Conversa:Alumnado

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Creo que a mudanza de Alumno a alumnado foi feita para non empregar unha linguaxe sexista. Estou de acordo coa intención pero non coa medida, que ignora que en galego, como noutras linguas, existe unha cousa que se chama epiceno. Non sei se o tema dá para debater, pero quero deixar parente o meu desacordo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 13:18, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, Xoacas; "alumno" non é un epiceno, pois existe "alumna". Precisamente por iso movín o nome do artigo, pois o substantivo "alumnado" engloba as persoas dos dous sexos coas características descritas no artigo. En calquera caso, un debate sempre é útil se é construtivo, e todas as melloras son benvidas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:28, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Eu non o vexo así: dicir que "a esencia do alumno é estar aprendendo" non equivale a dicir que o aprender non vai na esencia da alumna. En calquera caso alumnado e o "conxunto de alumnos que asisten a un centro docente" (Ir Indo). Iso quere dicir que as alumnas non asisten ou que non forman parte do alumnado? Cando un profesor di que ten 20 alumnos está dicindo que suman 20 os alumnos e as alumnas ou que sabe dios cantas alumnas ten? En calquera caso falar do alumno é falar do individuo, falar do alumnado é falar do conxunto de individuos, e só iso xa me fai dubidar de que o movemento sexa boa idea. Non imos mudar Soldado a Exército así como así, nin Abella a Enxame. Non me opoño a prescindir do uso do epiceno, pero se o facemos con coherencia habería que entrar a facer moitos cambios pola Galipedia adiante. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 13:40, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Estou superafavor de corrixir moitas das innecesarias tendencias masculinizantes da Galipedia. Porén, creo que mover alumno a alumnado non é moi correcto pois non son a mesma cousa: por iso unha abella non é un examio, nin ao revés. Quizais antes que nos nomes dos artigos deberiamos pensar en mudanzas nos nomes das categorías, e tomar algunhas decisións estratéxicas ao respecto. Eu regresaría a 'alumno'. PS: O exemplo do enxamio púxeno sen ver a edición de Xoacas--Xabier Cid Conversa 13:44, 21 de xuño de 2010 (UTC)