Conversa Wikipedia:Votacións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A redacción actual discutiuse en Conversa Wikipedia:Votacións/Nova redacción.


Arquivos

Discusión[editar a fonte]

Non sería mala idea, por precaución, poñer en alguees unha ligazón cara á páxina na que se discutiu o texto agora aprobado, e que é Usuario:Toliño/Wikipedia:Votacións. Agora está redirixida cara aquí, pero no seu historial queda a discusión toda para a posteridade. Sempre é útil ter este tipo de cousas a man polo que poida acontecer no futuro, do tipo "isto nunca se discutiu", "querédesme afondir" ou "eu téñoa máis gorda". Xoacas(sólo la puntita) 19:06, 3 de xuño de 2010 (UTC)

  • Feito! Feito! E non o tomes a mal, por favor, é o último que quero que pase, pero tenta evitar expresións que poidan resultar malsoantes ou molestas para os demais. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:04, 4 de xuño de 2010 (UTC)

E o prazo máximo?[editar a fonte]

Nas votacións para borrar e sobre bots sinálase o prazo mínimo de días que deben estar abertas as votacións, pero non hai mención ningunha do prazo máximo. Quere dicir iso que poden estar abertas indefinidamente?--Paradanta (Cóntame) 11:57, 10 de outubro de 2010 (UTC)

O caso que comentas está contemplado no segundo parágrafo da sección "Prazo". O normal é non excederse demasiado, pero, en calquera caso, sempre se pode deixar un aviso para que se proceda ao peche se a votación quedou esquecida. --Toliño Fala aquí comigo 14:42, 10 de outubro de 2010 (UTC)

Contador de edicións[editar a fonte]

Propoño cambiar o actual contador de edicións, que non funciona por este, máis moderno. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2014 ás 15:10 (UTC)[responder]

AMPERIO, é un cambio menor que non afecta á política, e máis se o anterior non funciona; non tes que pedir permiso :) Saúdos! --Norrin (Fálame) 19 de maio de 2014 ás 08:46 (UTC)[responder]

Aclaración de quen pode votar[editar a fonte]

Traslado aquí a conversa que houbo en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Música para piano de Gabriel Fauré para que non se mezcle coa votación:

COMEZO TRASLADO

Comentarios
  • Comentario. --Viascos (conversa) Xa sei que aínda non teño o dereito para participar na votación. De calquera xeito quería deixar a miña opinión. Despois de ler o artigo penso que cumple todos os requisitos para ser artigo de calidade. Revisei as versións en castelan e inglés, moi similares ambas como se pode esperar de sucesivas traduccions, e a versión da galipedia está á mesma altura. Fauré é un dos meus músicos favoritos, non coñezo todo o seu traballo para piano e penso que este artigo pode resultar ideal para introducirme na súa obra pianística. Saúde a todos --Viascos (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 00:28 (UTC)[responder]
Viascos só che faltan 90 contribucións nos artigos, iso, antes de que se remate o tempo de votación, son 3,6 edicións ó día, vamos, que podes facelo durmindo! ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 02:06 (UTC)[responder]
@Elisardojm:: Iso non é así. Obviamente, hai que cumprir os requisitos antes do inicio da votación. --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2016 ás 11:37 (UTC)[responder]
HombreDHojalata non atopo iso en Wikipedia:Votacións, o que di é que ten que ter unha "antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación." Sobre as edicións non di nada de cando teñen que estar feitas... Non sei se estará indicado noutro sitio, ti víchelo noutro lado? Porque entón habería que unificar o criterio... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 12:17 (UTC)[responder]
Hai que usar o sentido común. É pura lóxica. En calquera sistema de votación minimamente serio, os electores teñen que cumprir os requisitos para votar antes de que abra o período de votación. O contrario préstase a fraude. --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2016 ás 12:25 (UTC)[responder]
Concordo en que debemos usar o sentido común e concordo tamén en que teñan que cumprirse os requisitos ó comezo da votación polo que vou a aclarar ese punto na política, que non está redactado de forma axeitada. Grazas HombreDHojalata e un saúdo, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 12:46 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────

Xa está aclarado na política. Síntoo Viascos, non podes votar nesta escolla pero, como che dixen, con pouco máis de 3 edicións ó día, ó final desta votación xa terás pleno dereito de participar en tódalas decisións da comunidade! Así que, anímate para que non che pase de novo isto para a próxima! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 12:51 (UTC)[responder]

