Conversa:Historia da lingua galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
editar·historial·vixiar·refrescar  Tarefas por facer en "Historia da lingua galega":


Untitled[editar a fonte]

  • Evitar as ligazóns cara as páxinas de homónimos (11 casos neste artigo).
  • Mencionar a Denuncia diante da Unesco da perseguizón do idioma galego polo Estado Hespañol (publicada en Buenos Aires en 1954);
  • Mencionar a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, e a súa repercusión para o galego.
  • Ampliar información sobre a Lei de Normalización Lingüística de 1983.
  • Engadir un apartado sobre a década dos 90 do século XX (medios de comunicación, as primeiras pegadas en internet, evolución no seu uso etc.).
  • No apartado do século XX falta por engadir o galego no mundo empresarial.
  • Afinar a mudanzas na evolución do galego.

Pois, estou de acordo contigo, Estevoaei. Son melloras que equilibrarían o artigo --Xoán Carlos Fraga 00:00, 21 marzo 2010 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

Eu non vos estou moi certo disto pero -- na seizón sobor do Rexurdimento, non debería de poñer "A Gaita Gallega" en troques de "Galega"? Dígoo porque teño un facscímil do libro nas miñas maus, e o título orixinal é o primeiro. Non?

Penso que se debería mover a Historia do idioma galego, que sexa breve ou non dependerá do traballo que fagamos.--Rocastelo(fálame aquí) 22:47, 13 decembro 2005 (UTC)

  • Concordo. --Prevert(talk) 22:50, 13 decembro 2005 (UTC)
  • Concordo. Xosé (✉) 23:17, 13 decembro 2005 (UTC)
  • Concordo tamen eu.Padin 15:44, 8 xuño 2006 (UTC), mais creo qué preferible un titulo mais preciso e menos longo, por exemplo: "Galego lingua"???

Concordo Ademáis de que este artigo non é tampouco tan breve. Estou dacordo con Padin en que se podía facer un título menos longo aínda, pero creo que o que el propuxo é demasiado curto e non especifica que trata sobre a historia do galego. En vez de historia do idioma galego podía ser simplemente historia do galego. --O Tin 16:20, 8 xuño 2006 (UTC)

  • Concordo. Eu propoño o título Historia da lingua galega. --Xoán Carlos Fraga 16:27, 8 xuño 2006 (UTC)
  • Concordo tamén co título "Historia da lingua galega".--Porto 16:32, 8 xuño 2006 (UTC)

Concordo Igual- Historia da lingua galega--Dannycas 00:04, 9 xuño 2006 (UTC)

  • Concordo é porque non, meillor sera si se pode fusionar con: [1].

Me da a impresion que estamos diante dun doblon. Padin 08:04, 12 xuño 2006 (UTC)

  • É o mesmo pero pertence a proxectos diferentes, alí forma parte dun libro así que non vexo problema porque existan as dúas páxinas. No futuro cando medre o libro en Galilibros podemos facer como con Curso de lingua galega, que os enlaces apunten cara alí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:18, 12 xuño 2006 (UTC)
  • Nese caso tamen estou de acordo contigo. Un saudo.

Padin 17:43, 12 xuño 2006 (UTC)

  • Penso que faltan algúns como aspectos sen cubrir, ademais no mundo cultural prímase a literatura con nomes de moitos autores e non se menciona por exemplo o cinema ou internet e a súa relación co galego, e nos medios de comunicación habería que falar algo da prensa escrita e da música e teatro actuais; ademais debérase falar da igrexa e dos concellos. Son suxestións, mais recoñezo que o artigo está ben elaborado. Un saúdo e moita saúde a todas e todos. --Xoán Carlos Fraga 08:33, 10 xuño 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Polarlys eliminou Image:Mapagallaecia.JPG: deleted, see [[Commons:Deletion requests/Image:Mapagallaecia.JPG|reason]];

-- CommonsTicker 14:18, 25 febreiro 2008 (UTC)

Evolución do galego[editar a fonte]

Bótase en falta unha exposición dos cambios que foi sufrindo o galego ó longo da súa historia, principalmente da evolución desde o latín. [ Furagaitas * ] 01:54, 1 agosto 2009 (UTC)

