Conversa:ADN (homónimos)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non estou de acordo con ter a páxina de homónimos neste título. Coido que o que vén buscando ADN é, nas máis das veces, a molécula da vida. Paréceme que o mellor é devolver esta a "ADN (homónimos)" e restaurar a redirección que había antes. --Toliño Fala aquí comigo 13:27, 3 marzo 2010 (UTC)

Na miña opinión, nas páxinas de homónimos debería evitarse nos títulos o formato "XXX (homónimos)", o que implica que hai unha opción predominante sobre outras. Porén, entendo que haxa certas excepcións, como os topónimos dos concellos. As páxinas de homónimos poden ser un recurso didáctico de cara a @s usuari@s non-editor@s, que poden ver a existencia de máis artigos cun título semellante. Neste caso é ben certo que a maioría da xente que procura ADN refírese á molécula, e entendería a reversión e a recuperación da redirección. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:28, 5 marzo 2010 (UTC)
Eu vexo que os ambos os dous estades no certo. Temos algunha política ao respecto? Se non a hai, daquela eu optaría por deixala como propón Estevo; o do ánimo didáctico terminou de convencerme. De calquera maneira, tamén a min me parecería ben calquera das dúas opcións. --Atobar (conversa comigo) 19:34, 5 marzo 2010 (UTC)
  • Entendo a vosa postura, pero o problema que eu vexo é que os demais editores non van ter esta consideración e ligarán continuamente cara a esta páxina de homónimos. Deste xeito, terá que haber alguén (bot ou usuario) que constantemente arranxe as ligazóns. --Toliño Fala aquí comigo 19:47, 5 marzo 2010 (UTC)
  • O de ir corrixindo as ligazóns a artigos é unha constante nos artigos traducidos; por exemplo León -> León, España; fósforo -> fósforo (elemento) e outros etcs. É unha mágoa non termos bots propios adicados a iso. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:02, 5 marzo 2010 (UTC)
    • Estou de acordo con Toliño. Ademais, é un auténtico coñazo que os usuarios-editores teñamos que escribir, cando queremos refirirnos ao "ADN molécula" (cousa que nos pasa moitas veces aos de ciencias), nada menos que "ácido desoxirribonucleico|ADN". Por outra parte, non sei de será de moita utlidade, para o consultante galego, que ADN tamén pode ser o nome dun xornal de distribución gratuita (que creo que xa non se edita), dun partido político boliviano ou dunha emisora de radio chilena (que son tan "coñecidos" que nin sequera teñen páxina á que ir). En resume, ADN, homónimos, non redirixe a nada.--XoioÉche o que hai 15:21, 15 de maio de 2012 (UTC)
Concordo totalmente con todo o que comentades, o lóxico é que ADN redirixa directamente á primeira acepción que é para onde irán case o 100% das ligazóns. Se a política di outra cousa penso haberá que preguntarse se é correcta.--Xián (conversa) 15:36, 15 de maio de 2012 (UTC)
  • Eu sigo coa mesma opinión que tiña: vexo acertadas ambas as posturas. Polo tanto, se a cousa fose por votos, o meu sería neutro. Non obstante, fago unha soa apreciación ao que di Xoio de é un auténtico coñazo que os usuarios-editores teñamos que escribir, cando queremos refirirnos ao "ADN molécula" (cousa que nos pasa moitas veces aos de ciencias), nada menos que "ácido desoxirribonucleico|ADN"; isto non é certo, o que temos que facer é ligalo -unha única vez por artigo- a ácido desoxirribonucleico, pero un pode escribilo co acrónimo sen problema ningún cantas veces queiras. Ben, nada máis polo momento. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:22, 15 de maio de 2012 (UTC)
    • A lóxica é aplastante. O usuario común identifica ADN coa molécula, logo debe aplicarse o criterio de utilizar a forma común no título. Se mirades na categoría:Homónimos veredes que hai innumerables exemplos de esta escolla, que implica a existencia de "xxx (homónimos)". Hai 15 días discutimos algo polo estilo para dar león título para o artigo sobre o animal, creando outra páxina para león (homónimos). Se isto fose unha votación, o meu voto é favorable a que ADN sexa o título da páxina sobre a molécula. Pedro --Lameiro (conversa) 21:01, 15 de maio de 2012 (UTC)
      • Atobar:
        Corrixo: é un coñazo se non queremos que apareza com ADNhomónimos.
      • Para todos:
        Para que queremos unha páxina de homónimos, se o único homónimo vixente é o ADN molécula? --XoioÉche o que hai 01:47, 18 de maio de 2012 (UTC)
Eu tamén penso que ADN ten que levar directísimamente a Ácido desoxirribonucleico (seguramente o nome do xornal era un derivado, non unha coincidencia, e inda que non fora así). --. HombreDHojalata.conversa 14:18, 26 de maio de 2012 (UTC)
Feito! Feito! Movido. Pedro --Lameiro (conversa) 18:59, 26 de maio de 2012 (UTC)