Conversa:Ébola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ampliación[editar a fonte]

Pretendo facer unha ampliación desta páxina que está ultimamente de actualidade con material da wikipedia inglesa, que é moi completo. Os 1.679 bits de información que xa estaban previamente feitos foron todos conservados (con mínimas alteracións) e forman parte do cabezallo, e a partir do segundo parágrafo empeza a ampliación, que debería chegar aos 86.000 bits.--Miguelferig (conversa) 5 de agosto de 2014 ás 20:12 (UTC)

Mudeile o nome á páxina (Ébola → Ebola) porque parece que é máis correcta a pronunciación e ortografía grave que a esdrúxula. Por outra parte, a enfermidade é xeralmente coñecida como o ebola (ou ébola) (igual que o propio virus), polo que manteño o nome de páxina que xa estaba, xa que é como máis probablemente o procurará a xente no buscador. Pero hai que dicir que o nome máis correcto actualmente é "enfermidade do virus ebola" (con ese nome está no ICD10 e así o usa hoxe a OMS), e que anteriormente se chamaba "enfermidade hemorráxica do Ebola", nome que aínda se utiliza en moitas publicacións e bases de datos e por institucións prestixiosas especializadas.--Miguelferig (conversa) 7 de agosto de 2014 ás 18:28 (UTC)

Observacións[editar a fonte]

Na sección Epidemia de 2014 hai unha frase á que parece que lle falta algo: "En marzo de 2014, comezou un brote de virus Ebola en África occidental en Guinea". Entre occidental e en Guinea boto en falta algo.

Tampouco comparto a categorización dos artigos partalelos Ebolavirus e Virus Ebola entre as "Enfermidades víricas", categoría que, por outra banda, non existe aínda. Se eses dous artigos falan do virus e o presente, Ebola, da enfermidade, só este cadra nesa categoría; agora está na de "Doenzas infecciosas", que non sei se é tempo de dividir entre "bacterianas" e "víricas".

Pedro --Lameiro (conversa) 13 de agosto de 2014 ás 12:44 (UTC)

Cambiei a redacción da frase que dis. O que quere dicir é que a epidemia que se está estendendo por África occidental empezou en Guinea. Tes razón no das categorías. Quitei as categorías de enfermidades das páxinas dos virus.--Miguelferig (conversa) 13 de agosto de 2014 ás 15:25 (UTC)

Acento[editar a fonte]

E porqué non leva acento?! Na CRTVG, por exemplo, póñenllo sempre: [1] --. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2014 ás 17:10 (UTC)

Eu inicialmente poñíao con acento (esdrúxulo), como se pode ver no historial, pero cando fixen a páxina do río Ebola Estevoaei dixo que era sen acento no francés actual e catalán (/e'βola/). Eu fíxenlle algúns comentarios na páxina de conversa, pero accedín a cambialo porque parecía o máis axeitado. O nome do río africano que lle deu o nome escribíase Ébola, pero esa era a ortografía francesa da época colonial, pero supoño que pronunciarían /ebolá/ como fan con todas as palabras, e que o acento era para saber se o e era aberto ou pechado. Non sei como se pronuncia na lingua africana orixinal, pero sospeito que non era así, porque modernamente o escriben sen acento. Mesmo en francés actualmente aparece case sempre sen acento (ver Google en francés e a páxina de conversa de río Ebola), aínda que hai exemplos minoritarios con acento. Na propia wikipedia francesa din Ebola (pero ver a conversa de río Ebola). Despois, na escrita dos nomes de virus houbo unha tendencia a suprimir os diacríticos e mesmo escribían virus Cote d'Ivoire (en vez de Côte). Como é un nome xeográfico que os africanos escriben sen acento (polo menos así vén no atlas mundial gráfico Aguilar grande que teño eu e en moitas partes máis), razón de máis para non nomear o virus con acento. A pronunciación esdrúxula quizais veña de vela escrita Ébola ao estilo francés (pasando de /ebolá/ a /ébola/). En portugués na wikipedia din das dúas maneiras: "A febre hemorrágica ébola ou ebola (FHE)...". De todos modos non atopei referencias no DRAG nin en enciclopedias galegas de Ébola nin de Ebola e non porfío que teña que ser así nin podo ter a certeza. Non sei se na CRTVG teñen algunha razón para dicilo así. Se hai que cambiarlle o nome por min non hai problema.--Miguelferig (conversa) 13 de agosto de 2014 ás 19:55 (UTC)
Máis referencias con acento gráfico (sen acento gráfico non atopo ningunha en publicacións en galego):
Nese caso haberá que cambiarlle o nome, polo menos á enfermidade. De todos modos no documento da consellería din febre de Ébola e febre de Marburg, etc., e non é o mesmo un río (Ébola) que unha cidade (Marburg). Non se diría febre de Miño, de Ebro de Douro, de Tambre (con ríos usaríase do), pero si febre de Vigo, de Madrid, de Lasa, etc. Cámbiollo mañá, que hoxe xa é tarde.--Miguelferig (conversa) 13 de agosto de 2014 ás 21:34 (UTC)
Feito! Feito! Cambiei o nome da páxina e da enfermidade. --Miguelferig (conversa) 14 de agosto de 2014 ás 16:48 (UTC)

