Conversa:República Checa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Penso que sería axeitado que o artigo (República Checa) e a súa categoría (Chequia) se chamasen igual. Cal é a forma axeitada?--Adorian (fálame) 16:43, 7 de marzo de 2011 (UTC)

  • República Checa, Adorian. --Atobar (conversa comigo) 22:53, 14 de marzo de 2011 (UTC)
  • Non entendo moito do tema, pero poderíase utilizar un bot ou algo para trocar todo o tema da categoría, é que igual é moito choio. Senón, non hai problema e póñome maña manualmente.--Adorian (fálame) 23:01, 14 de marzo de 2011 (UTC)

"Mudanza" de nome[editar a fonte]

A República Cehca decidiu acurtar o seu nome a Chequia, aconsellando "utilizar o nombre simplificado nos idiomas estranxeiros cando non é preciso usar a designación formal do país". Deberíamos mudar o nome do artigo? (fontes: La República Checa decide acortar su topónimo a Chequia, With Czechia, Czech Republic Hopes Vowels Will Solve Name Puzzle)--Adorian (conversa) 15 de abril de 2016 ás 14:36 (UTC)[responder]

  1. Discordo. E cito o que ti mesmo dis se aconsella utilizar o nome simplificado nos idiomas estranxeiros cando non é necesario usar a designación formal do país, como en acontecementos deportivos ou con fins promocionais. Por outra banda aínda non é oficial, é dicir, o cambio de denominación non foi inscrito aínda nas Nacións Unidas para se sexa oficial. É, salvando as distancias, o mesmo caso que sucedeu co Aeroporto de Madrid-Barajas, ata que o cambio de nome non foi publicado no BOE non foi oficial. --AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2016 ás 15:37 (UTC)[responder]
Non vexo motivos para manter República Checa no canto de Chequia. Desde o momento en que o goberno do país recomenda usar a forma curta en contextos non protocolarios, a forma 'Chequia' ponse a par coas demais formas de uso frecuente (Eslovaquia, Reino Unido, España, Grecia, China, México) e 'República Checa' equipárase coas demais formas completas (República Eslovaca, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, Reino de España, República Helena, República Popular da China, Estados Unidos Mexicanos). E sendo as primeiras as que titulan cadanseus artigos na Wikipedia, opto polo mesmo tratamento para Chequia. A páxina web da Unión Europea usa Chequia canda as demais formas curtas dos nomes dos países membros [1].
Podo entender, e mesmo aceptar, o argumento de que o nome na Galipedia deba ser o máis frecuente na lingua, mais francamente non penso que a forma Chequia sexa en absoluto estraña aos ouvidos galegos, senón que diría que ten un uso semellante ao de República Checa. Con todo, este argumento abofé non se aplicou no caso de Belarús, forma usada no artigo da Wikipedia por ser a recomendada polo goberno e que non se achega nin de lonxe á tradicional Bielorrusia na fala popular. Por todo o antedito propoño que o artigo se chame "Chequia" e comece así: "Chequia (en checo: Česko), oficialmente República Checa (en checo: Česká republika), é un país do centro de Europa..." Ogaiago (conversa) 27 de xuño de 2021 ás 15:29 (UTC)[responder]
Mmm, porén, topámonos aquí, de novo, co Dicionario da Real Academia Galega, no que aparece "República Checa" en seis ocasións ([2] [3] [4] [5] [6] [7]) e "Chequia" en ningunha. Téñase en consideración que a mudanza, de facerse, tería que afectar tamén á maioría da polas da "Categoría:República Checa", que, facendo unha conta rápida, son unhas 170. --. HombreDHojalata.conversa 27 de xuño de 2021 ás 19:10 (UTC)[responder]
  • Ten a súa miga, a verdade... Non obstante, nós aquí debemos cinguirnos ao que marque a RAG como opción raíz, e a día de hoxe di República Checa. Non estaría de máis trasladarlle ao Dpto. de Lexicografía a reflexión argumentada de Ogaiago a través, por exemplo, da súa páxina web. Se consideran acaído mudar República Checa -única forma recoñecida no DRAG- para Chequia -proposta que non é nova e que figura no Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega ou en Lingua galega: dúbidas lingüísticas-, deberemos proceder coa mudanza tamén aquí, pero polo momento, entendo eu, hai que deixar a forma raíz como República Checa e facilitar a opción secundaria Chequia. E un matiz: Belarús non é a forma escollida porque o recomende un goberno, senón porque aparece recollida e recoñecida pola Academia. --Atobar (conversa comigo) 29 de xuño de 2021 ás 10:23 (UTC)[responder]
  • Xa sei que non é o tema, mais xa que saca Atobar o de dirixirse a Academia, aproveito para comunicar que o departamento de lexicografía da RAG está desaparecido en combate desde hai meses. Teño notificado varias grallas na ferramenta "axúdanos a mellorar" do dicionario das que non dan conta nas actualizacións. Xa non falo de suxestións coas que poidan ou non concordar, senón de erros manifestos, polo que tendo a pensar que esa canle con eles está rota. Cústame pensar que este silencio non se deba a un problema técnico. En calquera caso, tampouco responden a correos enviados a lexicografia nin a secretaria arroba academia.gal. Se alguén quere intentalo, deséxolle sorte. Por outra banda, penso que a suxeición da Galipedia ao criterio da RAG só se limita á ortografía. Hai varias artigos nos que se dan por válidas formas remitindo a fontes distintas á RAG: Saraxevo, Hortelá etc. Desbotar o traballo feito desde outros organismos e por outros lexicógrafos moito antes de o dicionario da Academia existir sería pouco sensato, pois a lagoa léxica que acusa o DRAG é abondo coñecida por calquera que traballe decote coa lingua cun nivel medio de profundidade. Pra o caso de Chequia/República Checa, estamos mirando á definición de checo no dicionario. Non é que exista sequera (que eu saiba) unha listaxe de topónimos estranxeiros sancionada pola RAG. Ogaiago (conversa) 3 de xullo de 2021 ás 19:18 (UTC)[responder]
Eu non me preocuparía moito polo que di a RAG, pois, segundo eles mesmos, sobre nomes foráneos, só dan recomendacións: Conversa:Buenos_Aires#Aclaración_sobre_o_topónimo_achegada_polo_Seminario_de_Lexicografía_da_RAG. One2 (conversa) 3 de xullo de 2021 ás 19:36 (UTC)[responder]
Bueno. Como nós temos que basearnos nas fontes: imos logo á listaxe de membros da ONU: En inglés: C: Czech Republic, en francés: R: République tchèque, en castelán: R: República Checa --. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2021 ás 10:25 (UTC)[responder]


Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en República Checa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 12:18 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en República Checa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de febreiro de 2020 ás 02:32 (UTC)[responder]