Conversa Wikipedia:Entradas do Diccionario de escritores en lingua galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Elsa Fernández"[editar a fonte]

Estevoaei, nesta lista falta unha tal Elsa Fernández, podes dicirme o segundo apelido ou algún dato máis para poder atopar datos dela na rede? É que só con "Elsa Fernández" hai demasiadas páxinas e non se pode atopar nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 11:16 (UTC)[responder]

@Elisardojm: A tal Elsa Fernández G., segundo Del Riego, naceu en Buenos Aires no 1933, filla de pais ourensáns, finou, tamén en BBAA, en 1966.
Nunha biblioteca tes máis información, por exemplo, en:
Na rede, en:
E no teu PC, en:
Vale, moitas grazas HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 10:28 (UTC)[responder]

Homónimo[editar a fonte]

E alguén pode desfacer o homónimo a RODRÍGUEZ, Antonio, 706. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 10:32 (UTC)[responder]

OK Refírese a Antonio Rodríguez, poeta nado en Monforte de Lemos en 1961. E corrixido desfasamento de páxinas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2018 ás 11:27 (UTC)[responder]
Moitas grazas de novo polos arranxos HombreDHojalata, porén, non entendo por que puxeches PITA ROMELO, Emilio, non é Emilio Pita Romero? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 23:32 (UTC)[responder]
Si. "Romelo", con "l". Así é como aparece no libro. Outras fontes indican "Romero", con "r", pero a maioría omiten o segundo apelido, así que non está claro. Posiblemente sexa un erro, pero sería un erro de Del Riego, non da Galipedia. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 06:46 (UTC)[responder]
Ah, vale, HombreDHojalata. E entón, non sería ben poñerlle un sic ou unha nota, ou algo? Para que se entenda ben o que pasa... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 09:49 (UTC)[responder]
-) Penseino, máis non o fixen porque, como digo, non teño a certeza de se o apelido verídico é Romelo ou Romero. Poñerlle o sic implica dar a entender que Romelo é incorrecto. Non vexo a necesidade. É unha listaxe das entradas do libro e esa é a entrada do libro, sexa correcta ou incorrecta. Xa leva ligazón interna ao noso artigo (Emilio Pita), polo que non hai dúbida posible de a quen fai referencia. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 09:58 (UTC)[responder]
Pero é que hai un problema, na listaxe ponse que é Romelo e no artigo dicimos que é Romero, co cal non cadra a información... Se o segundo apelido non está referenciado, entón habería que quitalo no artigo que temos nós... O artigo está referenciado coa GEG pero non puiden mirar se ten o segundo apelido, revisareino pola tardiña, pero se non ten referencia, haberá que quitalo do artigo, ou poñer Romelo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 11:01 (UTC)[responder]

Ou poñer os dous, coas súas referencias. En todo caso, iso será, como ben dis, no artigo de Emilio Pita, non nesta listaxe. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 11:21 (UTC)[responder]

Escusas de buscar na GEG. Aí non consta o segundo apelido. Xa cho digo eu. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 11:30 (UTC)[responder]
Vale, moi ben, grazas por engadir a información no artigo de Emilio Pita. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 11:52 (UTC)[responder]

Xa teño unha resposta definitiva. O segundo apelido non é nin Romero nin Romelo!, é Robelo. Máis info no propio artigo. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 15:18 (UTC)[responder]

Xenial, entón agora si podemos poñer o sic, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 19:42 (UTC)[responder]
OK Poñido[sic]. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 20:14 (UTC)[responder]
Xenial, estupenda investigación! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 20:25 (UTC)[responder]

Nome e apelidos?[editar a fonte]

Pasamos tamén esta lista ó formato "natural" de Nome+Apelidos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2018 ás 13:18 (UTC)[responder]