Conversa Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Usuarios e usuarias"[editar a fonte]

É necesario o de "usuarios e usuarias"? --Norrin_strange (Fala-me) 30 de maio de 2013 ás 10:28 (UTC)[responder]

Necesario, necesario, non é, máis, tampouco é incorrecto. Cada vez que emprego exclusivamente o masculino, corríxeme Adrián. Por aquilo da linguaxe sexista. Teima del. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2013 ás 11:26 (UTC)[responder]
Eu pensaba que era incorrecto. Canto menos en castelán así é. Hai algo da RAG sobre o tema? --Norrin_strange (Fala-me) 30 de maio de 2013 ás 12:32 (UTC)[responder]

Non é necesario, senón voluntario, ao igual que todo o redactado na Wikipedia. Non é unha teima persoal, senón un intento de evitar excluír as compañeiras que queiran subir fotos. Como ben sabedes, o número de usuarias que editan nas diferentes Wikipedias é ben reducido (no artigo "Nine Reasons Women Don’t Edit Wikipedia (in their own words)" hai referencias ben interesantes).
Como é iso de que en castelán é incorrecto?? O artigo de Ignacio Bosque "Sexismo lingüístico y visibilidad de la mujer" foi subscrito polos académicos (28) e académicas (5) da RAE en marzo de 2012, pero esa Academia non ten publicadas normas que indiquen que as recomendacións feitas nas guías criticadas sexan incorrectas. Pola súa parte, a RAG aínda non asumiu unha posición ao respecto da linguaxe sexista.
(De seguir adiante o debate, o que me parecería ben interesante, debería ter lugar noutro lugar). --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de maio de 2013 ás 15:13 (UTC)[responder]

Só queda unha de Pontevedra[editar a fonte]

A ver se alguén se pode achegar a Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa e tirar unhas fotos para completa-la provincia de Pontevedra. Parabéns por adiantado a tódolos que contribuíron para completar esta inxente tarefa! Agora a polas demais, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 23 de setembro de 2015 ás 13:37 (UTC)[responder]

Vai ser imposible que ninguén o faga. Segundo o CDIX (Buscar->Busca territorial->Concello->Parroquia) o territorio de concello de Vilagarcía de Arousa só pode dividirse en 11 parroquias, e nós, baseándonos no Nomenclátor, témolo dividido en 12.
O texto do artigo da Gran Enciclopedia Galega (DVD) dá 12 parroquias (baseándose nas mesmas fontes que nós), pero, curiosamente, o mapa do concello da mesma enciclopedia só sinala 11.
Para enredar máis a cousa, o IGE dá 13 parroquias, repetindo dúas veces: "O CARRIL (SANTIAGO)" (lugares de Os Ánxeles e O Carril) e "O CARRIL (SANTIAGO)" (lugares de A Caldigüela, Guillán e Trabanca Sardiñeira). Pero iso xa é outro conto.--. HombreDHojalata.conversa 23 de setembro de 2015 ás 18:50 (UTC)[responder]
Acabo de poñerlle as coordenadas ó artigo da igrexa de San Martiño de Sobrán. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2015 ás 19:08 (UTC)[responder]
Sei onde está a igrexa. Pero se dicimos que "Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa" e "Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa" son dúas parroquias diferentes, a igrexa estará nunha delas, non nas dúas. --. HombreDHojalata.conversa 23 de setembro de 2015 ás 19:41 (UTC)[responder]
Para rizar máis o rizo. Vilaxoán aparece nas dúas parroquias no Nomenclátor. --. HombreDHojalata.conversa 23 de setembro de 2015 ás 20:04 (UTC)[responder]

Pois haberá que tomar unha decisión. Se non aparecese Vilaxoán en ambas parroquias, sería partidario de manter as dúas con cadanseus lugares do nomenclátor e arranxabamos o problema tirando algunhas fotos deses lugares (non sei se a igrexa da que temos imaxe está en Vilaxoán). Ó aparecer Vilaxoán en ambas parroquias penso que estamos ante un flagrante erro do nomenclátor (lembrade que xa coñecemos outro erro cos lugares de Sigüeiro e A Foca). Eu son partidario de elimina-la parroquia de San Martiño de Fóra (a título informativo só hai unha parroquia eclesiástica chamada Sobrán-Vilaxoán). --Xosé Antonio (fálame sempre) 23 de setembro de 2015 ás 20:42 (UTC)[responder]

