Conversa:Javier Varela Pérez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Boa tarde:

Someto á opinión dos redactores a modificación do contido básico deste artigo, xa que -ao meu modo de ver- contén de forma exclusiva alusións cunha forte carga negativa sobre as accións ou xestións da persoa á que se alude nel. Paréceme de moi escasa relevancia datos sobre as presentacións de contas, que en todo caso atinxen a órganos da Administración ou ao Pleno do Concello de Antas, antes que á Galipedia. Asemade tampouco me parece atinado recoller información relativa á denuncia por suposta suplantación de persoalidade nunha rede social, cuestión puramente persoal que considero totalmente fora de lugar. Estimo, polo tanto, que sexa modificada (coa miña proposta ou con outra alternativa) a información contida actualmente. Con todos os meus respetos, convido ás persoas que aportaron as achegas ao artigo para que reflexionen sobre o que comento, á vez que fago partícipes no debate a redactores e redactoras para que opinen sobre o particular. Graciñas por facelo. --Satna (Ti dirás) 19:48, 25 de abril de 2012 (UTC)

Teño unha dúbida: tes algún tipo de relación con Javier Varela? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:55, 25 de abril de 2012 (UTC)

Non máis alá da pura veciñanza. Asegúroche que unicamente me moven as razóns que expuxen. --Satna (Ti dirás) 21:44, 25 de abril de 2012 (UTC)

Concordo coa proposta do usuario Satna; sobran varias das afirmacións. Calquera alcalde pode ser sometido a unha autoría, e a maior parte dos alcaldes son criticados por parte da oposición, non é algo que só pase con esta persoa. E calquera persoa debe denunciar unha suplantación de identidade. Non me parecen mencións enciclopédicas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:51, 25 de abril de 2012 (UTC)
  • Eu en principio non vexo que haxa ningún problema na entrada desta señor, na medida en que as afirmacións se concretan e referencian ben, ademais de que non se trata de especulacións nin de opinión. --Atobar (conversa comigo) 17:37, 27 de abril de 2012 (UTC)

Pero á hora de recoller nunha enciclopedia datos dunha persoa non se trata unicamente de que esteñan ben ou mal referenciadas; aquí solo se indican denuncias feitas pola oposición política. Non hai ningunha sentenza xudicial nin administrativa. É como se lle encargamos a historia do Real Madrid a unha asociación de afeccionados do Barcelona (ou viceversa). Aínda que referencien todo canto digan, seguramente adolecerá de obxectividade. --Satna (Ti dirás) 12:45, 29 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Javier Varela Pérez. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de agosto de 2019 ás 08:20 (UTC)[responder]