Conversa:Igrexa de Santa María de Gomariz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Seica andamos parvos ou qué?

Un celeiro? Vallame Deus... Acaso estiveches aló e o viches?

Eu estiven, a casa ten unhas proporciós mais ca as dun horreo, coma o que ven sendo un celeiro, senon antes de empregar palabras mira o que veñen significando antes de chantalas nun artigo.

A casa, con canzorros románicos, unha porta de medio punto amochetada, unha fiestra cadrangular coberta e con canzorros inferiores... e mais do dobre do que ven sendo a igrexa en tamaño...

Un celeiro... manda carallo, a zona mellor do ribeiro y resulta que iso é un celeiro... e porque non una casa de putas do seculo XII? Xa postos a buscar unha utilidade da casa tamén pode cadrar esa.

A casa podese observar dende a porta oeste da igrexa e tamen dende a estrada, e vese claramente o estilo románico e as suas dimensións. ¿Qué a porta principal está desfeita porque foi casa parroquial dende tempo inmemorial e o subnormal do cura lle chantou por riba do arco un balcon de cemento? Pois si, pero non digas idioteces.

dixeches "contrafortes prismáticos, de arquivoltas semicirculares sobre columnas acobadadas nas xambas"

Ondia, todos os contrafortes románicos son prismáticos... e as arquivoltas son semicirculares e acobadadas...

Dixeches: "Dous pares de columnas estriadas e lisas manteñen o vó das arquivoltas peraltadas da porta principal"

Non son estriadas, son columnas salomónicas, moi raramente empregadas no románico, un exemplo telo na catedral de Santiago, pero non se chaman nen se pode dicir "estriadas". E se vas de poeta n plan idiota de "vó das arquivoltas peraltadas"... pra iso adicate a escreber poemas e deixa a arte ós profesionais.

E por certo, o que hai na fachada oeste ou principal non é un voladizo, e un tornalluvias o tornachoivas que coma tal é como se denomina se un usa a linguaxe de elementos artísticos do románico. Pero claro, hai que ter uns mínimos coñecementos pra non ter cagadas coma as que metes neste artigo.

SE IDES MANTER ARTIGOS ERRONEOS SEN PES NEN CABEZA NON SEI QUE CONA FACEDES METENDO A PATA E ADSCRIBINDO IGREXAS ONDE NON SON, PRIMEIRO A TOUXOUTOS BASEANDOSE EN PERGAMIÑOS XA DADOS COMA FALSOS E POSTERIORES, E LOGO A SOBRADO CANDO PERTENCIAN A LEIRO, E POSTERIORMENTE A CELANOVA... PERO VALE, COPIADE DE LIBROS DE TEXTO DE UN PERENGRULLAN QUE SACOU DATOS DO CU, ASÍ SO SE PODE ESPERAR MERDA DA WIKIPEDIA EN GALEGO, E POR RIBA FALAR DOS TEMPLARIOS... SE NON SABEDES O MODUS OPERANDI DOS TEMPLARIOS SO POR ISO, POR QUEDAR DE LANZADOS SOLTADES PEROGRULLADAS —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.253.176 (conversacontribucións)

entendo ben o texto en minúsculas e sen negriña, graciñas. Se borrei o que fixeches non foi por que non lera o anterior.

se as aportacións son constructivas e seguindo o libro de estilo, non hai razóns para borralas. Se se fal mención á vida extraterrestre na construción dunha igrexa románica... bórrase. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 12:12, 3 abril 2008 (UTC)

EDITO MENSAXE RELACIONADA CO ARTIGO DEIXADA NA MIÑA PÁXINA DE CONVERSA: Lansbricae (Ti dirás) 10:42, 16 abril 2008 (UTC)

Igrexa de Santa Mariña de Gomariz[editar a fonte]

Seica foi vostede quen fixo ou a lo menos subiu as imaxes ó artigo en cuestión. Querería decirche sen animo de ofender que hai algúns detalles que creo están mal: A data de doazon ou donación non é a que dís, é de 01-05-1138 - B.- Tombo, f. 5rv. Ainda que é doazon directa sobre o abade, non directa sobre o patrimonio do mosteiro, inda que naquela época tendíase a todo.

dado é onde di: "...facio cartam donationis de hereditatibus meis, videlicet: in terra de Castella de Buual villam Gomarit cum ecclesia et directuris suis in ripa fluminis quod dicitur Auie;..."

