Comarcas da Rexión de Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Rexión de Murcia é unha comunidade autónoma española. O punto segundo do artigo 3 do Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia prevé a creación de comarcas:[1]

2. A Comunidade Autónoma de Murcia organízase territorialmente en municipios e comarcas.

Os municipios gozan de plena personalidade xurídica e autonomía para a xestión dos intereses que lles son propios.

As comarcas gozan tamén de plena personalidade xurídica, así como de autonomía para o cumprimento dos fins que lles sexan atribuídos pola Lei.

Non obstante, a Asemblea Rexional de Murcia aínda non aprobou unha lei de comarcalización.

Comarcas[editar | editar a fonte]

Mapa comarcal da Rexión de Murcia, segundo a división proposta polo Consello Rexional de Murcia en 1980.

A seguinte división comarcal foi realizada polo Consello Rexional de Murcia, ente preautonómico, en 1980, antes da aprobación do actual Estatuto de Autonomía, baseándose no informe do seu gabinete técnico. Esta división comarcal é a que con frecuencia utiliza a administración rexional.

Comarca Concellos
Altiplano Jumilla e Yecla
Alto Guadalentín Águilas, Lorca e Puerto Lumbreras
Bajo Guadalentín Aledo, Alhama de Murcia, Librilla, Mazarrón e Totana
Campo de Cartagena Cartagena, Fuente Álamo de Murcia e La Unión
Huerta de Murcia Alcantarilla, Beniel, Murcia e Santomera
Mar Menor Los Alcázares, San Javier, San Pedro del Pinatar e Torre-Pacheco
Noroeste Bullas, Calasparra, Caravaca de la Cruz, Cehegín e Moratalla
Oriental Abanilla e Fortuna
Río Mula Albudeite, Campos del Río, Mula e Pliego
Valle de Ricote Archena, Ojós, Ricote, Ulea e Villanueva del Segura
Vega Alta del Segura Abarán, Blanca e Cieza
Vega Media del Segura Alguazas, Ceutí, Lorquí, Molina de Segura e Las Torres de Cotillas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leggio Contenidos y Aplicaciones Informáticas, ed. (1982). "Lei Orgánica 4/1982, de 9 de xuño, Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia". Consultado o 8 de outubro de 2009.