Alégrome de que isto servira para aclarar posturas. De todos modos, non teño tempo... nin presa, só quería familiarizarme cos criterios para elixir os artigos de calidade. Grazas a ambos --Viascos (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 13:16 (UTC)[responder]
Grazas polas túas palabras, Viascos. Alédame que viras útil o artigo e que che gustara. Vendo que tes certa debilidade por Fauré, e que teño a ampliación do artigo entre as tarefas pendentes, pasareino uns cantos postos para arriba na lista ;) Unha aperta e grazas de novo!!! Piquito (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 19:40 (UTC)[responder]
Como hai que lle segue a dar voltas a este asunto quero aclarar que os requisitos sempre estiveron claros na política, como se pode ver máis claro en:
"Poden participar os usuarios rexistrados con máis de 150 contribucións válidas nos artigos e que teñan unha antigüidade de 60 días a contar dende a primeira edición e antes do inicio da votación".
Despois desa versión, Toliño, o 3 de xuño de 2010 ás 17:07, por unha cuestión estética (supoño), divide a frase en dous liñas precedidas de asterisco, porén, é obvio que non era a intención de Toliño alterar o significado do que alí se dicía. --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2016 ás 23:22 (UTC)[responder]
Usuario:HombreDHojalata, non xogues. Ben sabes que a modificación de 2010 (a actual) foi sometida a votación (na que ti participaches, por certo). O texto actual foi votado e aprobado pola comunidade o 30 de maio de 2010. Ocultas cousas para apoiar o teu punto de vista, nesa votación engadiuse máis texto, non foi unha simple modificación estética. Por outra banda, esta votación non é o lugar para discutir esas cousas, e dígoo por ti e por Elisardojm, nin é o lugar para expoñer a opinión que eu persoalmente doulle a outro usuario sobre un tema no que considero que non obrou ben, iso é cousa de Elisardojm e mais eu, non desta votación. Se queres comentarme algo da conversa doutro usuario vai á miña páxina de usuario en lugar de deixar comentarios que nada teñen que ver coa votación. Piquito (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 23:55 (UTC)[responder]

FIN TRASLADO Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 09:27 (UTC)[responder]

Parece ser que este tema non está claro, a idea orixinal era que as 150 edicións se fixeran antes do inicio da votación tamén? foi un erro de redacción? é un erro de interpretación agora? Toliño, ti que traballaches a fondo nesta política podes axudarnos con isto? Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 09:31 (UTC)[responder]

Efectivamente, mea culpa. Con maiúsculas. E debo recoñecer que sinto unha profunda mágoa por que algo feito por min causase tanto problema. Como principal redactor do texto aprobado hai 6 anos recoñezo que cometín un erro. Efectivamente, as miñas intencións son as expresadas previamente por HombreDHojalata. Porén, e malia que así me gustaría aplicar a política por ser o que pretendía, debo recoñecer que Piquito ten a razón ao dicir que o texto actual é outro.
Dito isto, é obvio que entón considero que este é un cambio non trivial na política, pese a estar de acordo con el, e cómpre revertelo. Quedo co consolo de que a política tardou 6 anos en dar un problema (que eu recorde), sobre todo porque xurdiu como resposta para solucionar problemas que houbo noutrora na Galipedia. Queda novamente demostrado que este é un proxecto que se mellora día a día, pouco a pouco e entre todos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 21 de novembro de 2016 ás 15:49 (UTC)[responder]
Grazas Toliño por aclarar o asunto, desfixen a miña edición á espera de que se decida o que hai que facer. Grazas tamén a Piquito e HombreDHojalata por estar atentos ó cumprimento das políticas, agora debemos conversar sobre este punto e decidir entre todos que facer. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2016 ás 12:12 (UTC)[responder]

Erro nos prazos para votación de borrado dentro da mesma política[editar a fonte]

Boas, no cadro de síntese achei un erro nos prazos de votacións de borrado. Figura:

Votacións para borrar
2/3 dos votos; 7 días mínimos de votación; 5 votos mínimos a favor.

Pero no corpo do texto, na sección correspondente pon:

Duración mínima
10 días de votación.
Votos
un mínimo de 5 votos a favor, supoñendo estes o 66,6% (2/3) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos

Paso a cambiar o cadro, poñendo 10 días, que semella o correcto. Deixo constancia aquí por se xurden dúbidas ao respecto. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2021 ás 12:37 (UTC)[responder]