Ricardo Palmás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Palmás
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ricardo Palmás Casal, nado en Buenos Aires en 1940 e finado en Londres o 10 de novembro de 1996, foi un sociólogo, xornalista, escritor e galeguista da Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos no Río da Plata. Estudou Lingua e Literatura portuguesas en Buenos Aires e Socioloxía no Salvador. Desde os quince anos integrouse no movemento galeguista de Buenos Aires e participou no desenvolvemento de AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas) e despois co Asociación Arxentina de Fillos de Galegos onde continuou cos cursos de galego que iniciara Eduardo Blanco Amor entre 1962 e 1966. Despois dun tempo en Galicia, estableceuse en Londres a finais dos anos setenta onde traballou na axencia EFE, pasando despois a París, Brasilia e Lisboa. Colaborou en O Irmandiño. Fixo os prólogos de Cartas a Rosalía e Fernando Iglesias "Tacholas", un actor auriense na Galicia ideal.

Otero Pedrayo e os membros das Mocidades Galeguistas de Buenos Aires en 1959. Palmás aparece na esquina superior dereita da fotografía.

Obras[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Vinte poemas galeses (Ediciós do Castro, 1988).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Los gallegos (Madrid, 1976).
  • Eduardo Blanco Amor, desde Buenos Aires (Ediciós do Castro, 1995).
  • Tentativas sobre Dieste (Sotelo Blanco, 1995).
  • Luis Seoane (1910-1979). Día das Letras Galegas 1994 (Xunta de Galicia, 1994).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]