  • Estou de acordo, sobre todo no referente ás mudanzas sociolingüísticas, mais estou de acordo con Furagaitas en que que se poden tratar as mudanzas evolutivas brevemente (as mudanzas máis basicas como -p-, -t- e -k- intervocálicos pasan a -b-, -d- e -g- ou a perda do -n- nas palabras populares; así e todo, tamén se pode crear un artigo de dialectoloxía da lingua galega -se alguén lle ten ganas-). O artigo Reino de Galicia, de gran calidade, trata o tema lingüístico na etapa medieval máis amplamente -na alínea As linguas oficiais do Reino-; por tanto, parece necesario ampliar Historia da lingua galega, pois considero que está bastante desequilibrado e por veces fálase máis da literatura que da lingua, e noutros casos queda algo escaso en contidos. Pero vai collendo forma, si. --Xoán Carlos Fraga 21:51, 11 marzo 2010 (UTC)
  • Faltan datos sobre a Constitución Española (algo xa hai, mais viña ben algunha cita), o Estatuto de 1980 e a Lei de Normalización Lingüística. Este tres textos son os máis importantes no marco xurídico-legal. Todo se mellorará. --Xoán Carlos Fraga 23:35, 12 marzo 2010 (UTC)
  • Penso que no século XX aquí temos que profundizar na lexislación, función pública, mundo empresarial, Igrexa, ensino, medios de comunicación, xustiza, estudos lingüísticos e tamén á literatura... pero facendo un equilibrio. --Xoán Carlos Fraga 22:09, 13 marzo 2010 (UTC)
  • AXUDA. No Galifontes temos o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 e a Lei de Normalización Lingüística, mais non sei como poñelos nesta Historia da lingua galega. Cando o poño, saéme ligazón a Historia da lingua galega. --Xoán Carlos Fraga 22:47, 13 marzo 2010 (UTC)
Xoán Carlos, a que te refires cando dis que che sae unha ligazón a Historia da lingua galega? Non entendo ben. Outra cousa, se optamos por profundar nas distintas lexislacións, hai que mencionar e destripar moi moito a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, que pode chegar a ser a táboa de salvación da nosa lingua. España asinouna (e con Aznar, que non debeu entrsar a ler o que asinaba), malia que a incumpra sistematicamente. Pois iso, explica o da ligazón esa que non vai, que non o entendín. Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:59, 13 marzo 2010 (UTC)
Non vai así? Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981; Lei de Normalización Lingüística. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:05, 13 marzo 2010 (UTC)
Así tamén debería ir {{wikisource|Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981}}. --Alberte Si, dígame? 23:23, 13 marzo 2010 (UTC)
Explícome: Poño Estatuto de Autonomía e sae Historia da lingua galega (en Galifontes). Penso que falta poñer algo da Lei de Normalización Lingüística e da lexislación europea, algo dos medios de comunicación tamén, e que sei eu se algo máis, pero agora cansei. Deixo o relevo.

--Xoán Carlos Fraga 15:59, 14 marzo 2010 (UTC)

Feito! Feito! Era así {{wikisource|Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981}}. Dúas veces, unha para a ligazón, e outra para o texto da ligazón. --Alberte Si, dígame? 22:46, 20 marzo 2010 (UTC)
  • A imaxe primeira co mapa lingüístico desde o ano 1000 até o 2000 a min non me vai (moi ilustrativa ao meu entender e fácil de captar), pois só se ve o ano mil e aí queda. Non sei se tamén vos pasa (era ben reparalo). Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 10:10, 8 abril 2010 (UTC)
Confirmo: a min tampouco me anda. Haberá que cambiarlle as pilas. Xoacas(góstache o pemento?) 10:23, 8 abril 2010 (UTC)
  • É raro e non sei cal é o problema, porque hai artigos co mesmo nome do ficheiro e nuns vai amosando os 1000 anos e noutros non. Aquí deixo unha ligazón coa imaxe cambiando: [2]. --Xoán Carlos Fraga 10:30, 8 abril 2010 (UTC)
Pois vai ser cousa da miña PC, porque estoutro tampouco me anda. De feito, de todo o fato de wikis nas que se emprega este ficheiro, só funciona en Língua occitana e en Moçárabes --Xoacas(góstache o pemento?) 10:55, 8 abril 2010 (UTC)
Debe haber un meigallo. :) --Xoán Carlos Fraga 15:16, 9 de abril de 2010 (UTC)