Ah, non sabía que había dous Sobrán. Pero entón, a min o que me parece é que a imaxe que temos é de de Sobrán, San Martiño de Fóra, porque Sobrán (San Martiño) só ten un lugar que é Vilaxoán, e Vilaxoán está claro onde está no Google Maps. Eu penso que temos que cambiar a imaxe a Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa.
Ademais a foto da igrexa de San Martiño do artigo Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa non está en Vilaxoán, Vilaxóan non pasa da PO-549 e esa foto está ó outro lado. Podedes velo neste mapa, o malo é que é un pouco coñazo de atopar pero ver vese que a parroquia na que está Vilaxoán (o de dentro) non pasa da PO-549 porque é precisamente o seu límite. Nese mapa tamén se ve que a parroquia de San Martiño de Fóra está a continuación e comprende os lugares que se indican en Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa.
E de Vilaxoán, o de Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa, temos a imaxe Ficheiro:Pantera Rodríguez. Alfonso Vilar. Vilaxoán. Vilagarcía de Arousa. Galiza VV01.jpg (tamén hai outras do porto de Vilaxoán que penso que tamén estarán na parroquia), así que se vos parece ben, a cousa xa está amañada, tan só hai que cambiar de sitio a imaxe da igrexa e engadir a de Pantera Rodríguez. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2015 ás 01:35 (UTC)[responder]
Xosé Antonio e HombreDHojalata, amañei as coordenadas de Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa para que apunten a Vilaxoán (que é o único lugar que ten), Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa ten as coordenadas ben, á igrexa de San Martiño, se vos parece que está ben cambio a imaxe da igrexa de artigo e engado a Vilaxoán a imaxe que indiquei arriba. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2015 ás 07:38 (UTC)[responder]
Eu estou de acordo coa proposta de Elisardo. Unha pequena cuestión, quitamos o lugar de Vilaxoán da parroquia de San Martiño de Fóra? Non ten moito sentido que estea nas dúas parroquias, a non ser que haxa dous Vilaxoán, non sei. --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de setembro de 2015 ás 23:10 (UTC)[responder]
Eu penso que non podemos porque está así no Nomenclátor, pode ser un erro ou non, como o sabemos? Ó mellor un lugar pode pertencer administrativamente a varias parroquias, ou podería ser que non se refiran exactamente ó mesmo Vilaxoán... Habería que consultalo co Departamento de Toponimia, agora non podo pero pola noitiña mandareilles un correo a ver o que me din e se me contan algo xa vos aviso.
HombreDHojalata ti que dis do das fotos? Vale como dixen ou haberá algún problema? Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2015 ás 07:46 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Agardemos á contestación da consulta. --. HombreDHojalata.conversa 25 de setembro de 2015 ás 07:55 (UTC)[responder]

Acabo de consultar neste buscador de Toponimia da Xunta e parece que Vilaxoán non están en Sobrán (San Martiño de Fóra), isto é o que ten máis senso, a ver o que me din os do Departamento de Toponimia cando lles mande o correo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2015 ás 07:57 (UTC)[responder]
Acabo de mandar o correo. De tódolos xeitos eu xa o teño claro, na parroquia de Sobrán (San Martiño) só hai un lugar, Vilaxoán, e a igrexa de San Martiño non está en Vilaxoán, polo tanto a imaxe do artigo é incorrecta, pero si sería perfectamente correcta a imaxe que propuxen porque comprobeino directamente co Street View e está perfectamente dentro dos límites da parroquia de Sobrán (San Martiño). Se non responden con algo antes dunha semana teremos que cambiar as fotos porque tal e como está agora a imaxe dese artigo é incorrecta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2015 ás 01:16 (UTC)[responder]

Non hai resposta dos de Topografía, HombreDHojalata estou convencido que a foto que temos no artigo Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa é incorrecta porque o único lugar desa parroquia é Vilaxoán e esa igrexa non está en Vilaxoán. Penso que a foto da igrexa debe poñerse no artigo Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa porque si está aí, e para a parroquia de Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa, temos varias fotos do lugar de Vilaxoán, que é o único que ten, co cal, se non tes inconveniente, eu penso que deberíamos cambiar as fotos e pechar este tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2015 ás 10:49 (UTC)[responder]