"Como (por exemplo)..."[editar a fonte]

Agradezo os cambios de erros meus de linguaxe ou tecleado que fixo Nerk recentemente, en diferentes partes do artigo, que lle deberon dar moito traballo, pero penso que os cambios de como por coma que se realizaron son discutibles. Cando as frases son comparativas está claro que é mellor utilizar coma. Por exemplo, se eu tivese feito unha frase como esta: "Tanto o ébola coma a malaria considéranse enfermidades perigosas" ou "A febre do Ébola, coma a malaria, considérase unha enfermidade moi perigosa", aquí este coma significa "igual que/ca", e indica que as dúas enfermidades son iguais niso, compáraas igualándoas, polo que hai que usar coma. Ao contrario, se eu fago a frase "Para facer o diagnóstico, xeralmente procúrase excluír outras doenzas con síntomas similares como (por exemplo) a malaria, o cólera e outras", aquí simplemente estou facendo unha relación de enfermidades similares (e podo suprimir, como de feito fixen, a expresión "por exemplo", que aquí puxen entre paréntese, xa que o sentido da frase queda igual), e penso que neses casos se pode usar como (tal como estaba) e mesmo, se me apuran, creo que coma quedaría mal. Aínda que o pareza, a frase non é comparativa. Hai outras sete frases similares que foron corrixidas nas que o "como" se podería substituír por "como por exemplo", nas que penso que se debe manter o como. Mesmo unha das frases ten verbo: "...o contacto entre individuos desas especies, como (por exemplo) tocar os corpos mortos e o espiollamento mutuo non [é un factor de risco]".

Tendo en conta isto, se ninguén me convece do contrario (cousa posible, porque eu tampouco son un experto), teño intención nos próximos días de volver a poñer os comos en vez dos comas. Xa lle avisarei tamén a Nerk a ver que opina.-Miguelferig (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 14:37 (UTC)

