Concello de Arvidsjaur
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Norrbotten | ||||
| Capital | Arvidsjaur (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 6.016 (2026) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 6.126,28 km² | ||||
| Altitude | 390 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Arvidsjaur Municipality, Sweden (en) | Sten Laestadius (1971–1979) Jan-Erik Sandberg (1980–1993) Per Lavander (1993–2005) Jerry Johansson (2005–2013) Lotta Åman (2013–2018) Sara Lundberg (2019–2021) Lars Forsgren (2021–2024) Q133862261 | ||||
| Sitio web | arvidsjaur.se | ||||
Arvidsjaur (saami: Árviesjávrrie) é un municipio sueco (kommun) no condado de Norrbotten,[1] no landskap de Lappland. A súa capital é Arvidsjaur.
A paisaxe está formada por terreo montañoso ondulado (bergkullsterräng) quebrado, o 70% do cal está cuberto de bosque. A economía sofreu grandes cambios e a principios da década de 2020 estaba dominada pola silvicultura e a industria da madeira, así como a produción de servizos públicos e privados.
Dende os anos 80 a tendencia de poboación é negativa. En decembro de 2024 vivían no municipio 6 089 persoas.[2] A política do concello está dominada dende sempre polos socialdemócratas, aínda que perdeu a maioría absoluta en 2010. Dende entón o partido gobernou en coalición co Vänsterpartiet.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio de Arvidsjaurs xunto á vía férrea Inlandsbanan, no medio do landskap de Lappland, a uns 110 quilómetros ao sur do círculo polar ártico. O concello limita cos municipios de Arjeplog, Jokkmokk, Älvsbyn, Piteå, Skellefteå, Norsjö, Malå e Sorsele.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]O terreo montañoso quebrado formado por montañas individuais o grupos de montañas conforman a paisaxe do municipio. Todos os picos acadan entre os 500 e os 650 metros sobre o nivel do mar. O terreo ten unha orientación noroeste-sueste. Granito e arvidsjaur pórfiro forman a rocha base. Na zona hai lagos longos e estreitos, así como bosques e marismas. En total, o 70% da zona está cuberta de bosque de crecemento lento. Este lento crecieento pode atribuírse á escasa morena e ao clima frío. Varios ríos atravesan o municipio, entre eles o río Pite (un dos ríos nacionais suecos), o río Byske e o río Skellefte. Os vales dos ríos carecen de asentamentos, pero en cambio as alturas si os atraeron no sur. Alí, o risco de xeadas é menor e a terra é máis apta para o cultivo.[3]
Conservación natural
[editar | editar a fonte]No ano 2022 había 60 reservas naturais no municipio. Ademais existen ecoparques, áreas claves de biodiversidade, zona da Rede Natura 2000 e outros tipos de áreas con protección para a flora e a fauna.[4]
Varias das reservas naturais son áreas montañosas, como Lillträskberget, Mattisberget e Myrberget.[5] Outras zonas, como Björkselberget, inclúen bosque primario. Nesta reserva natural hai por exemplo piñeiros que teñen ao redor de 600 anos de idade.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16.
- ↑ "Arvidsjaur - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Upptäck naturreservaten och andra skyddade områden". www.arvidsjaur.se. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2022. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Sök". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Björkselberget". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-09.
