Conrado Durántez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Conrado Durántez
Nacemento21 de agosto de 1935
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
PremiosMedalla de Oro de la Real Orden del Mérito Deportivo
editar datos en Wikidata ]

Conrado Durántez Corral, nado en Ferrol o 21 de agosto de 1935, é un maxistrado galego, e escritor, investigador e promotor do olimpismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1958, e profesionalmente tense dedicado á súa carreira como maxistrado. Xubilouse como presidente da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

O recoñecemento venlle do seu vencello ao olimpismo. Desde que en 1961 foi designado para representar a España na recentemente creada Academia Olímpica Internacional, presidiu a Academia Olímpica Española, que tamén fundou[1]. Dentro da organización do movemento olímpico, tamén é presidente fundador da Asociación Panibérica de Academias Olímpicas (desde 1990), presidente fundador da Unión Española de Filatelia Olímpica (desde 1996), presidente fundador do Comité Español Pierre de Coubertin (desde 1998), e mais presidente de honra do Comité Internacional Pierre de Coubertin, do que foi presidente entre 1990 e 2001.[2]. Tamén foi membro da Comisión para a Cultura e a Educación Olímpica do Comité Olímpico Internacional[3][4].

En 1984 propuxérono para presidir o Comité Olímpico Español[5], mais finalmente foi escollido Alfonso de Borbón.

Como investigador, doutorouse en Historia con 75 anos pola Universidade de León, cunha tese sobre o significado da vitoria nos Xogos de Olimpia.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Publicaciones[editar | editar a fonte]

Durántez é un prolífico autor ao redor do olimpismo, a historia dos Xogos Olímpicos modernos e dos da Antigüidade, e de Pierre de Coubertin[6].

  • Los Juegos Olímpicos Antiguos (1964)
  • Olimpia y las Juegos Olímpicos Antiguos (1976)
  • Léxico de los deportes olímpicos (1976)
  • Las Olimpiadas Griegas (1977),
  • Barcelona Olímpica (1986)
  • La Antorcha Olímpica (1987)
  • Barcelona 92 XXV Olimpiada (1988)
  • La Academia Olímpica Internacional (1989)
  • El Olimpismo y sus Juegos (1990)
  • De Olimpia 776 a. J.C. a Barcelona 1992 (1991)
  • La Historia Olímpica (1992)
  • El Centenario Olímpico (1992)
  • Pierre de Coubertin: Imagen y Filosofía (1993)
  • Pierre de Coubertin el Humanista Olímpico (1994)
  • Pierre de Coubertin y la Filosofía del Olimpismo (1994)
  • Los Orígenes del Comité Olímpico Español (1994)
  • Historia y Filosofía del Olimpismo (1995)
  • Academias Olímpicas Nacionales (1999)
  • El Comité Olímpico Español: Orígenes y Naturaleza Jurídica (2000)
  • Pierre de Coubertin y su ideario (2001)
  • El Olimpismo moderno y su filosofía: El ideario (2004)
  • El Olimpismo (2004)
  • Las Olimpiadas modernas (2005)
  • Olimpia I (2005)
  • Olimpismo para jóvenes (2006)
  • Olimpismo y Deporte: Valores y Símbolos (2006)
  • El Fuego de Olimpia (2008 )
  • La Academia Olímpica Española. Cuarenta Aniversario (2008).
  • Orígenes del Olimpismo en Iberoamérica (2009, coord.)
  • El COE. Un siglo (2011)
  • Los Juegos (2012),
  • La Asociación Panibérica de Academias Olímpicas (2012)
  • El Centenario del Comité Olímpico Español. Un siglo de Olimpismo (2013)
  • Pierre de Coubertin. Credo y simbología olímpica (2013)
  • El Olimpismo (2015).

Notas[editar | editar a fonte]