Comisión Central para a Navegación do Rin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira da comisión
Mapa do Rin a través dos países membros.

A Comisión Central para a Navegación do Rin (CCNR), (en francés: Commission Centrale pour la Navigation du Rhin; en alemán: Zentralkommission für die Rheinschifffahrt), con sede en Estrasburgo, é un organismo internacional que ten por misión favorecer a prosperidade da navegación fluvial ao longo do río Rin, garantindo a súa seguridade e o respecto pola súa contorna. É a organización de cooperación internacional máis antiga do mundo, creada en 1815 polo Congreso de Viena e está regulada pola Convención para a Navegación do Rin de 1868.

Historia[editar | editar a fonte]

Estabelecida en 1815 polo Congreso de Viena, a CCNR inclúe os países ribeiregos do Rin: Alemaña, Bélxica, Francia, Países Baixos e Suíza. A primeira reunión tivo lugar en Maguncia o 15 de agosto de 1816. En 1831 é adoptada a "Convención de Maguncia" que constituíu un conxunto de disposicións regulamentarias para a navegación do Rin.

Pazo do Rhin, sede central da CCNR en Estrasburgo

En 1861 a sede da comisión trasládase a Mannheim. En 1868 asínase a acta que leva o nome desta cidade e que contén os principios vixentes até hoxe. En 1920, ao final da Primeira Guerra Mundial, o Tratado de Versalles dispón o cambio de sede a Estrasburgo.

En 2003 a Comisión Europea, no marco do proxecto de ampliación da Unión Europea. solicitou un mandato do Consello da Unión Europea para negociar a adhesión da Unión Europea á CCNR e á Comisión do Danubio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]