Cometa Giacobini-Zinner
Aparencia
O 21P/Giacobini-Zinner é un cometa con período de 6,621 anos. As características da súa órbita respecto da órbita terrestre fan que de que cada dúas revolucións unha delas sexa favorable para a observación, dado que o cometa pasa entón relativamente preto da Terra. Esa circunstancia acontece o 9 ou o 10 de outubro, entón observase a chuvia de meteoros das Giacobínidas ou Dracónidas (chamadas así porque o seu radiante sitúase na constelación do Dragón). Recibe o seu nome polos seus descubridores, Michel Giacobini e Ernst Zinner, que o avistaron por vez primeira o 20 de decembro de 1900. Atópase clasificado como cometa da familia de Xúpiter.
Elementos orbitais
[editar | editar a fonte]- Época = 6 de marzo de 2006
- Semieixo maior (a) = 3,526 UA
- Perihelio = 1,038 UA
- Afelio = 6,014 UA
- Excentricidade (e) = 0,7056
- Período orbital (P)= 6,621 anos
- Inclinación (i) = 31,8108°
- Próximo perihelio = 2012
- Designación actual = 21P/Giacobini-Zinner