Borrador[editar a fonte]

[Deixo aquí un borrador incompleto sobre os medios de comunicación do s. XXI, podedes argallar nel para completalo ou modificar datos]

Canto aos medios de comunicación de masas, podemos sinalar a seguinte situación neste século XXI:

  • Mantense unha situación similar aos anos 80 e 90 no referente á prensa escrita, mais debemos mencionar a saída do xornal bilingüe Xornal de Galicia -saído a partir da páxina Xornal.com- e tamén do gratuíto De luns a venres, integramente en galego. O resultado final segue sendo un predominio do castelán en todos os xornais diarios, excepto en Galicia Hoxe e nos dous casos mencionados. Canto á prensa electrónica, os xornais fan o mesmo uso lingüístico na internet que no papel, de maneira que hai un predominio do castelán, a excepción dos xornais diarios electrónicos Vieiros e A Nosa Terra, ao que lle hai que sumar o xornal De luns a venres, diario gratuíto en papel do grupo Galiciaé.
Moi importante é falar do De Luns a Venres ou algo así. O gratuíto de Galiciaé. É en galego e teño entendido que ten moito éxito. --Atobar (conversa comigo) 11:30, 9 de abril de 2010 (UTC)
Era ben saber a tiraxe en papel de todos os xornais diarios, non sei se na rede están os datos. --Xoán Carlos Fraga 13:25, 9 de abril de 2010 (UTC)
Agora non os dou atopado, pero sei que os hai, porque os lin no seu momento. Entrementres, aquí queda este documento de interese [3]. --Atobar (conversa comigo) 14:43, 9 de abril de 2010 (UTC) Máis [4] --Atobar (conversa comigo) 14:49, 9 de abril de 2010 (UTC)
  • A radio ten un comportamento desigual segundo a titularidade (pública ou privada) da emisora. O galego é a única lingua empregada na Radio Galega, que ten unha das audiencias máis importantes do país, desde 1985; salientar tamén que de maneira recente engadiu a grella radiofónicas dous novos canais máis de música, un deles de música galega. Existiu tamén RNE-Radio 4 (xestionada polo poder estatal), que chegou a emitir integramente en galego, mais deixou de emitir en Galiza en 1992[1] mentre que segue a facelo noutros territorios bilingües do Estado, como é Cataluña. Outras emisións radiofónicas nas que o galego é vehicular son algunhas radios municipais. Polo que respecta ás radios privadas, a maioría usan o galego ocasionalmente, como Radiovoz ou a Cadena Ser nalgunhas desconexións locais. Con todo, malia estar tamén minorizada neste ámbito, a presenza do galego é superior nos medios radiofónicos ca nos escritos.
  • No referente á televisión, coa chegada da TDT implantada totalmente na Galiza en abril de 2010, encontramos a seguinte situación: existen uns 30 canais de emisión en aberto, dos cales a inmensa maioría emiten integramente en castelán, existindo só os dous autonómicos (a Galega e G-2) que emiten en galego; as emisións en aberto fan un uso lingüístico semellante.
  • No referente á internet, o uso da lingua galega dun xeito global está no posto 37º, existindo ao redor de cen mil páxinas web en galego e unha porcentaxe a nivel mundial do 0,014%[2]. Cabe salientar que os blogs e as redes sociais pasaron actualmente a ter un papel destacado e neles atopamos un uso do galego aceptábel, así por exemplo na rede social Twitter a lingua galega está no posto 22º a nivel mundial[3]. Así e todo, a pesar de certa percepción xeral de que o galego "vende", a realidade é que a maioría das empresas galegas usa na rede o castelán (57%), o inglés e castelán (23%) e só unha minoría incorpora o galego (14%) en combinación con esas dúas linguas (datos de Romero e Vaquero, Da periferia á rede, 2001) --Xoán Carlos Fraga 13:20, 9 de abril de 2010 (UTC)
Canto da blogosfera e a rede en xeral, o galego acada uns niveis moi superiores ca no resto. Un exemplo é que é a viséxima lingua do mundo no twitter. --Atobar (conversa comigo) 11:30, 9 de abril de 2010 (UTC)
  • Penso que podíamos considerar repoñer esta imaxe dos pobos (e linguas) porque se refire a unha aproximación lingüística antes da chegada dos romanos.
    Presenza precelta e celta na Iberia, amosando en azul os pobos (e linguas) celtas, contra o 200 a.C.
    —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoán Carlos Fraga (conversacontribucións) 1 de xullo de 2010 ás 23:20
Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:32, 1 de xullo de 2010 (UTC)
Concordo Alexandre Vigo. Fun eu quen quitou o mapa por -en principio dúas razóns-, unha era que tiña previsto refacelo para que estéticamente estivese mellor, e ademáis ampliar un pouco para que se vira máis da península ibérica. Tes toda a razón, e penso que é interesante recuperalo, concordo contigo. Se o que faga resulta aparentemente mellor a este, xa decidiremos ou non cambialo. Un saúdo Xoán Carlos.--Alexandre Vigo 12:27, 3 de xullo de 2010 (UTC)