Ola. Eu tentei facer uns arranxos máis ca correccións. “Corrección” implica coñecementos que eu tampouco teño. Mesmo así, eu prefiro pasar mellor ca quedar curto; prefiro errar por ser demais galego que por castelanista. Xa que hai que errar. Respecto de ‘coma/como’ o DRAG dá unha regra algo simple: “se o valor é equivalente a ‘igual ca’ debe utilizarse coma, pola contra se equivale a ‘segundo’, ‘conforme’, ‘en calidade de’ debe utilizarse como”, e pon, entre outros, o exemplo “escritores coma Blanco Amor” que podería equivaler, talvez, a un “escritores coma (por exemplo) Blanco Amor”. O asunto trátao mellor J. M. Pérez Fernández no artigo “Os indicadores ‘ca’ e ‘coma’ na comparación en galego” no Cadernos de Lingua 34, de 2012, da RAG que pode se consultar en pdf acó: http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/373095a5-d10c-407e-af7b-51ddc074c209, e onde se ve que o asunto, por mor coma sempre do influxo do castelán, é complexo dabondo. A min éme o mesmo que me “corrixan” o que queiran. Eu tento de rozar tanto castelanismo que inza a galipedia, arranxando amais as erratas que vou atopando. Eu prefiro o ‘hipergaleguismo’ e mailo ‘hiperenxebrismo’ (vaia coas palabriñas do carallo!) mellor cá castrapada (esta non a trae o DRAG). E nunca marco “vixiar esta páxina”. Se desfán o que eu fago, redesfeito queda. Saúdos. Nerk (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 19:32 (UTC)

Nerk, eu non son un experto tampouco, e non pretendía molestar no meu escrito anterior. Todo o contrario, agradecín as túas correccións (ou arranxos se prefires), que na súa grande maioría foron correctos, o único problema era o desacordo con como/coma. Sempre que vexas que algo que escribín eu está mal non dubides en arranxalo, pero respecta as formas usadas se son igualmente admitidas. Porén, insisto que nos "comos" das miñas frases estou facendo unha lista de exemplos. Lin o texto de Cadernos da Lingua e non conseguín entender todo, xa que o asunto é complicado dabondo, pero quedoume claro a variada casuística que hai. En canto o exemplo do DRAG, que é literalmente "Grandes escritores coma Blanco Amor" depende de como se entenda a frase, xa que non ten contexto. Por exemplo, para min estes dous exemplos con esa frase son diferentes:
  • "Grandes escritores coma Blanco Amor hai poucos na literatura galega". Nesta frase penso que habería que usar coma, xa que significa iguais (en importancia ou calidade) ca Blanco Amor (tan grandes coma Blanco Amor). É unha comparación.
  • "Grandes escritores como Blanco Amor, Castelao, Risco ou Novoneyra escribiron novelas sobre o mundo rural galego". Agora nesta frase non se está a comparar nada, senón que se está a facer unha relación de escritores grandes da nosa literatura que trataron esa temática. Podería poñer "como por exemplo Blanco Amor, Castelao, Risco...". O problema é que as miñas frases son todas dese tipo, listas de cousas. Por exemplo:
    • "Poden administrarse produtos sanguíneos como globulos vermellos, plaquetas ou plasma..." (unha lista de produtos sanguíneos)
    • "...o transportan [o virus] por todo o corpo a áreas como os ganglios linfáticos, fígado, pulmóns e bazo". (unha lista de partes do corpo; onde está a comparación aquí?).
    • "Os casos prolongados son a miúdo complicados pola aparición de problemas a máis longo prazo, como inflamación testicular, dores articulares e musculares..." (unha lista de problemas de saúde).
    • "Os morcegos deixan caer froitas medio comidas e polpas, e despois, animais como os gorilas, e antílopes duiker poden alimentarse deses froitos". (é unha lista de animais; non está dicindo que sexan animais similares ou iguais ca gorilas ou duíker, senón que son en concreto os gorilas e duíker). -Miguelferig (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 21:34 (UTC)
Lamento moito que una parte dos meus arranxos fosen interpretados coma non correctos e falta de respecto ás formas anteriormente usadas. Xa expliquei por que os fixen e tamén lamento que non se entendesen as miñas explicacións. Se cómpre revertilos, sinto dar máis traballo. Pola miña banda non gastarei máis tempo nin traballo nesto. Grazas e saúdos.Nerk (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 00:20 (UTC)

Relevancia de informacións[editar a fonte]

