Concello de Arjeplog
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Norrbotten | ||||
| Capital | Arjeplog (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.570 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 14.494,08 km² | ||||
| Altitude | 427 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Arjeplog Municipality, Sweden (en) | Albert Lestander (1999–2002) Bengt-Urban Fransson (2002–2009) Britta Flinkfeldt (2009–2020) Isak Utsi (2020–) | ||||
| Sitio web | arjeplog.se | ||||
Arjeplog é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten,[1] no landskap de Lappland. A súa capital é Arjeplog. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 2 599 habitantes.[2]
No municipio atópanse varias montañas e a paisaxe tamén é rica en lagos. En Arjeplog está tamén o glaciar máis grande de Suecia. As industrias máis importantes son o turismo e as actividades de probas de inverno de automóbiles.
O municipio de Arjeplog é o que menos poboación ten no condado de Norrbotten e o concello perde habitantes. Os socialdemócratas foron o partido máis votado en todas as eleccións e sempre gobernaron no municipio, tanto en solitario como en coalición con outros partidos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio limita ao norte co concello de Jokkmokk, ao leste co de Arvidsjaur e ao sur co de Sorsele. Ao oeste limita cos municipios noruegueses de Fauske, Saltdal e Rana.
O concello de Arjeplog é o cuarto máis grande de Suecia en extensión, sendo un pouco máis grande que o landskap de Escania. Só os municipios de Kiruna, Gällivare e Jokkmokk son máis grandes.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]O núcleo urbano de Arjeplog está rodeado de auga e montañas. No centro do municipio atópase Öberget, con vistas sobre a localidade, e tamén sobre Renberget e Akkelis. O macizo de Sulitelma no noroeste do concello alberga o glacial máis grande de Suecia, o Sállajiegŋa, e o punto máis alto do municipio, o Stortoppen, a 1860 metros sobre o nivel do mar.
No concello de Arjeplogs hai 8 727 lagos e cursos de auga, sendo o municipio sueco máis rico en auga. Entre os cursos de auga atópanse os ríos Pite, Skellefte e Laisälven. O lago máis profundo de Suecia, o Hornavan, forma parte do sistema de lagos Skellefteälven. Un interesante lago con rica vida de aves é o Tjålmejaure. Toda a auga do sistema de lagos de Arjeplog é potable.
Flora
[editar | editar a fonte]A flora no concello de Arjeplog está formada principalmente por flora de montaña. Dentro do municipio hai varias plantas protexidas.
Conservación da natureza
[editar | editar a fonte]No ano 2021 había 25 reservas naturais no concello, das cales os bosques de montaña de Hornavan-Sädvajaure e de Laisdalens son as maiores reservas do condado. Ademais, no concello atópase o parque nacional de Pieljekaise, que inclúe a montaña do mesmo nome que alcanza os 1 138 metros sobre o nivel do mar.
Galtispuoda, co seus 800,2 metros sobre o nivel do mar, é ademais dunha reserva natural unha popular estación de esquí. Con bo tempo pódese ver os catro concellos veciños de Sorsele, Jokkmokk, Arvidsjaur e Saltdal, este último en Noruega.
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]Para asuntos de informes de poboación o concello está formado por unha única área que antes de 2016 era a congregación de Arjeplog e dende o 1 de xaneiro dese ano é o distrito de Arjeplog.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16.
- ↑ "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 16 de marzo de 2025.
