Conversa usuario:83.165.253.176

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coma autor das fotos non me sae dos collóns compartilas con xente que non sabe nin de arte, nin de historia e que escrebe artigos con datos falseados e erroneos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.253.176 (conversacontribucións)

Ola User:Sapito! Como ben sabes, a wikipedia é unha enciclopedia colaborativa. Hai xente que sabe de historia, outra que sabe de deportes, outra que sabe de arte (si, porque non?). Aínda así, os datos a incluír nos artigos teñen que ser verificables, e a poder ser baseados en libros e publicacións acreditados. Pode ser que sexas un experto en arte, mais de momento non o amosaches, de momento só vandalizaches. Non pretenderías que esta edición fora permanecer no artigo. O artigo ten vía libre para ser editado. Para facer as mudanzas oportunas pregaríache que empregases referencias que as xustifiquen, de momento pór "[celeiro = forreo así que nen celeiro nen ostias]" é considerado vandalismo e como tal é revertido. Ademais as túas fotos foron permanecen ó dominio público, así que non hai dereito a que as quites dos artigos, e polo tanto, esas edicións tamén serán revertidas. Agardo que deixes de vandalizar e amoses que entendes de arte (ou do que sexa) engadindo información, correxíndoa, sempre de xeito verificable e citando as fontes. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 15:18, 3 abril 2008 (UTC)

Falas de basearse en fontes, no primeiro artigo do que falas, sobre celeiro e tal, esa persoa soltou varias barbaridades e sen basearse en fontes. Vandalicei, si, fixeno, dado mesmo o uso da lingua galega estaba mal, un celeiro é un celeiro, e non unha bodega... E tampoco é unha bodega propiamente, e dende logo non é construida pelos templarios. Pero mira, si foi acción vandálica, pero se queredes facer a galipedia dese xeito eu quero quitar todalas miñas contribucions.


Vale que poña o que queira, pero, simplemente entón, eu, as miñas contribucións non quero que estean a dispor da wikipedia. Xa no me blog de arte galego puxen o impedimiento de uso das fotos eiqui.