Confederación de Agrupacións Políticas Independentes
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Confederación de Agrupacións Políticas Independentes | |
---|---|
Tipo | federación de partidos políticos |
Data de fundación | 28 de marzo de 2009 |
Sede | Leganés |
País | España |
Na rede | |
http://www.terceravia3v.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Confederación Nacional de Agrupaciones Políticas Independentes (CAPI) é unha confederación de partidos políticos españois de carácter independente con ámbito de actuación nacional. CAPI busca axuntar as forzas dos numerosos grupos políticos independentes de España de ámbito local e rexional para converterse nunha alternativa política real ao bipartidismo . Entre os seus principais obxectivos están a obtención de representación a nivel nacional e a modificación da actual Lei Electoral. O seu lema é: libres para pensar, independentes para actuar.
As súas orixes están nos congresos de partidos políticos independentes celebrados entre 2004 e 2009 en Cuenca, Aranjuez, Almansa, Majadahonda e Mérida, sendo deste xeito un proxecto xestado durante varios anos. A súa constitución realizouse en Mérida o 28 de marzo de 2009, e o seu recoñecemento oficial culminou coa inscrición no Rexistro de Partidos Políticos en marzo de 2010. O seu congreso fundacional celebrouse en Leganés o 12 de xuño de 2010, e contou coa asistencia de representantes de grupos políticos de numerosos lugares de España.[1] O seu actual presidente é o líder e concelleiro de ULEG Carlos Delgado, tamén o é de CAPI.[2]
En abril de 2014 anunciouse que CAPI e Cidadáns-Partido da Cidadanía subscribiron un acordo de colaboración mutuo, que culminou na participación nunha candidatura conxunta nas eleccións europeas de 2014.[3] Así mesmo, a valenciana Renovació Política abandonou CAPI para presentarse xunto a outras formacións ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[4]
A CAPI oponse á reforma electoral, que propón o Partido Popular para as eleccións municipais. Ademais expresou a súa intención de crear un grupo de traballo xunto con Ciutadans, UPyD e outros partidos independentes para crearen unha estratexia común de cara ás próximas eleccións autonómicas e municipais[5].
Membros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Los independientes se unen bajo la marca CAPI para erigirse en la tercera vía política de España
- ↑ capi-independientes.blogspot.com.es, ed. (8 de abril de 2013). "Un movimiento independiente para las europeas". Consultado o 28 de xaneiro de 2014.
- ↑ CAPI e Cidadáns-C's asinan un acordo de colaboración para "reforzar unha nova forma de facer política", A Tribuna de Salamanca, 14 de abril de 2014.
- ↑ Proxecto Europa[Ligazón morta], ABC, 14 de abril de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2014.