Conversa Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tempo haberá para entrar en fonduras, pero ¿ese "galeguízeo" / desgaleguízeo", con Z é intencionado, algo así como en "Galizionario"? Pedro --Lameiro (conversa) 23:17, 1 xuño 2008 (UTC)

Non, meu deus, é empanada... --Xabier Cid Conversa 23:19, 1 xuño 2008 (UTC)
O tema é interesante. Eu penso que "A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só" . Polo demaís diria que esta proposta ainda non estamos maduros para discutila en canto non temos o amaño de colaborar xuntos en proxectos. ElviraConversa comigo 16:05, 8 xuño 2008 (UTC)
  • A min paréceme ben a proposta tal como está. Non parece que causase moito furor, pois apenas tres persoas participastes do debate, pero tampouco é que normalmente participe moita máis xente. Por min adiante cos dous marcadores. Miguel.lima 21:08, 11 xuño 2008 (UTC)
  • Paréceme un adianto a proposta, inda que estou á espera de escoitar outras opinións que poida ser máis críticas ou aportar máis do que eu dou--Lmbuga Commons - Galipedia 17:43, 30 xullo 2008 (UTC)
  • Isto leva ano e medio sen cambios. Non habería que ir pechándoo? --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:22, 1 marzo 2010 (UTC)
  • Acabo de miralo por primeira vez, e si, leva un bo pouco abandonado, mais creo que o que propón aínda se pode sacar adiante porque o que di leva moita razón, sobre todo no tocante a galeguización dos artigos, e dicir, en que en moitos artigos só aparece un punto de vista de Galicia cando o fenómeno do que fala e mais amplo.--Ric delg (Falemos) 22:58, 16 de agosto de 2010 (UTC)
  • Eu tamén penso que esta política viría moi ben e que queda todo bastante clariño, a ver si se pode facer oficial o antes posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:24, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Temas universais en ciencia[editar a fonte]

En ciencia moitos temas son conceptos universais e non sempre teñen un aspecto local que haxa que salientar. Por exemplo, podemos establecer os seguintes tipos de páxinas:

