Concello de Boden
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Norrbotten | ||||
| Capital | Boden (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 28.473 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 4.290,95 km² | ||||
| Altitude | 140 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Boden Municipality, Sweden (en) | Ragnar Bergmark (1971–1979) Uno Wikström (1980–1982) Erik Stenberg (1983–1991) Vanja Berglund (1992–1997) Christian Lindgren (1997–2002) Olle Lindström (2003–2010) Torbjörn Lidberg (2011–2014) Inge Andersson (2015–2018) Claes Nordmark (2018–2025) Béatrice Öman (2025–) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | boden.se | ||||
Boden é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] A súa capital é a localidade de Boden.
Os ríos Råneälven e Luleälven atravesan o concello. a zona ten unha rica fauna, especialmente no que se refire á cantidade de aves rexistradas.
O municipio de Boden é un dos concellos de Suecia máis orientados cara ao sector servizos, sendo os principais empregadores os gobernos rexional e municipal e as Forzas Armadas. A poboación mantívose estable dende principios do século XXI con ao redor de 28 000 habitantes. En decembro de 2024 en Boden vivían 28 049 persoas.[2]
Dende os anos 70 o Partido Socialdemócrata foi o partido máis votado no concello e dende o ano 2010 formou parte de distintas coalición para gobernar o concello.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Boden atópase no sueste do condado de Norrbotten e limita ao norte co municipio de Gällivare kommun, ao nordés co de Överkalix, ao sueste co de Luleå, ao sur co de Älvsbyn e ao oeste co de Jokkmokk, e está partido en dous polo río Lule.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-10.
