Unión do Pobo Ribadense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión do Pobo Ribadense
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Unión do Pobo Ribadense foi un partido político local de Ribadeo. Foi creado de cara ás municipais de 2007, nas que obtivo dous concelleiros (Paco Rivas, o seu fundador,[1] e Tino Reimóndez) nunha corporación de 13, sendo o cuarto partido máis votado (e último, xa que non se presentaron máis). Nas eleccións de 2011 obtivo un posto no concello (Paco Rivas, que posteriormente cedeu o seu lugar a Tino Reimóndez, representante até as eleccións de 2015), sendo o terceiro partido máis votado dos catro participantes.

Dispuña dunha organización xuvenil, as xuventudes de UPRi.

Non se ten presentado ós comicios autonómicos nin xerais, a máis das dúas eleccións locais (2007 e 2011).

O día 26 de febreiro de 2015 comunicou a súa disolución, ó tempo que parte dos seus membros comunicaron que tentarían integrar unha lista de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía en Ribadeo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.