Creo que a sección "O ébola e Galicia" é innecesaria e non ten razón de ser, xa que, o feito de que a enfermeira infectada sexa galega para este artigo é absolutamente irrelevante, e o que é máis importante, non hai ébola en Galiza. O nome da sección leva a confusión e é a todas luces erróneo, xa que a día de hoxe non hai ébola en Galiza (e esperemos que siga así), polo que máis ben semella un titular sensacionalista. Está ben querer galeguizar os artigos cando se pode, pero creo que este caso é moi forzado (extremadamente forzado), coa referencia que hai na sección "Epidemia de 2014" creo que é suficiente, máis aínda tendo en conta que a enfermeira ten entrada na nosa wiki, algo que tamén considero discutible. Supoño que Usuario:Xabier Cid pensaría que era unha sección necesaria, pero eu discrepo totalmente e penso que toda a comunidade debera opinar, xa que o artigo é agora mesmo candidato a artigo de calidade. Piquito (conversa) 9 de outubro de 2014 ás 14:05 (UTC)

Borrar a sección "O ébola e Galicia"
  1. Symbol delete vote.svg Borrar. Piquito (conversa) 9 de outubro de 2014 ás 14:05 (UTC)
Manter a sección "O ébola e Galicia"

Creo que tes parte de razón, Piquito, pero creo que o teu ton non é o adecuado: "inncesaria", "non ten razón de ser", "abolutamente irrelevante", "a todas luces erróneo", "sensacionalista", "extremadamente forzado", "discrepo totalmente"... O teu argumento ten validez sen que cumpra engadir moitos adverbios rematados en -mente, que se escoitaba o teu ruído no teclado dende o cuarto onde eu estaba. Do mesmo xeito, e en realidade, de xeito moito máis importante, non é necesaria unha votación. O primeiro sistema para chegar a acordos é o consenso (non sendo naqueles casos, moi poucos, onde as normas esixen unha votación). Podemos chegar a un consenso sen iniciar unha votación, que é un proceso tenso, e que debemos reservar para as cousas importantes.

Creo que tes razón en que, nestes momentos, cunha soa paciente galega infectada e infectada fóra de Galicia, a sección é excesiva. Cunha maior distribución da enfermidade si que creo que debamos creala, pero polo de agora non. Procedo a retirala. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de outubro de 2014 ás 14:16 (UTC)

Usuario:Xabier Cid, sinto se che molestou o ton, dende logo non era a miña intención. O meu teclado non estaba votando fume, simplemente expresei a miña opinión, en todo momento dixen "creo que...". Evidentemente para outro usuario a sección pode ser "absolutamente" necesaria, é a súa opinión, ou crer que ten toda a razón de ser do mundo. Claro que discrepo totalmente, porque dende o meu punto de vista ante a situación actual non creo que se poda retocar a sección como para que apareza, esto é, creo que baixo ningún concepto debera existir, é a miña opinión. Propuxen a votación porque eso é o que opino eu, que non son ninguén aquí para dicir se vale ou non e nin sequera entendo do tema, e pode que a maior parte da comunidade pode pensar que é unha sección necesaria, se é así o aceptarei e a outra cousa, non hai máis. Reitero que non era a miña intención ofenderte e que o que expresei é a miña opinión, que neste caso é tallante e así o expresei e sinto que te tivera molestado. Piquito (conversa) 9 de outubro de 2014 ás 14:30 (UTC)
Piquito, non me ofendeu o ton, non te preocupes por iso. Creo que, se queremos ser construtivos e crear espazos de diálogo nesta comunidade, podemos empregar tons más amables, suaves e non tan "tallantes", como ti dis. E podes expoñer os teus argumentos e abrir o debate sobre se debe estar esa sección ou non, sen chegar a unha votación. De feito, iso mesmo que ti dis (cos adverbios en -mente ou sen eles), chegaría para que ti, eu, ou outra persoa, pensase "este Piquito ten moita razón, e vouno corrixir". E xa está. Sen maiores dramas. As votacións son unha saída cando non é posible chegar a un consenso (ademais de para borrar artigos e corrixir normas, porque así o establecen especificamente as regras da Wikipedia). Pero se podemos chegar a acordos falando, as votacións deben evitarse. Un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de outubro de 2014 ás 14:44 (UTC)