Os datos do tombo podelos confirmar -en latín eso si- na páxina do consello da cultura galega, en concreto en [1]

(Ainda así, moitas doazons do tombo non poden ser corroboradas per se, sen o seu correspondente de arquivo real, e poden valer pra esprica-lo dominio temporal sobre a zona, mais non ser fonte directa, un tombo pode conter documentos falsos ou ben amañados e recopiados posteriormente co cal a vericidade histórica do dominio queda en entredito, ademais sendo unha igrexa de romanico pleno a nivel decorativo fronte a quen se lle doa, monxes brancos ou cistercieneses coma que non, sendo o cister tan contrario ó decorativo -ainda que non nego que puidera ter un dominio temporal sobre o lugar, pero de moi curto espazo de tempo;a maiores, non teño todolos datos, pero toda esa zona, mais que cenobios, e pequenos mosteiros, o que tiñan eran casas de recollida dos productos, que eran dempois mandados ó mosteiro que tiña dominio, normalmente levado por un monxe-cura-parroco, e ate dous mais, sendo a casa mais ca un celeiro, dado celeiro só fai referencia ó que é un horreo, os cereais, e niste caso non hai cereais algúns nesa zona, dado é a mellor zona de producción do ribeiro, tanto por orientación coma pola terra e a sua calidade)

Dis que puido ser levantada pelos templarios, perdoa que estea en desacordo contigo neso, pero os templarios endexamais deixarían unha das suas explotacións en maus dos reixes, ben que eles lles tiñan aquel ós templarios, tanto coma pra facer donación das propiedades destes. As igrexas templarias seguen ou pretenden seguer sempre uns esquemas, que é a da casa en Xerusalen, normalmente en plan octogonal, ou coma muito utilizan un plan cuadrado de cruz grega inserto nel. (ten en conta que a data de doazón contradí que fora feita pelos templarios) Ademais que os templarios tampouco eran moi dados á unha excesiva ornamentación.

Posteriormente fas un "cacao" de preitos e de quen tiña dominio sobre a zona e a igrexa.

Dis que: "Do mosteiro queda algúns restos nun edificio que se distingue pola cantería do muro e os canzorros que terman do beirado. Se foi un celeiro, como supoñen algúns autores, sería unha das poucas obras civís románicas que se conservan."

Sigoche dicindo que non era mosteiro, aparte contradícese soltar que era un celeiro fronte a ser un mosteiro. Era unha casa da igrexa que tiña os seus propositos amais de ser a casa do/s parrocos.

Na descripción dis: "Orixinalmente estaba formada por tres naves. En 1499 ainda quedaba en pé a "Torre dos sinos"."

Non hai nin trazos nen é posible o que dis, totalmente imposible, e mais que foran tres naves. A porta norte, cegada está claramente ubicada, pelo tanto é imposible que foran tres naves, se da nave central hai lateralmente a portada norte, inda que tapiada ven visble a ornamentación dunha das arquivoltas é imposible que tivese tres naves, ademais da imposibilidade espacial por falta de espazo constructivo. A Torre esa nin idea, a unica construcción e a do que denominaches celeiro, que si, e visible coma unha torre dende o camiño, e de non estar ubicada aló o lugar e ben grande pra que sexa referencia fronte a igrexa (creo que bebiches de fontes diversas e mal informadas que unha fala de celeiro fronte a otros que dín que é restos dunha torre)

Creo que esaxeras o darlle tanta importancia a portada principal da igrexa cando, ten tanto valor ou mais -decorativo e artístico- a ventá do abside coma a da porta oeste, e logo os canzorros ou canecillos, que raramente vese que teñan metopas entre eles e tan bien decoradas, cunha liña decorada por riba deles, pasando de rombos a sogueado case sen darse conta. Por certo, o grande na portada oeste é o vano da ventá e non a ventá, o vano e o hoco que hai pra entrada da luz.

--Sapito 19:40, 4 abril 2008 (UTC)

Edito a maiores pra engadir, o tema dos templarios por riba é, desculpeme, quasi patético afirmalo. A doazón por Alfonso VII foi supostamente de 1138 ¿non si? Ben, falamos dunha igrexa románica, que non se fai nun ano, nin en dous. A creación da orde templaria foi en 1118 en Xerusalen, tal como refrexa a propia galipedia, non houbo tan rápido crecemento dos templarios pra que en 20 anos chegaran a ter capacidade pra construir unha igrexa en Galicia, e dende logo se eran poseedores dela, os reixes non podían nin tocar esas terras e menos deixalas a un mosteiro do cister. Ou ben o tombo non vale pra nada, ou ben a teoría dos templarios cae por si mesma, dado estes existiron ate a morte de Jacques de Molay, o seu ultimo grande mestre.

Entendo que poden ser cambios feitos por outra xente sobre o artigo inicial, pero o topar algo tan incoherente coma esa afirmación prefería non tratar de correxir traballos doutros, posto que todos somos humans, e podo metela pata na corrección, prefiro tratar con quen puidera ter que ver co artigo en sí e darlle a miña visión do asunto.

