a súa traxectoria coa coprodución do seu filme de ficción “Dawn”. A rodaxe comprendeu dende agosto até Setembro do 2014 e levouse a cabo en territorio letón e polaco. O equipo de produción compartía o carácter internacional (guión e dirección: Laila Pakalniņa; cámara: Wojciech Staron (Polonia); dirección artística: Jurģis Krāsons; elenco: Vilis Daudziņš, Antons Grauds, Andris Keišs e Liene Šmukste).

A Unión Soviética, que ocupou Letonia durante a xuventude de Pakalniņa, acadou o seu apoxeo ideolóxico entre o 1950–1970. A historia da película transcorre entre o o luscofusco e o amencer e o destino de Jānis, un estudante exemplar da Letonia soviética e do programa soviético de pioneiros, e o seu pai. En nome da moral e da ideoloxía o rapaz traiciona ao seu pai, inimigo do pobo e do cooperativismo agrícola. Porén será o propio pai o que apunte ao fillo cun arma. O transfondo da historia atopa ecos na mitoloxía grega e nos himnos soviétivos.

Laila Pakalniņa, recollendo o uso de tempos de gravación moi rítmicos obtén unha atmosfera surrealista e de ton apocalíptico nesta obra de ficción. Rodada en branco e negro. Debido á época na que foi rodada as follas das árbores presentan unha cor dourada moi en contraposición cos colares vermellos e camisas brancas dos soviéticos. Jurģis Krāsons proveu ao filme con obxectos de uso cotiá de época, cartóns de leite e botas de goma, para estilizar o estilo soviético da época na película.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

  • Dawn 2015
  • Picas 2012
  • Ķīlnieks 2006
  • Pitons 2003
  • Kurpe 1998

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Klusums 2009
  • Akmeņi 2008
  • Uguns 2007
  • Ūdens 2006
  • Papa Gena 2002
  • Annas Ziemassvētki 1992

Documentais[editar | editar a fonte]

  • Zirdzin, hallo! 2017
  • Ausma 2015
  • Hey, Rasma! 2015
  • A Dream of Snow 2014
  • Četrdesmit divi 2013
  • Sniegs 2012
  • 33 zvēri Ziemassvētki vecītim 2011
  • Pa Rubika ceļu 2010
  • Par dzimtenīti 2008
  • Teodors 2006
  • Leiputrija 2004
  • Autobuss 2004
  • Būs labi 2004
  • Mārtiņš 2002
  • Papa Gena 2001
  • Mostieties 2000
  • Ozols 1997
  • Ubāns 1995
  • Pasts 1995
  • Prāmis 1994
  • Baznīca 1993
  • Iešana 1991
  • Veļa 1991
  • Doms 1991
  • Izvēle 1990
  • Un 1988

Premios[editar | editar a fonte]

Premio Ano
“The Dome”- premio no Video Festival Internacional de Bruxelas 1992
“The Mail” – Vila do Conde International Short Film Festival, Portugal 1996
European Film Awards por Dream Land 2004
Oso Dourado á mellor curtametraxe por Udens 2006
Palma Douro á mellor curtametraxe por Klusums 2009
“Pizzas”- Premio especial do xurado no festival de Cinema de Roma 2012


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]