Non teño inconveniente ningún. --. HombreDHojalata.conversa 6 de outubro de 2015 ás 15:47 (UTC)[responder]
Feito! Feito!, a provincia de Pontevedra xa ten imaxes de todas as súas parroquias, penso que estaría ben facer unha nota de prensa, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2015 ás 08:20 (UTC)[responder]

As que faltan de Coruña[editar a fonte]

Por se lle interesa a alguén, xa teño feita a foto de Malpica que falta e tamén algunhas de Ponteceso, cando poida xa as subo. As de Coristanco espero que as vaian facendo por alí coa axuda de Procastino :) En Santa Comba pedín tamén que me fixera algunhas un coñecido que vai ir por alí en outono, a ver se caen. Pouco a pouco vai indo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2016 ás 14:09 (UTC)[responder]

Nós encantados de facelo, tiña pendente avisar de que non nos foi posible levar a cabo o proxecto neste curso, pero pensamos desenvolvelo no que vén. Agardo que, a comezos de outubro, xa estea o equipo de wikipedistas traballando nisto. Saúdos! Procastino (conversa) 4 de xullo de 2016 ás 17:12 (UTC)[responder]
Pois xenial :), vos ide ó voso ritmo e xa sabedes que podedes contar con nós para o que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2016 ás 22:20 (UTC)[responder]
Se andades a facer fotos por Bergantiños, podedes aforrar as das dúas parroquias que faltan de Laxe e as de Anos en Cabana. Xa están, só falta subilas, saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de agosto de 2016 ás 19:24 (UTC)[responder]
Xenial!, isto está a punto de caramelo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de agosto de 2016 ás 21:24 (UTC)[responder]

Xa teño feitas as fotos de Ponteceso e a de Cundins, só quedan as de Coristanco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2016 ás 23:32 (UTC)[responder]

Xosé Antonio, xa están subidas as fotos que tiña de Cabanas e Ponteceso, agora só faltan as que dixeches ti e as de Coristanco que quedan para a xente de Procastino :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2016 ás 16:33 (UTC)[responder]

Non dou ido por Carballo, pero agora temos máis fotos que fixo Fmrmayo. Penso que vai ser máis doado subir estas últimas. Normalmente quedamos e as subimos xuntos. A ver se van esta semana, saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de setembro de 2016 ás 19:32 (UTC)[responder]
Esta semana tentarei avisar ás rapazas de que vaian tirando esas fotos e a ver se comezamos a subilas canto antes... aínda que non creo que sexamos moi rápidos, os ritmos dos colexios son lentos :/ Procastino (conversa) 26 de setembro de 2016 ás 21:33 (UTC)[responder]
Xenial, isto está feito! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2016 ás 21:26 (UTC)[responder]
E non temos presa Procastino, ide facendo cando poidades :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2016 ás 21:54 (UTC)[responder]
Só queda Coristanco. --Fmrmayo (conversa) 27 de setembro de 2016 ás 21:48 (UTC)[responder]
Xenial Fmrmayo! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2016 ás 22:42 (UTC)[responder]

Comarca do Carballiño[editar a fonte]

Xa están feitas tódalas parroquias que faltan dos concellos do Carballiño, O Irixo e Piñor por Fmrmayo. Podedes aforrar facelas, en canto poidamos irémolas subindo. --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de setembro de 2016 ás 23:14 (UTC)[responder]

Ah, pois eu teño as de Maside, San Amaro, Punxín, Castrelo de Miño e Toén, o que non teño é tempo para subilas :) Queda anotado para que non vaiades por aí. Quizais habería que marcalo con outra cor nos mapas e nas listas para que a xente non repita os sitios, ti que dis Xosé Antonio? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2016 ás 08:17 (UTC)[responder]
Non é mala idea. Quizais poñerlles un verde máis claro coa lenda "Feito (imaxes pendentes de subir)" --Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de setembro de 2016 ás 14:09 (UTC)[responder]
Eu pensara en poñelas en azul, para que queden ben diferenciadas, e logo no listado poñelas riscadas engadindo unha nota explicativa no comezo da páxina para que a xente saiba cales hai que riscar, parécevos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2016 ás 08:30 (UTC)[responder]
Ok! --Xosé Antonio (fálame sempre) 29 de setembro de 2016 ás 14:58 (UTC)[responder]

As fotos. Fotos de todo[editar a fonte]

Boas a todos (Xosé Antonio, Fmrmayo, Riciños, Satna, Beninho, Banjo e Chairego apc), o primeiro é agradecervos o gran traballo que levades facendo nos últimos meses, unha achega que fai que a Galipedia destaque entre outras e que os artigos das parroquias suban de nivel considerablemente.