--Sapito 22:59, 4 abril 2008 (UTC)

Como xa che adiantara por correo electrónico as fonte principais que usei para este "artigo" foi a Historia de Ribadavia y sus alrededores do Pai Samuel Eiján, Galicia. Guía do Patrimonio arquitectónico de Vía Láctea Guías e Vicente Risco (fonte que polo momento non tiven oportunidade de voltar a consultar). Como che comentara foi, creo recordar, o primeiro artigo que facía dunha igrexa. Como tamén che dixera xa fai meses non teño estudos universitarios nin de arte nin de historia. Son un simple afeccionado a historia. Tentarei referenciar o posible no día de hoxe. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:03, 16 abril 2008 (UTC)


Para finalizar, como xa te comentara por correo. Este artigo foi dos primeiros que tentei facer xa qe tiña imaxes del. a resposta a si a teño visitado é que si. Varias veces, a última delas en semana santa deste ano, onde poiden chegar a fotografar a bodega (colándome entre uns nichos á viña posteada que rodea a construción. Son consciente das deficiencias deste e outros artigos, e a partires deste artigo tentei elexir que facer non tendo en conta as imaxes coas que contaba senón un mínimo de fontes a seguir. A necesidade de revisar artigos que iniciara fai tempo. Tiña a intención de facer un grupo de artigos de igrexas, mosteiros e castelos de Galicia e ir aprendendo, para nunha segunda fase revisalos todos armonizando a presentación dos contidos, referenciandoos mais e correxindo os erros cometidos. Estaba a piques de comezar a facelo. antes da túa intervención estaba a traballar nun modelo de vocabulario de arquitectura.

  • Se se trata dun celeiro ou non a hipótese non é da miña factura pese a non dar atopado a referencia. A lóxica semella indicar que o seu uso fose como bodega ou casa con diversos usos, residencia... pertencente a granxa de explotación do mosteiro como xa ti indicabas.
  • Non recurrin ao Tombo de Toxosoutos no seu momento, como tampouco fixen unha descrición propia da igrexa porque non serían referenciables, e como che comentara os traballos de investigación propia non son compatibles coa Galipedia, e a pesares de que se permitise non sería eu quen se atrevese a xogar a facer investigacións históricas. Si que non estou de acordo en que pertencera ao veciño Mosteiro de San Clodio xa que o que levo lido indica específicamente as posesións de San Clodio nese lugar, que semella tiña certamente.
  • A descrición da arquitectura é debedora das fontes. Non se me pasou pola cabeza facer eu unha propia polo que xa dixen. O do vó das arquivoltas peraltadas provén de Chamoso Lamas e o medo a meter a zoca fio que o mantivese.
  • O resto de "patetismos e ridiculeces" que sinalas a falta de atopar a fonte da que os saquei, creo que o mellor sería que se modificasen.
  • Dos templarios, como tamén che comentara creía non ter falado en ningunha aportación que fixen neste proxecto pero concordo contigo en que é unha teoría moi peregrina que non debería ter incluido (sempre se podería xogar a especular coa presenza das columnas salomónicas e algún elemento máis, pero creo que se trataría dalgo moi pouco serio).

Por último, aceptar as túas desculpas (vía email) e animarte a que participes neste proxecto (non só con imaxes... como xa te comentará fai meses cando te puxeras en contacto conmigo). Eu pola miña parte paro a miña participación nel (por causas alleas a este artigo e que non veñen ao caso). Sinto non extenderme máis (quizais estivese ben incluir nesta páxina de conversa os correos electrónicos que nos remitimos xa que creo completarían a información, pero non quixen facelo sen o teu consentemento. Se o consideras útil non teño inconvinte en que o fagas, e despídome animándote a que axudes a mellora deste o outros artigos. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 08:05, 17 abril 2008 (UTC)


Referencia a las tres naves que se ve reflejado en el punto o referencia 8, no se sabe a qué iglesia se refiere, si acaso se refiere a la iglesia románica en cuestión en que se trata en esta página, creo que, aquellos que han redactado el artículo deberían acudir al lugar en cuestión, verificar que es imposible, técnicamente al igual que en la práctica, el que tuviera tres naves. Si hay que cuestionar a la fuente del señor Samuel Eijan, pues se cuestiona y se tilda de "fantasiosa o inventiva", lo que no creo relevante es citar a una fuente y hacer eco de esa fuente en el artículo, afirmando hechos imposibles.

Es como si se pudiera decir que San Pedro de Rocas, según el autor "Zapatones tocamelasnarices" poseía una torre de 50 metros de altura en el centro del claustro cuadrangular prerrománico, del que hoy no queda ningún vestigio que estaba situado en el actual edificio que nos encontramos a la entada. Dicha torre albergaba obras rescatadas en el siglo I de la biblioteca de Alejandría, que permanecieron en tierras gallegas hasta el siglo XII. (TODA ESTA AFIRMACIÓN ES FABULACIÓN, PERO PUBLICADA EN UN LIBRO, HASTA ES POSIBLE QUE ALGUIEN SE LO CREA Y HAGA CASO, SAMUEL EIJAN, SE INVENTABA LA MITAD DE LAS COSAS, POR TANTO NO ES FUENTE A DAR VALIDEZ A CUALQUIER ARTICULO CON UN POCO DE RIGOR -SIENTO LAS MAYÚSCULAS PERO ES LA UNICA FORMA DE DIFERENCIAR LAS PARTES DADAS EN ESTA EXPOSICIÓN-.