Conversa:Atlanta Flames

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Parte deste artigo procede dunha tradución do homónimo na Wikipedia en lingua inglesa. --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 01:10 (UTC)[responder]

Non entendo esta frase da sección de Traslado a Calgary: "A medida que o equipo se foi estancando no xeo, os Flames loitaban no portelo. O equipo conseguiu unha media máximo de 14.161 espectadores por partido na súa segunda tempada," Non sei que é o portelo. Será a portería? Ou sexa, que tiñan que defender todo o tempo. E o de "media máximo" soa moi raro e penso que sobra algo. E o de afiliacións non se pode dicir filiais? Filiais é como se di normalmente aquí e correspóndese máis cos significados de ambas as palabras no DRAG. E o de penalty minutes poderíase aclarar unha vez no texto entre paréntese que son algo así como minutos de expulsión temporal, o cal non sería exactamente facer unha tradución senón unha aclaración para o lector, xa que este deporte non é moi popular en Galicia e moita xente non sabe a terminoloxía.--Miguelferig (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 20:29 (UTC)[responder]

O "portelo" é pola "taquilla", non lembro ben, pero creo que me daba erro ao meter "taquilla" e recomendábame "portelo"... algo así. O que quere dicir é que o equipo non conseguía mellorar no xogo e a franquía loitou para que a afluencia de público non baixara (sen éxito). O de "media máximo" é que na segunda tempada da franquía foi cando tivo os seus mellores rexistros de afluencia de público, habería que poñer "máximA", aínda que non teño claro se "media" é correcto ou habería que poñer "promedio", supoño que ti, Miguelferig, saberás mellor. Piquito (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 21:15 (UTC)[responder]
É que non se pode poñer promedio nin promediar segundo o DRAG (ver Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para promedio.. Taquilla tampouco se pode dicir, pero, agora que o dices, tes razón ti, o que recomendaban era despacho de entradas ou de billetes ou portelo de entradas (ver [1] e Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para despacho.). Pero aínda solucionando iso non se entende ben o de "loitaban no portelo", por iso non o asociei eu con taquilla. Podíase aclarar poñendo algo así como "loitaban por mellorar as vendas no despacho/portelo de entradas". Tampouco entendo o de media máxima, porque será simplemente a media desa tempada, ou ben, simplemente, a entrada máxima (récord de entradas nun partido nesa tempada), pero media máxima ou media mínima non sei o que é.--Miguelferig (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 22:15 (UTC)[responder]
Non, a "media máxima" refírese ao ano no que houbo unha maior afluencia media (como se pode ver na sección sobre o Pavillón), a segunda tempada da franquía en Atlanta foi na que en toda a tempada houbo unha maior afluencia de público. --Piquito (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 22:21 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Piquito, sería correcto empregar Director Xeneral en lugar de General Manager? --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2016 ás 13:12 (UTC)[responder]

Cambieno por Xerente Xeral segundo isto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2016 ás 12:21 (UTC)[responder]

Corrección ortográfica[editar a fonte]

Xa se fixeron moitas pequenas correccións ao artigo e penso que agora xa non é necesario o aviso de que cómpre unha corrección ortográfica.--Miguelferig (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 20:54 (UTC)[responder]

Termos en inglés[editar a fonte]

Piquito, habería que poñer notas ós termos Shutouts e penalty minutes, igual que ten rookie, para que os lectores que non os coñecen saiban o que son. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2016 ás 12:25 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. Piquito (conversa) 6 de abril de 2016 ás 21:47 (UTC)[responder]
Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2016 ás 22:04 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de outubro de 2019 ás 01:36 (UTC)[responder]