Conversa Wikipedia:Centros de ensino

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, despois dalgúns correos cruzados entre varios administradores, crin/crimos oportuno presentar este texto de norma para regulamentar o uso da wikipedia como ferramenta nos centros educativos. É unha fonte de estreses e de conflitos que, aínda que na maior parte dos casos se resolven sen maiores consecuencias, coa colaboración de todos podería chegar a ser unha práctica moito máis común e beneficiosa para todo o mundo.

Por favor, dado que a norma está en proceso de consenso, e antes de sometela a votación, estaría ben que canta máis xente mellor dese a súa opininión. Un saúdo--Xabier Cid Conversa 11:43, 8 xuño 2009 (UTC)

Boas, Xabier. Corrixin un chisquiño o texto, malia que estaba perfectamente redactado. Procurei que quedase aínda máis clariño. Saúdos e espero que non che moleste a usurpación de estilo. --Atobar (conversa comigo) 20:42, 8 xuño 2009 (UTC)
  • Unha preguntiña: a palabra fin en galego pode ser masculina ou feminina. De feito eu metín a pata ao pasala do masculino do primeiro editor ao feminino, pero Xabier Cid tivo o bo tino de a recuperar axiña. E dito isto, sempre é opcional ou certos casos requiran do artigo A e outros do O. No caso deste texto, por exemplo, non podería ser a fin (finalidade) de? É unha dúbida que me queda. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 14:58, 9 xuño 2009 (UTC)
Fin=remate, feminino. Fin=finalidade, masculino. Aínda que pareza que a finalidade da semana é chegar ao sábado e ao domingo, non é así. É só o remate. --Xabier Cid Conversa 15:08, 9 xuño 2009 (UTC)

A experiencia catalá[editar a fonte]

Déixovos ligazón ó proxecto da wikipedia catalá, por se a alguén lle serve de axuda ou inspiración. ca:Viquiprojecte:Estudiants. Alberte Si, dígame? 16:22, 12 xuño 2009 (UTC)

A experiencia do IES Mendiño[editar a fonte]

Ola, paréceme ben a idea de atopar algunhas regras básicas que sirvan para o mellor funcionamento dende os centros de ensino. Primeiro dicir que aínda que os obxectivos xerais dun centro de ensino e desta wikipedia son semellantes, non teñen a mesma orde de prioridades. Loxicamente, para un centro de ensino o primeiro e educar ós rapaces e rapazas e logo estaría facer un bo artigo. Isto non sempre vai unido. A min, como profesor, me gusta esta ferramenta para o ensino polo que ten de contacto co "mundo real". O alumnado aprende que o que escriben aquí vai a chegar máis lonxe das parades da aula, e que hai moita xente disposta a axudalos ou corrixilos segundo sexa o caso. Moitos rapaces e rapazas fan o traballo de xeito serio e rigoroso, en cambio outros toman "atallos" (copiar e pegar, ou fan artigos pouco traballados....) ou editan sen coñecer o funcionamento deste proxecto, o que sen dúbida causa certo número de trastornos no funcionamento desta wiki. Mais, os usuarios escolares, non son enteiramente usuarios "libres" en canto que teñen que traballar seguindo algúns tipos de pautas impostas dende o centro educativo (tema escollido, calidade do escrito....) cousa que non acontece cun usuario "normal" que pode escribir sobre o que lle pete, aínda que o que escriba igualmente vai ser sometido ao escrutinio da comunidade. Tendo en conta estas reflexións e seguindo a miña propia experiencia eu creo que un usuario colectivo sería máis útil para o alumnado de menos idade (a miña suxestión sería ata 4º da ESO) onde o profesor tería claramente un papel activo á hora de corrixir e axudar aos alumnos na edición dos seus artigos. Pero para o alumnado maior (1º e 2º de Bacharelato...) eu creo que eles teñen que xerar as súas propias contas e aprender a xestionalas. Neste caso o profesor so pode/debe informar e axudar e so ocasionalmente corrixir (a comunidade debe ser o verdadeiro interlocutor do alumno). Tamén penso que as colaboracións na wiki teñen que ser sempre de xeito voluntario (nunca obrigado) polo que se se contabiliza nas cualificacións do curso o alumno ten que poder escoller outros traballos alternativos a este. Isto non impide que alumnos "voluntariamente" escollan traballar na wiki e facelo de maneira inaxeitada, pero polo menos diminúe o seu número. Eu trataría de poñerlles un marcador para que así os demais usuarios saiban en que situación esta o usuario en cuestión. Ata agora lles digo que na súa páxina persoal indiquen que son usuarios novos e sen experiencia e que o resto da comunidade desculpe os erros que poidan cometer pero iso o fai o que quere (xa que a páxina é súa). Pdta: por algún motivo non me aparecen os botóns para poder asinar, así que asino a "man" Calrosfking

