Concello de Kalmar
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Kalmar | ||||
| Capital | Kalmar | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 73.068 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.250,98 km² | ||||
| Altitude | 8 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Kalmar Municipality, Sweden (en) | Johan Persson (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 390 02–398 09 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 480 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Samsun Silkeborg (pt) Arendal (1948–) Savonlinna (1948–) Wilmington (1963–) Árborg (pt) Gdańsk (1991–) Panevėžys (1992–) Kaliningrado (2000–) Wismar (2002–) Entebbe (2003–) | ||||
| Sitio web | kalmar.se | ||||
Kalmar é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar.[1] A súa capital é a cidade de Kalmar, que tamén é a capital do condado. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 72 704 habitantes.[2]
Ao longo da costa hai un leito rochoso de arenito, pero no interior convértese en granito. A área está dominada por terras forestais, pero o municipio tamén ten unha proporción moi grande de terras agrícolas. A principios da década de 2020 a economía local estaba dominada pola industria de servizos, onde traballaba un 66% da poboación.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Arby, Dörby, Förlösa, Hagby, Halltorp, Hossmo, Kalmar, Karlslunda, Kläckeberga, Ljungby, Mortorp, Ryssby, Voxtorp, e Åby. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona atopábase tamén a cidade de Kalmar que no ano 1863 fundou unha cidade municipal (stadskommun). No ano 1925o concello rural de Kalmar incorporouse á cidade de Kalmar.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse ao redor da cidade seis grandes concellos: Dörby (a partir dos municipios de Dörby, Hossmo e Kläckeberga), Ljungbyholm (de Ljungby e Sankt Sigfrid), Läckeby (de Förlösa e Åby), Mortorp (de Karlslunda, Mortorp e Oskar), Ryssby (de Ryssby), e Södermöre (de Arby, Hagby, Halltorp e Voxtorp). A cidade de Kalmar permaneceu sen cambios, pero no ano 1965 o concello rural de Dörby integrouse nela.
En 1969 partes dos concellos rurais de Mortorp e Ljungbyholm (Oskar e Sankt Sigfrid) integráronse na cidade de Nybro.
O concello de Kalmar naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Kalmar e dos cinco municipios rurais de Ljungbyholm, Läckeby, Mortorp, Ryssby e Södermöre.[3]
O concello pertence ao partido xudicial de Kalmar dende a súa fundación.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Kalmar está situado na parte sueste da provincia histórica de Småland. Ao leste do municipio atópase o estreito de Kalmar e o mar Báltico. Kalmar limita ao sur co concello de Torsås, ao oeste cos de Emmaboda e Nybro, ao norte co de Mönsterås, e ao leste ten fronteira marítica cos municipios de Borgholm e Mörbylånga na illa de Öland.
O concello de Kalmar atópase en Möre, un dos "pequenos países" tradicionais de Småland.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-13.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Kalmar tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 7 de outubro de 2022.
