Saltar ao contido

Concello de Mönsterås

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Mönsterås
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°02′00″N 16°27′00″L / 57.033333333333, 16.45
EstadoSuecia
Condadocondado de Kalmar Editar o valor en Wikidata
CapitalMönsterås (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.059 (2025) Editar o valor en Wikidata (13,87 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie941,42 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Lehrte (1970–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmonsteras.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: monsteraskommun Instagram: monsteraskommun LinkedIn: monsteras-kommun Youtube: UCmOMuHpe9Sv-M9_SW_scLXA Editar o valor en Wikidata

Mönsterås é un concello sueco no condado de Kalmar.[1] A súa capital é a localidade de Mönsterås e en decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 13 069 habitantes.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Mönsterås está no centro do condado de Kalmar. O municipio limita ao norte co concello de Oskarshamn, ao oeste co de Hultsfred, ao suroeste co de Högsby e ao sur co de Kalmar. Ao leste ten unha fronteira marítima c concello de Borgholm, que está na illa de Öland.

As estradas do municipio de Mönsterås creceron ao longo dos esker que van desde o interior cara ao mar Báltico. As localidades de Ålem e Blomstermåla están no esker de Högsbyåsen, mentres que Mönsterås atópase en e nos arredores do de Mönsteråsåsen. Os ríos Emån e Alsterån, que atravesan o municipio, foron tamén ingredientes importantes para que xurdisen asentamentos nestas zonas. No concello hai unhas 300 illas de máis de 0,5 hectáreas e, ademais, hai moitos máis illotes e cons.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-29. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04.