Achego a miña opinión tamén, pero dun modo xeral, válido para calquera páxina. Hai veces que incluír moitos detalles é irrelevante. Por exemplo, nas páxinas Ebolavirus e Ebola da wikipedia inglesa recollen o seguinte dato, que eu omitín ou acabei borrando nas páxinas galegas: "Mabalo Lokela, a 44‑year-old schoolteacher, became the first recorded case." (Mabalo Loreka, mestre de 44 anos, converteuse no primeiro caso rexistrado [de ébola na epidemia inicial de 1976]). Dicir o nome deste señor, a súa idade e profesión non me parece relevante. Simplemente foi unha pobre vítima involuntaria máis das miles que houbo, e o feito que fose xusto el a primeira non engade información salientable. Outros casos son diferentes, por exemplo (inventando o exemplo) podo dicir que a síndrome conxénita de Fraunhofer se chama así porque o primeiro paciente no que se descubriu a doenza se chamaba Hans Fraunhofer. Isto é relevante porque explica o nome da síndrome (que se nomean ás veces polos pacientes e outras polos médicos descubridores). Na wikipedia hai que ter coidado cos temas que están moi de actualidade, porque hai tendencia a dar moitos detalles, xa que se dispón de moita información nese momento, pero que lendo o artigo tres anos despois algúns detalles parecen pouco relevantes. Por outra parte, en xeral, a wikipedia non é un xornal que dea "novas", senón unha enciclopedia que nos artigos trata temas de fondo (unhas veces máis xerais e outras máis específicos), polo que da información da epidemia de 1976 hai que facer un resume. A epidemia de 2014 está ocorrendo agora e non rematou (e aínda o que lle queda segundo a OMS), polo que esa sección está sempre desactualizada (habería que variar as cifras de vítimas con cada comunicado da OMS), pero tamén hai que facer un esforzo por facer un resume sen moito detallismo. Tamén se pode facer unha páxina específica separada sobre a epidemia de 2014 como a hai en varias wikipedias. Finalmente, en canto ao nome das vítimas eu non incluín o nome dos médicos/relixiosos españois mortos (que estaban en África afrontando un risco voluntariamente, o cal ten moito mérito, é dicir, non "lles tocou" atender ás vítimas, senón que querían estar alí atendéndoas), aínda que puxen unhas referencias onde sae o seu nome e moitos detalles. Seguindo a lóxica anterior, tampouco puxen o nome da enfermeira, pero pensei en poñer unha "enfermeira galega", aínda que ao final non o fixen e puxen só enfermeira, porque na referencia si se informa sobre ela. A sección sobre o ébola en Galicia tamén me pareceu un pouco excesiva (e esperemos polo ben de todos que o siga sendo), pero tal como quedou mencionada a información agora, con brevidade, non é excesivo. Eu poñería galega en vez de becerreense e non mencionaría o seu nome polo momento (que xa sae na referencia), pero eses son simplemente os meus gustos, e recoñezo que tal como está non é excesivo e non queda mal. Ao fin e ao cabo ao tratarse da wikipedia galega non está de máis darlle unha certa relevancia (con moderación) aos datos galegos. Tamén se podería poñer a ligazón na sección Outros artigos.-Miguelferig (conversa) 9 de outubro de 2014 ás 15:49 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Ébola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 17:44 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ébola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 10 de setembro de 2018 ás 22:23 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ébola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 9 de outubro de 2018 ás 00:51 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ébola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 14 de maio de 2019 ás 22:09 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ébola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de xuño de 2019 ás 04:54 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ébola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de agosto de 2019 ás 10:51 (UTC)

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 00:25 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Ébola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de outubro de 2019 ás 02:00 (UTC)