Saltar ao contido

Concello de Jokkmokk

Modelo:Xeografía políticaConcello de Jokkmokk
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 66°37′00″N 19°50′00″L / 66.616666666667, 19.833333333333
EstadoSuecia
CondadoCondado de Norrbotten Editar o valor en Wikidata
CapitalJokkmokk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.695 (2025) Editar o valor en Wikidata (0,24 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
linguas saamis Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Lapónia (pt) Traducir
Q61679797 Traducir (–2002)
Q61669396 Traducir (2002–) Editar o valor en Wikidata
Superficie19.334,08 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Chairman of the municipal board in Jokkmokk Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataKent Ögren (1989–2002)
Sune Berg (2003–2004)
Anna Hövenmark (2004–2004)
Sune Berg (2004–2004)
Sixten Eriksson (2004–2006)
Anna Hövenmark (2007–2010)
Stefan Andersson (2011–2014)
Robert Bernhardsson (2015–2022) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webjokkmokk.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: jokkmokkskommun Instagram: jokkmokkskommun LinkedIn: jokkmokks-kommun Youtube: UCJDKT0zuhKx3ZnIKx_BEBVw Editar o valor en Wikidata

Jokkmokk é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] Atópase no landskap de Lappland e a súa capital é a localidade de Jokkmokk.

O terreo montañoso cobre unha parte significativa da superficie do municipio e o Parque Nacional Sarek, un dos catro parques nacionais do concello, está considerado no presente a derradeira terra virxe de Europa. Tamén é a natureza, a través dos bosques, a auga, o turismo e a cría de renos, a que forma a base da economía de Jokkmokk.

Dende a fundación do municipio na década de 1970 a tendencia de poboación ten sido negativa. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 4 701 habitantes.[2]

Administración histórica

[editar | editar a fonte]

Cando se levou a cabo a reforma municipal de 1862 en Laponia en 1874, formouse o municipio rural de Jokkmokk na parroquia do mesmo nome.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, afectando tampouco aos condados de Västerbotten e Norrbotten.[3] Coa reforma municipal de 1971 fundouse o concello de Jokkmokk tras a reorganización do concello rural de Jokkmokk.[4]

Dende o seu nacemento ata o 28 de xaneiro de 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Boden e dende entón forma parte do de Gällivare.[5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello limita ao oeste cos municipios noruegueses de Tysfjord, Hamarøy, Sørfold e Fauske, e cos suecos de Gällivare ao norte, de Boden ao leste, de Älvsbyn ao sueste, e de Arvidsjaur e Arjeplog ao sur. O concello de Jokkmokk é segundo máis grande de Suecia en superficie, sendo un pouco máis grande que o landskap de Värmland, un pouco máis pequeno que o de Ångermanland e o dobre de grande que o de Escania.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

O terreo montañoso cobre unha parte importante do municipio de Jokkmokk, e nel atópase por exemplo o macizo Áhkká, situado no sueste do parque nacional de Stora Sjöfallet. Porén a zona montañosa máis coñecida de Jokkmokk é o parque nacional de Sarek. No presente Sarek é considerado un dos últimas áreas de natureza salvaxe de Europa, con espectaculares vales e maxestosas montañas de ata 2 000 metros sobre o nivel do mar.[6]

Hai grandes masas de auga dentro dos límites do concello, os dous ríos Lule atravesan o municipio e reúnense en Vuollerim para formar o Stora Lule. No municipio existen varias plantas hidroeléctricas entre as que destaca a de Harsprånget, a máis grande de Suecia en termos de produción.[7]

Conservación da natureza

[editar | editar a fonte]

No concello de Jokkmokk hai catro parques nacionais: Sarek, Muddus, Padjelanta e Stora Sjöfallet.[8][9]

A reserva natural de Jelka-Rimåkåbbå, que pertence á Rede Natura 2000, foi creada en 2019 e con ela a metade da superficie do concello é espazo natural protexido. Ademais de Jelka-Rimåkåbbå, había 64 reservas naturais no municipio en 2022.[10]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-10.
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-12.
  3. "Folkrakningen 1950" (PDF). scb.se. Archived from the original on 29 de outubro de 2013. Consultado o 1 de outubro de 2022.
  4. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. p. 100. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
  5. "Domsagohistorik - Bodens tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 1 de outubro de 2022.
  6. "Sarek nationalpark". www.sverigesnationalparker.se (en sueco). Consultado o 2025-03-01.
  7. "Våra kraftverk: Harsprånget - Vattenfall". powerplants.vattenfall.com. Consultado o 2025-03-01.
  8. "Skyddad natur". skyddadnatur.naturvardsverket.se. Consultado o 2025-03-12.
  9. "Nationalparker och naturreservat". www.jokkmokk.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2025. Consultado o 2025-03-12.
  10. "Jokkmokks naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-12.