  • Temas universais do tipo electrón, peso molecular ou a proteína actina ou o órgano páncreas son de carácter xeral e pouco relacionados con Galicia ou lugares concretos. Podería casualmente haber en Galicia un descubridor ou investigador deses elementos ou algún centro de investigación relevante, ou algún outro aspecto, pero o normal é que non o haxa.
  • Temas exóticos. Outras veces son artigos de asuntos exóticos, como o ornitorrinco, a illa de Pascua, a muralla chinesa, as pirámides maias, o canibalismo ritual en Nova Guinea etc., que só moi raramente se lles pode atopar algunha relación con Galicia. Moitas personalidades das artes e letras ou históricas a penas teñen relación con Galicia. Por pura casualidade algún puido visitar Galicia ou ao mellor as súas ideas ou obras tiveron algunha influencia especial en Galicia, pero non sempre vai ser así.
  • Temas de alcance planetario. Por exemplo, a depleción da capa de ozono, o quecemento global, a desertización na Terra. Son páxinas tamén esencialmente globais, pero poden poñerse exemplos dos seus efectos en Galicia, pero non sempre hai unha relación moi forte con Galicia (debido ao seu carácter global). Ao que me refiro é que a depleción da capa de ozono afecta máis aos polos que a Galicia e non afecta máis a Galicia que a Francia.
  • Temas estudados por grandes institucións de investigación ou dependentes dos gobernos dos países máis importantes e avanzados en materia científica. Neste sentido pode ser relevante poñer que opinan os centros de investigación ou gobernamentais de Estados Unidos ou da Unión Europea ou doutros importantes países sobre a toxicidade dun alimento ou medicamento, e mesmo cal é a súa lexislación (está prohibido o produto neses países e noutros non?). Aínda que se faga a páxina dese medicamento na wikipedia vietnamita, é interesante poñer o que opina o CDC de Atlanta ou as directivas da UE (a min interesaríame sabelo, desde logo). Pode ser que haxa que engadir a lexislación local (en Galicia as máis das veces son lexislacións comunitarias ou españolas).
  • Literatura científica e organizacións científicas. En ciencia as revistas científicas máis importantes e as organizacións científicas internacionais normativas están escritas (ou usan como lingua oficial interna) fundamentalmente en inglés. Esas son as referencias que hai que poñer. Normalmente non hai referencias científicas en galego en moitos campos e temas científicos (pero tamén escasean noutros idiomas, xa que predomina o inglés, ou hai revistas científicas noutros idiomas pero non son as máis importantes no mundo da ciencia).
  • Importancia mundial. Nunha páxina é importante poñer que o maior produtor mundial de determinado composto químico (aspartame ou ciclosporina ou o que sexa) é, por exemplo, China ou Alemaña ou EUA. A produción dese produto en Galicia pode ser inexistente ou irrelevante (no contexto mundial e ás veces mesmo no contexto galego), pero se se ten o dato pode tamén poñerse, aínda que hai que ver a súa importancia e ás veces é difícil atopar o dato ou referencias.
  • Páxinas de temas moi específicos. Na páxina do románico non se pode falar só de Galicia nin pode admitirse que non haxa ningún dato sobre Galicia, pero pode facerse a páxina "O románico en Galicia", que xa sería específica. Pero tamén "O románico en Francia", chegado o caso.
  • Referencias. As referencias en temas científicos teñen que ser relevantes (revistas científicas importantes, libros universitarios etc.). Ás veces non hai este tipo de referencias en galego, como dixen antes. Poden engadirse como referencias secundarias páxinas web de organizacións (privadas) ecoloxistas internacionais importantes (Green Peace, por poñer un exemplo) e de organizacións galegas ou o que se queira, pero non como referencias principais.
  • Cando poñer o aviso de "Cómpre galeguizar ou desgaleguizar o artigo"? Penso que estes avisos non se poden poñer porque falten algúns detalliños senón só nos casos en que a deficiencia é flagrante e importante. Se o que falta é algún detalle ou algún capituliño pequeno, simplemente a comunidade de galipedistas o fai e xa está, e completa a páxina, porque así é como funciona a wikipedia. Cando a páxina necesite un cambio considerable ou unha adición de información importante é cando haberá que poñer o aviso. É certo que os avisos son para mellorar as páxinas e non implican que estean mal (teoricamente), pero na práctica, cando se chega a unha páxina que ten eses avisos creo que a todo o mundo lle dá a impresión de que está mal e que non é fiable, cando ao mellor só lle falta algún detalle ou quen puxo o aviso fíxoo desde a súa opinión particular, ao mellor sesgada, esaxerada ou discutible. Eu mesmo creo que os avisos de "esbozo" ou "artigo en progreso" (o artigo non ten nada mal, seguramente, pero dá unha información insuficiente que é obvio que hai que completar) se deberían poñer de forma máis discreta sen marco de cores e na parte de abaixo da páxina, como se fai na wikipedia inglesa.--Miguelferig (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 11:42 (UTC)
Creo que mais ou menos todo o mundo ha estar de acordo co que comentas en xeral, eu polo menos si, e polo que eu entendo da redacción da proposta tampouco contradice o que comentas. Ata o de agora non vin ningún caso no que se estea a pedir información galega de forma excesiva onde realmente non é relevante, máis sería a cuestión de ir revisando caso por caso. A proposta eu enténdoa como unha guía para casos claros nos que sí sexa relevante un punto de vista galego e viceversa, nos que sexa relevante información non só dende ese punto de vista. Coma tódalas normas que tratan sobre o propio contido dos artigos, é algo dependente do contexto de cada artigo en particular, ter unha guía xeral axuda pero sempre hai matices e cuestións particulares que é mellor revisar de forma individual.
En canto a posición dos marcadores de mantemento, iso case que habería que comentalo á marxe, é unha practica habitual aqui na wikipedia poñelos todos ao comezo mais se non me equivoco non hai nada escrito ao respecto, sería cuestión de definir unha norma clara nun sentido ou outro. Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 12:02 (UTC)
Adaptei a maioría dos puntos que comentaches na propia proposta, xa que clarifican moi ben o alcance da mesma e cómo se debe actuar nese tipo de casos. Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 13:56 (UTC)

Precedentes[editar a fonte]

Retirei esta sección do corpo da proposta, traslado a continuación:

Esta proposta de política foi orixinada a partir deste debate sostido na Taberna.

Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 15:02 (UTC)

Falan moito pero hai un problema...[editar a fonte]

Na páxina incial da Galipedia está: "Sobre Galicia" entón se a Galipedia é unha enciclopedia normal como as outras co a única diferenza que está escrita en galego por qué pon "Sobre Galicia"? O galego non só se fala na Galicia tamén se fala no occidente das Asturias e algúns até dicin que se fala no noroeste da Extremadura. Estan a contradicir esta politica que están a facer. Moitas grazas, --Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 2 de outubro de 2015 ás 14:11 (UTC)

Esta proposta trata o tema de inclusión ou falta de contidos galegos ou relacionados con Galicia no artigos. A sección "Sobre Galicia" da portada é independente disto, e un proceso de selección de artigos destacados relacionados con Galicia. A idoneidade ou non desa sección é un tema a tratar por si mesmo, non ten relación con esta proposta. Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 15:02 (UTC)

Esbozos[editar a fonte]

