Conversa:Ría de Pontevedra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome da ría[editar a fonte]

¿Cómo podería incluírse no artigo que en Marin tamén se lle chama "Ría de Marín", nome histórico que se pode atopar ademáis en varias fontes bibliográficas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.209.244 (conversacontribucións) 22:50, 5 maio 2009

  • Tan sinxelo como aquelalo ao comezo cunha referencia bibliográfica recoñecida ou facer un apartado, se cómpre, no que se fale ex profeso da denominación e a evolución histórica desta. O que é conditio sine qua non é o de referencialo. Se está referenciado, non ten dúbida. Outra cousiña: Usuario, por favor, lembrate de asinar cando deixes un comentario. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 20:58, 5 maio 2009 (UTC)

PAPELEIRA[editar a fonte]

Ao final hai unha foto da fábrica de ENCE coa lenda "Papeleira de Pontevedra". É inexacto. Non é unha papeleira (fábrica de papel) senón unha fábrica de pasta de papel (a materia prima coa que traballan as fábricas de papel). Penso que sería mellor poñer "Fábrica de pasta de papel de Pontevedra", "Pasteira de Pontevedra" ou "Fábrica de ENCE de Pontevedra". Hai unha alusión á mesma industria co mesmo problema dentro do apartado "Medio ambiente". —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.44.105.138 (conversacontribucións) 3 de xaneiro de 2018 ás 00:38‎

OK Feito. Modifiqueino segundo di Ence e incluín as referencias. Mgl.branco (conversa) 4 de xaneiro de 2018 ás 19:01 (UTC)[responder]
Moi bos cambios Mgl.branco, pero agora, que facemos co artigo Papeleira de Pontevedra? Debería fusionarse co de Ence? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 10:18 (UTC)[responder]
Vaia, puxérao así porque pensei que era unha soa entidade propiedade de ENCE. Reviseino e, si, son dúas empresas diferentes. Corrixín o texto: a ver que vos parece. Mgl.branco (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 23:00 (UTC)[responder]
Pois non teño claro de que agora estea mellor..., o nome de papeleira de Pontevedra non está referenciado e non parece moi exacto. O mellor ten razón a IP e habería que movelo a pasteira de Pontevedra... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:08 (UTC)[responder]
Na modificación que fixen aquí deixei "complexo industrial de Lourizán, Pontevedra" coa ligazón ao outro artigo como está agora "Papeleira de Pontevedra". Tampouco teño claro como é mellor deixalo: en Lourizán tanto está Ence, que fai de pasteira, como Elnosa, que é unha química. Cando poida abro un fío de conversa no outro artigo cos datos das empresas. Mgl.branco (conversa) 7 de xaneiro de 2018 ás 22:38 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ría de Pontevedra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de abril de 2019 ás 11:01 (UTC)[responder]