Por outra banda quería comentar unha cousiña: os artigos das parroquias que hai na Galipedia non se refiren á parroquia eclesiástica se non á parroquia civil e o que estou atopando é que a gran maioría das fotos dos artigos son das igrexas parroquiais. Isto está moi ben, as igrexas son edificios doados de atopar, son sinxelos de asociar cos lugares e usualmente teñen gran interese arquitectónico, pero hai máis cousas aló delas. O que quero dicir é que, sempre que poidamos, debemos tentar non centrarnos unicamente nestes edificios xa que tan valiosas comos as súas fotos poden ser as imaxes das aldeas desa parroquia, os seus campos, as súas rúas e casas, os seus restos arqueolóxicos, castelos, ruínas varias, etc.

De novo recalco os parabéns polo voso traballo e achegas e anímovos a que sigades así e mellor, que aínda queda moito choio! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 14:16 (UTC)[responder]

Tes razón na reflexión, Elisardojm. Non todo deberían ser igrexas e cruceiros; pero é ben certo -como sabes- que na maioría dos casos é o único referente ao que se acoller como imaxe identificativa. Seguro que todos temos presente que cando se plantexa outra alternativa imos por ela. En todo caso grazas polo recordatorio e tamén polo recoñecemento, que sempre vén ben. Saúdos para ti e para o equipo de fotografiadorxs. --Satna (Ti dirás) 11 de novembro de 2016 ás 16:49 (UTC)[responder]
Por certo, se non me engaño creo que xa se pode poñer en verde Friol, pois Riciños está dándolle moita caña ao asunto. A pouco que o tempo axude un chisco, xa logo unimos o verdor de norte a sur. --Satna (Ti dirás) 11 de novembro de 2016 ás 16:56 (UTC)[responder]
Si Satna, Banjo xa puxo verde a Friol e tamén a Ribadeo ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 21:51 (UTC)[responder]

Bo día, grazas polas túas palabras de agradecemento,Elisardojm. De acordo co que dis,non van ser todos campanarios!! ;)Concordo co que di Satna, moitas veces non queda outra que poñer o obxectivo nestas edificacións, pero se hai algo que nos enche o ollo aló imos por el.Seguiremos á conquista do verde.Saúdos compañeiros.Riciños (conversa) 12 de novembro de 2016 ás 12:58 (UTC)Riciños[responder]

Menos de mil[editar a fonte]

Noraboa a todos os que participades no proxecto. Acabo de actualizar as táboas e percateime de que baixamos da barreira das 1.000 parroquias sen imaxe. Imos agora polas 500! Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2016 ás 11:50 (UTC)[responder]

Xenial!!!, isto marcha :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 13:08 (UTC)[responder]

Máis fotos[editar a fonte]

Boas, estes días fixen novas galerías relacionadas cos concellos, as galerías das placas altimétricas que indican a localización e a altitude de cada concello segundo o IGN. Podedes velas en Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Ourense, Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia da Coruña, Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Lugo e Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Pontevedra. Hai xa bastantes e dunha ollada rápida a provincia que menos ten paréceme que é a de Coruña. Outra tarefa máis para ir visitando o país! Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2017 ás 18:45 (UTC)[responder]

Máis de 3000 parroquias con imaxe[editar a fonte]

Boas, onte, día 27 de decembro, superáronse as 3000 parroquias con foto, todo un fito para o proxecto, felicidades a todos! Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2017 ás 17:34 (UTC)[responder]

Unha ferramenta que podería ser útil para organizar excursións de cara a fotografar parroquias pendentes pode ser mapealas. En es:wiki existe o wikiproxecto Ningún municipio español sin fotografía, e dentro de cada comunidade autónoma poden verse os concellos pendentes (por exemplo, Castela e León). Cumpriría facer o listado das parroquias, incluíndo as coordenadas correspondentes de cada unha, e habería que usar o Modelo:Mapa lista de coordenadas. O traballo serviría tamén para completar a xeolocalización daquelas parroquias que teñan o Modelo:Cómpren coordenadas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de abril de 2018 ás 00:24 (UTC)[responder]