Acabo de por un cadro no que se ven as normativas comparativamente coa empregada polo rei Dinís de Portugal. Témome que hai erros nas miñas transcripcións a portugués, RAG e AGAL, a ver se algún que estea máis posto ca min lle pode botar un ollo. Grazas compañeiros!--Alexandre Vigo 12:29, 3 de xullo de 2010 (UTC)

  • Feito! Feito!. Alexandre, o que diga a AGAL que o diga nos seus foros, non aquí. Esta non é ningunha plataforma de promoción e a AGAL non é equiparábel, nin moitísimo menos, á Academia. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:53, 3 de xullo de 2010 (UTC)
  • Sen eu participar do que diga AGAL, con todo, coido Alejandro que non está demáis tampouco a presenza no cadro comparativo doutra normativa, que certamente non ter caracter oficial, pero é existente. Podemos en cambio, poñer Galego oficial polo anterior (normativa RAG), e omitir "AGAL" e poñer "normativa reintegracionista". Desde a galipedia, tampouco podemos ser alleos a outras propostas normativas históricas aínda que non sexan compartidas.--Alexandre Vigo 13:29, 3 de xullo de 2010 (UTC)
  1. AMNL pide recuperar as emisións de Radio 4 en galego Nova en Xornal de Galicia en agosto de 2005
  2. GÓMEZ GUINOVART, X. (2003), A lingua galega en internet, en Ana Bringas e Belén Martín (eds.), Nacionalismo e globalización: lingua, cultura e identidade. Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, pp. 71-88; descargábel
  3. O galego, a primeira lingua sen estado no twitter Nova aparecida en Galicia Confindencial

Erro nas palabras latinas exclusivas do galego[editar a fonte]

Na sección "O estrato latino" dáse como exemplo de voces procedentes do latín e que só se atopan no galego a palabra "lévedo". Non é certo que sexa exclusiva da nosa lingua. Como descendentes de "levitus" temos en castelán "leudo" ( http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=leudo ) e en italiano "lievito" ( http://www.etimo.it/?term=lievito ) Polo tanto suxiro que sexa eliminada. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.22.7 (conversacontribucións)

Contidos recuperados[editar a fonte]

Recuperei a última edición válida do artigo, realizada polo usuario Xoancarlosfraga. Esta edición realizada por unha ip anónima consitutúe un claso de proselitismo, ademais de empregar termos alleos ao criterio enciclopédico: "sen dúbida tal cousa", "refírome a que...", e non estar referenciada. --Atobar (conversa comigo) 20 de outubro de 2016 ás 08:41 (UTC)[responder]

Escolla do primeiro editor - Galicia[editar a fonte]

A escolla do primeiro editor foi "Galicia": [5] Banjo tell me 18 de setembro de 2017 ás 15:14 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Historia da lingua galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 08:44 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Historia da lingua galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 23:23 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Historia da lingua galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 22:29 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Historia da lingua galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de setembro de 2018 ás 01:28 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Historia da lingua galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de xuño de 2019 ás 18:48 (UTC)[responder]