Concello de Borgholm
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Kalmar | ||||
| Capital | Borgholm | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 10.626 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 3.658,7 km² | ||||
| Altitude | 5 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | borgholm.se | ||||
Borgholm é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar.[1] O concello comprende a metade norte da illa de Öland. A súa capital é Borgholm.
A illa está composta de pedra calcaria e hai tanto rauks en zonas de costa con cantís erosionados, como praias de cantos. O turismo, así como as actividades comerciais, hoteleiras e de restaurantes dominan a vida empresarial local.
A poboación medrou lixeiramente ata mediados dos nos 90 e posteriormente baixou un pouco, recuperándose lixeiramente a partir de 2015. En decembro de 2024 vivían no municipio 10 666 persoas.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]A paisaxe descende suavemente cara ao leste, estando os seus puntos máis altos ao redor de Kalmarsund no oeste. Sobre a pedra calcaria hai unha fina capa de terra. No sur de Öland atópase o tipo de terreo coñecido como alvar que caracteriza á illa, aínda que tamén hai algunhas zonas de alvar en Borgholm. As ribeiras do concello teñen tanto rauks en zonas de cantís erosionados como praias de cantos. Bödabukten é a zona máis grande onde aparecen estes tipos de praias. Alí está tamén as pendentes de Bölinge, que é un gran campo de dunas cuberto de maleza. Os campos de Neptuni son unha praia de cantos que se formaron en relación co levantamento da terra e xa foi descrito por Linneo.[1]
Conservación natural
[editar | editar a fonte]No ano 2022 había 41 reservas naturais no municipio de Borgholm.[3] En 1935 engadiuse a reserva dos rauks de Byrum, que é o único campo de rauks de Öland.[4] O ecoparque de Böda atópase no nordés do concello e inclúe unha das áreas naturais máis visitadas da illa, a reserva de Trollskogen. Alí hai carballos que teñen varios centos de anos e prosperan varias especies ameazadas.[5] Ademais, hai grandes áreas que están clasificadas como áreas Natura 2000.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16.
- ↑ "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Byrums raukar". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Trollskogen". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Natur och allemansrätt på Öland". Borgholms kommun (en sueco). Consultado o 2022-09-09.
