Epiceno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ra é un substantivo epiceno.

Un substantivo animado é epiceno cando designa tanto a un individuo masculino como feminino independentemente do xénero gramatical do substantivo[1], pero con xénero fixo. Por exemplo: ourizo, gorila, aguia, rata. No caso de que sexa necesario distinguir o sexo, pódese recorrer a un adxectivo: unha aguia macho e unha aguia femia.

Cando o xénero dos substantivo non é fixo, e polo tanto pode existir variación, estamos perante o que máis especificamente se coñece coma un substantivo de xénero común. A distinción neste caso pode facerse mediante o uso do artigo: un/unha gorila.

Etimoloxicamente, epiceno vén do adxectivo grego ἐπίκοινος, que significa "común".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para epiceno.