Simplemente unha aclaración: o de poñer o aviso ao final da páxina e nun formato menos rechamante referíase só aos esbozos ou artigos nos primeiros pasos. Na wikipedia inglesa poñen mensaxes como este referido á páxina da bacteria Sporomusa: This Firmicutes-related article is a stub. You can help Wikipedia by expanding it. Este aviso vai ao final da páxina, non está dentro dun cadro de cores, e é discreto cunha soa liña de texto. Os esbozos (stubs) non son artigos que conteñan erros de contido ou de formato ou de normas da wikipedia, senón que son demasiado curtos como para cubrir a información enciclopédica que o tema pode ter, polo que se deben ampliar. Isto fainos diferentes doutros avisos nos que o artigo presenta algunha deficiencia maior. Pero estou de acordo en que este non é o mellor lugar para debater este punto tan específico. Simplemente quería aclaralo.--Miguelferig (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 17:51 (UTC)

Asuntos varios[editar a fonte]

Boas Banjo! De primeiras, parabéns e grazas polo traballo. Non teño sido quen de revisar tódalas propostas polo de agora, mais si que che adianto que esta é das que máis me preocupan. Neste sentido, algunhas consideracións soltas:

  • Título: A Galipedia é unha enciclopedia galega, pero non só. Penso que é incorrecto: a Galipedia non é unha enciclopedia galega, é unha enciclopedia universal en galego, nótese o matiz. Podemos perder senón a perspectiva.
  • [as traducións] ás veces simplemente non contemplan nesa redacción a importancia que o acontecemento, o feito ou o obxecto teñen para Galicia e, o que é máis importante, para a maioría de usuarios da Galipedia. Un exemplo: dise que Tolkien gardaba algún material sobre o galego, e a modo de anécdota pode interesar incluilo no artigo, mais iso non significa que a súa ausencia lle reste calidade ao artigo como para engadir un aviso. Non sei se me explico.
  • Os artigos que sexan demasiado galegos penso que o mellor sería modelos para xxxx en Galicia: se o artigo Románico só fala de Galicia, penso que é máis sinxelo movelo a Románico en Galicia e deixar o principal baleiro que comezar a modificalo.
  • No caso de demasiado pouco galego o exemplo de Bob Dylan seméllame desafortunado: se tocou dúas veces en Galicia dos (por exemplo) 800 concertos que teñe dado, pois o dato paréceme irrelevante, e penso que só tería sentido incluilo se se engadise unha lista de todos os seus concertos.

Podería seguir dándolle, mais penso que cómpre darlle unha volta. Teño visto que Miguel facía comentarios de interese. --Norrin (Fálame) 2 de outubro de 2015 ás 17:40 (UTC)

Symbol comment vote.svg Comentario Ola de novo Norrin, e grazas! Son uns bos puntos os que comentas:

  • Para o título: Concordo en que non dá no cravo ao 100%. Hai unha boa suxerencia máis enriba nesta páxina da mestra Black Ribbon.svgElvire, "A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só". Coido que é un nome máis axeitado para esta proposta, poderíamos movelo a ese sen problemas.
  • [as traducións]...: Podemos clarificar que esa "importancia para Galicia" ven coma sempre dada polo cumpriento obrigado de WP:V e WP:PVN, polo que serán cuestións aceptables para a súa inclusión cando cumplan eses criterios.
  • xxxx en Galicia: Concordo, sempre é máis axeitado clarificar no propio título o alcance do contido do artigo, e se podemos conservar unha boa información non hai porqué borrala sen máis cando se pode aproveitar para un artigo de alcance máis concreto. Reviso esa redacción.
  • Concordo en que o exemplo que comentas é un caso no que posiblemente non sexa moi axeitada a referencia a Galicia. Sempre hai que considerar os artigos no seu contexto, e a información que conteñan debe ser relevante nese contexto. Está claro que se de 800 so 2 foron en Galicia non é un dato excesivamente relevante, sempre queda mellor decir que deu 800 concertos ao redor de todo o mundo ou algo así. Tentarei madurar ese punto e clarificalo.
  • En canto ao que comentou Miguel, os puntos que indicou relacionados con esta proposta creo que xa quedaron ben reflexados nela, mais se algún se escapou podemos revisalos tamén.

Nos próximos días traballarei nestes arranxos, en canto termine deixo un aviso aquí para que todos podamos botarlle un novo vistazo. Grazas polo feedback! :D Banjo tell me 4 de outubro de 2015 ás 16:28 (UTC)

Symbol comment vote.svg Comentario Metinlle unha boa viaxe, dende o cambio do título ata a propia redacción. Coido que agora queda máis claro o propósito da proposta e especifícanse mellor os casos concretos e as solucións axeitadas en cada un deles. Botádelle un novo vistazo por se faltase algo por clarificar ou que se poida mellorar. Grazas! Banjo tell me 5 de outubro de 2015 ás 08:42 (UTC)