Estevo(aei), comezado en Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias/Mapa, pero non sei por que no Google maps só saen dúas coordenadas, cando no OSM saen todas as da lista...
O que hai que facer é ir buscando as coordenadas das parroquias e iso vai levar bastante tempo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2018 ás 08:42 (UTC)[responder]
Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias/Mapa movido a Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias/Lugo e Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias/Ourense. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de maio de 2018 ás 12:31 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 13:34 (UTC)[responder]

Número de parroquias[editar a fonte]

Xosé Antonio, atopei no Nomenclátor da Xunta o número de parroquias civís, 3771, o que non coincide co que tiñamos nós. Haberá que actualizar as táboas? Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 18:57 (UTC)[responder]

Supoño que si. Non lembro de onde quitei o dato pero a diferenza e considerable. O que pasa é que poñerse a contar parroquias (sobre todo na Coruña e Pontevedra que xa teñen todas feitas) semella un traballo estéril, non cres? Será mellor cambiar a táboa por outra onde consten só as que faltan? Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de outubro de 2018 ás 21:50 (UTC)[responder]
Segundo o IGE en Coruña son 926 e en Pontevedra son 666, pero tes razón que non paga a pena contar as parroquias que xa están feitas, con tal de ter os datos das provincias que falta eu penso que xa chegaría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 22:44 (UTC)[responder]
Ben, se están os datos de parroquias por provincias, poñemos os que di o IGE e xa está. Xa miro os de Lugo e Ourense. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de outubro de 2018 ás 19:19 (UTC)[responder]
Feito! Feito! A verdade é que foi doado. Hai un cadro na web do IGE onde están recollidos o número de concellos, parroquias e entidades singulares por provincias. Non era necesario ir mirando e contando. Xa engadín unha referencia coa ligazón. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de outubro de 2018 ás 19:40 (UTC)[responder]
Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2018 ás 00:47 (UTC)[responder]

Vilariño, Vilasantar[editar a fonte]

Movín a foto de Vilariño (Vilasantar) a Présaras xa que non era desa parroquia. Pódese ver na propia foto o letreiro da igrexa. Polo que agora Vilariño non ten foto nengunha. One2 (conversa) 1 de xaneiro de 2019 ás 22:47 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso One2, volve quedar pendente a provincia da Coruña... :) Ti non andarás preto por casualidade? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2019 ás 00:32 (UTC)[responder]
Non ando lonxe Elisardojm, mais entre que se fai de noite rápido e tal, por agora ha ter que esperar. One2 (conversa) 2 de xaneiro de 2019 ás 19:21 (UTC)[responder]
Non hai présa ningunha :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 01:21 (UTC)[responder]
Elisardojm, Feito! Feito! One2 (conversa) 9 de abril de 2019 ás 20:01 (UTC)[responder]
Moitas grazas One2, rematamos, de novo, a provincia da Coruña! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2019 ás 21:33 (UTC)[responder]

Actualizar mapas[editar a fonte]

Cómpre cambiarlle a cor a dous concellos. No mapa de Lugo, Cospeito pasou a ter entre 6 e 10 parroquias sen imaxe; e no de Ourense, a capital xa non ten parroquias sen imaxe. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 17 de decembro de 2022 ás 17:52 (UTC)[responder]

Xinzo de Limia xa ten foto de todas as parroquias. Cómpre cambiar a súa cor a verde. --Chairego apc (conversa) 21 de febreiro de 2023 ás 09:50 (UTC)[responder]

A Pastoriza[editar a fonte]

O concello da Pastoriza xa ten foto de todas as parroquias. Alguén pode cambiar a súa cor a verde? Moitas grazas. Chairego apc (conversa) 19 de abril de 2023 ás 21:58 (UTC)[responder]

Pedrafita do Cebreiro e Entrimo[editar a fonte]

Cómpre cambiar as cores destes dous concellos: Pedrafita figura como que ten todas as parroquias con imaxe cando lle falta unha (Padornelo), que tiña unha imaxe que non lle correspondía. Pola contra, Entrimo figura como que lle falta unha pero xa ten todas. Se alguén pode cambiarlles as cores, agradécese Xosé Antonio (fálame sempre) 8 de novembro de 2023 ás 21:29 (UTC)[responder]