Colias croceus
Colias croceus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colias croceus sobre unha flor de Trifolium pratense. | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Colias croceus (Geoffroy, 1785) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A bolboreta Colias croceus é unha especie da familia Pieridae, que foi descrita orixinalmente, co nome de Papilo croceus, por Geoffroy Saint-Hilaire, en 1785, en París (Francia). É moi similar á especie denominada Colias alfacariensis.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Ás anteriores de cor amarela-laranxa no seu anverso, con fimbrias rosadas, con bordo en banda negra, e unha mancha negra destacada no seu interior. Reverso amarelo-alaranxado uniforme, con mancha prateada. As ás posteriores son amarelo-xofre, con varias manchas pardas, entre as que destaca unha con núcleo dourado. A femia é moi similar ao macho, con carácter xeral, aínda que hai un morfotipo no que a cor de fondo das ás é branco-verdosa. É unha especie de bolboreta tendente a pousarse sempre coas ás pechadas.
-
Colias croceus croceus ♂
-
Colias croceus croceus ♂ △
-
Colias croceus f. helice ♀
-
Colias croceus f. helice ♀ △
É polivoltina, reprodúcese tres ou até catro veces ao ano (aproximadamente en abril, xullo e outubro), sendo invernantes as larvas da última xeración. A posta realízase sobre follas de plantas moi diversas, sobre todo Trifolium e Medicago sativa, entre outras.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É unha especie estendida por toda Europa e África do norte. En España e Portugal é moi frecuente. Esténdese até Asia Menor, o oeste da India e Siberia. É migratoria, algúns anos ten numerosas migracións en masa en Europa, por exemplo nos anos 1877, 1947, 1983, 1992, 1994, 1996 e 2000.[3][4][5][6]
Adoita vivir en zonas asolladas e vexetadas, e mesmo en zona de cultivo, chegando até certa altura (2.000 m). Só están ausentes de zonas boscosas. É moi usual nos macizos montañosos de tipo calizo, e menos abundantes, aínda que frecuentes, en montañas máis elevadas, como Serra Nevada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iberfauna 2014. Species Colias crocea. (Geoffroy, 1785). En: IBERFAUNA. El Banco de Datos de la Fauna Ibérica. Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC). Ligazón: http://iberfauna.mncn.csic.es/showficha.aspx?rank=T&idtax=34926 (Data de acceso: 04/09/2023).
- ↑ Colias crocea asturnatura
- ↑ Walsh, Freddie; Walsh, Margaret (2014). "The Clouded Yellow butterfly Colias croceus (Fourcroy) overwintering at the Raven, Co. Wexford" 33 (2): 89–92. JSTOR 24393598.
- ↑ Burns, George (1935). "Clouded Yellow Butterfly in Belfast" 5 (11): 286–286. JSTOR 25532484.
- ↑ Funet
- ↑ "Fauna europaea". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colias croceus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Colias croceus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Olivares, Francisco Javier; Barea-Azcón, José Miguel e outros (2011): Las mariposas diurnas de Sierra Nevada, Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía, Granada, ISBN 978-84-92807-72-7, pp. 182-183.
- Asher, Jim; Warren, Martin; Fox, Richard; Harding, Paul; Jeffcoate, Gail & Jeffcoate, Stephen (2001): The Millennium Atlas of Butterflies of Britain and Ireland. Oxford University Press. ISBN 0-19-850565-5
- Evans, W.H. (1932). The Identification of Indian Butterflies (2ª ed.). Mumbai, India: Bombay Natural History Society.
- Butterflies of the Indian Region. Bombay, India: Bombay Natural History Society. 1957. ISBN 978-8170192329.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Larvae of North-European Lepidoptera Copia arquivada en Wayback Machine
- Paolo Mazzei, Daniel Morel, Raniero Panfili Moths and Butterflies of Europe and North Africa
- Imaxes de C. croceus images Arquivado 18 de outubro de 2016 en Wayback Machine. no Consortium for the Barcode of Life