Moi interesante e de moita importancia a túa opinión. Na miña opinión, no caso de que os alumnos dun centro teñan contas individualizadas, creo de utilidade unha conta do centro onde se realice unha relación dos usuarios participantes e, no caso de traballar en artigos concretos, as ligazóns a eses artigos, como ben fixeches User:IES Mendiño. Iso falicita moito o traballo de revisión a posteriori. Bo traballo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:48, 11 xullo 2009 (UTC)
Creo moi acertada a división entre usuarios colectivos ata 4º de ESO e usuarios individuais para o alumnado de bacharelato xa que debemos ter en conta a necesidade de crear unha canteira de futuros editores do proxecto, que ademais unha vez chegados á universidade poden chegar a ser usuarios altamente cualificados. Un saúdo. --Aprofa (fálame) 14:51, 25 setembro 2009 (UTC)

Eu penso que o profesor sempre ten que facer unha forte revisión final do artigo, sexan de ESO ou de bacharelato os alumnos. Todo depende de para que pensemos que debe ser a wikipedia, ou que características ten que ter. Unha cousa é que os alumnos utilicen a wikipedia como fonte de información nos seus exercicios (moi recomendable) e outra que fagan eles os artigos da wikipedia. Nese último caso, debe haber un forte control do profesor en canto ao resultado final. Por certo, hai páxinas de creación de wikis educativas gratuítas xa pensadas para "facer exercicios escolares" (eu utilízoas, porque tamén son profe de instituto). Creo que a wikipedia non ten esas características. En xeral, un rapaz de 15 ou 16 anos, agás raras excepcións, non ten a bagaxe cultural suficiente para facer unha páxina da wikipedia decente (simplemente por cuestión de idade). O seu dominio da materia adoita ser mínimo (nivel de ESO ou bacharelato dun alumno estudoso, ou nivel da ESO e bacheralato dun alumno malo), e non adoitan dominar a gran nivel a lingua galega (ou a castelá) ou linguas estranxeiras para consultar, non manexan referencias de gran calidade (por exemplo en casos de libros universitarios que non entenderían, revistas científicas que non entenderían etc), porque supoño que non poñerán como referencias os seus libros da ESO ou un blog ventureiro que atopen por aí. Eu hai uns anos vin aquí algunhas páxinas de bioloxía dun ou dous parágrafos, e con erros de vulto, que semellaban estar escritos por alumnos (pero non o podo asegurar), e que houbo que reformar ou refacer totalmente. Esas páxinas poden quedar aí moito tempo (non é certo que a comunidade os arranxe en pouco tempo). Se a wikipedia ten que ser fiable, ten que ter unha calidade o artigo. Pode ser un artigo pequeno, pero polo menos non debe ter erros significativos (erros menores de boa vontade seguro que sempre pode haber, e mesmo os usuarios expertos os cometen, pero sempre serán máis esporádicos). A wikipedia debe ter un prestixio ante o público, polo que a elaboración dos artigos debe ser coidadosa. En resumo, insisto en que o profesor debe ter un control sobre o resultado final. Un saúdo para o meu ex-compañeiro CarlosF.King.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2015 ás 13:30 (UTC)[responder]

Latín 4º de ESO[editar a fonte]

Ola, quizais este non era o lugar para deixar esta mensaxe pero non sabía onde inserila. Este ano dou como afín e son titora dun grupo de latín de 4º de ESO con 15 integrantes e estaría interesada en que aprendesen a colaborar na wiki ao mesmo tempo que afondan no coñecemento da cultura clásica. Agradecería moito algunha suxestión de traballo neste sentido. Grazas por adiantado. --Aprofa (fálame) 14:56, 25 setembro 2009 (UTC)


Aquí van algúns comentarios ao fío da túa pregunta.

  • Sobre os procedementos:
Para a comunidade é importante que estea claro quen son os participantes no proxecto (mediante os nomes de usuario, textos identificativos na páxina de usuario, ou calquera outro método). Dese xeito os colaboradores habituais poderán botar unha man se é preciso e ao estaren advertidos evítanse problemas de comunicación. No caso de dúbidas é fundamental que preguntedes todo o que sexa preciso, os editores adoitan ter unha implicación especial cos usuarios novos dos proxectos educativos.
  • Sobre a forma dos artigos:
Unha boa práctica e seguir un modelo de artigo, facilmente reproducible e que permita aprender as particularidades da edición wiki rapidamente. É interesante que amais do texto o artigo conteña ligazóns nas palabras clave a outros temas na propio proxecto, é bo que o artigo estea clasificado nunha categoría (no caso de non saber en cal poñela pode engadirse na categoría chamada Categoría:PendenteCategoría). Así mesmo, algunhas das entradas pódense ilustrar con imaxes que se poden localizar no repositorio común chamado Commons ou a partir do artigo noutra Wikipedia (naturalmente podedes contar coa nosa axuda nos primeiros pasos).
  • Sobre os contidos:
Tede en conta que os artigos non necesitan ser moi longos pero que tampouco sexan demasiado curtos, polo menos que superen os 200 caracteres (o texto sen o formato, nos procesadores de texto hai unha opción fai a contaxe automática). Intentade que non haxa erros co galego, e que as afirmacións que se fagan no artigo sexan certas e poidan verificarse. A miúdo moitos usuarios toman como referencia o artigo noutra Wikipedia e pensan que iso garante a exactitude, non necesariamente é así. Unha regra xeral, que pode ser útil a primeira vista, é que se mirades o historial dun artigo que vos interesa se hai moitos IP ou nomes de usuario en vermello poida que teña algunha eiva (evidentemente iso non ten que cumprirse sempre pero é un indicativo).
  • Sobre o tema:
Non sei que orientación queres darlle así que o que vou dicir a continuación non sei será de axuda. En Literatura latina (unha entrada esquemática) hai varios nomes en vermello que poderiades crear, na Wikipedia en inglés teñen un modelo (en:Template:Ancient_Rome_topics) onde recollen moitos temas que quizais sirvan para obter ideas.

Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:56, 26 setembro 2009 (UTC)

Moitas grazas. Saúdos. --Aprofa (fálame) 08:48, 27 setembro 2009 (UTC)

  • Ola, Aprofa. Eu engadiría ao que di Prevert que tamén sería boa idea que ti fagas un par de artiguiños antes de poñer os alumnos a choiar. Así vas tendo ti unha idea do que lles queres pedir e van tendo eles un guieiro do que se valer. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:57, 27 setembro 2009 (UTC)
  • Si Atobar, eu tamén pensara niso, en dedicarme este trimestre a aprender eu para logo xa no segundo trimestre poder introducir o alumnado pero tendo eu uns coñecementos mínimos que aínda non teño. Saúdos.--Aprofa (fálame) 13:28, 1 outubro 2009 (UTC)
  • Se desexas axuda, inda que a miña experiencia cos alumnos (3º e 4º de ESO) non foi moi boa (cuns poucos -iso si- foi excelente), non dubides en contar comigo. Non son administrador nin moitos menos ninguén especial no proxecto polo que, sempre que a comunidade da Galipedia o considere procedente, estou á túa disposición para lles falar ós teus alumnos do proxecto en persoa. Dígoche isto porque é algo que eu botei de menos para que os meus tomasen o proxecto en serio.-- Lmbuga / Conversa comigo  23:58, 8 outubro 2009 (UTC)
A verdade é que para o ano, cando volva dar clase en 4º de ESO, gustaríame poder contar con alguén que puidese falarlles ós rapaces da Galipedia-- Lmbuga / Conversa comigo  00:07, 9 outubro 2009 (UTC)
Se desexas algúnha outra axuda para crear material didáctico, tamén podo poñerme a iso (xunto contigo ou pola miña conta), pero preferiblemente no Nadal, agora estou desbordado-- Lmbuga / Conversa comigo  00:19, 9 outubro 2009 (UTC)

Texto en verde[editar a fonte]

O texto resaltado en verde representa unha serie de cambios propostos a data de outubro de 2015 con respecto á redacción orixinal desta proposta de política. Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 12:58 (UTC)[responder]

Wikiproxecto: A Galipedia na aula[editar a fonte]

Fago mención aquí a un wikiproxecto activo pero con moito por facer: Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula

Hay cousas que se estan falando aqui que poderían empregarse para encher o proxecto. E todo os que vexan esta conversa deberían coñecer o proxecto. Saúde --Viascos (conversa) 4 de outubro de 2015 ás 11:41 (UTC)[responder]

Viascos, xa engadín a ligazón á sección de véxase tamén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 10:57 (UTC)[responder]

A experiencia do IES "La Gándara" (León)[editar a fonte]

Comezo por informarvos da miña experiencia en levar a wikipedia ás aulas por si fora de interése. O pasado curso comecéi un proxecto no meu centro que continúa no presente e do que engado un par de ligazóns nas que poderédes consultar os aspectos máis destacables do feito (en castelán):

Como vedes, o proxecto lévase a cabo desde a wikipedia en castelán, pero penso que nas súas liñas xeráis é totalmente aplicable a calquera wikipedia. E, por suposto, non é máis que unha proposta.

No proxecto conto coa inestimable axuda de membros de Wikimedia España, tanto no traballo directo con alumnos (unha charla introductoria e varias sesións prácticas-obradoiros na primaveira de 2015), como via wikipedia, correxindo as edicións dos rapaces (...e as miñas), e aconsellando e vixiando o traballo.

A experiencia é limitada, con poucos alumnos polo de agora e pouca historia, pero persoalmente servíume para ter algunhas ideas de cómo se pode levar a wikipedia ás aulas, e tamén, e máis importante, do que non se debe facer. Teño por ahí algunhas anotacions que gostaría de compartir con vos. Consultádeme o que vos pareza. Tentarei do colaborar neste proxecto na medida das miñas posibilidades. --Viascos (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 16:06 (UTC)[responder]

Moitas grazas Viascos por compartir esa información, e todas as achegas que poidas facernos serán benvidas. Xa viches que o mes que ven imos comezar unha colaboración co CPI de Coristanco, estamos a buscar ideas para integrar as colaboracións na Galipedia, a ver o que podemos facer. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2016 ás 02:21 (UTC)[responder]