Coeligena bonapartei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coeligena bonapartei
Coeligena bonapartei eos (3412277581) (2).jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Apodiformes
Familia: Trochilidae
Xénero: Coeligena
Especie: C. bonapartei
Nome binomial
Coeligena bonapartei
A. Boissonneau, 1840
Distribución de Coeligena bonapartei

Distribución de Coeligena bonapartei
Sinonimia
  • Helianthea bonapartei
  • Helianthea eos
    (Coeligena bonapartei eos)

Coeligena bonapartei é unha especie de ave na familia Trochilidae. O seu nome científico fai referencia a Charles Lucien Bonaparte.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Mide uns 11.4 cm de longo, ó que se engade o seu longo peteiro que mide 3,3 cm e pesa 6.5 gr. A coroa do macho adulto é negruzca cunha mancha verde brillante sobre o seu peteiro. As súas costas son verde-douradas con grupas verde-cobrizas. Unha mancha ante-rufa sobre as súas plumas terciarias é conspicua durante o voo. O peito é verde brillante, o mesmo que a gorxa agás por unha pequena mancha violeta no centro. O seu ventre de ton cobrizo a vermello-dourado é moi brillante. A súa cola é verde-bronce e levemente aforquillada.

A femia adulta é semellante aínda que de cores máis apagadas; a mancha verde sobre o peteiro é mate, a gorxa é ante, e o peito é ante con numerosos puntos verdes. A femia non poúe a mancha nas plumas terciarias.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É orixinario de Colombia e dun pequeno sector de Venezuela.[3] O seu hábitat natural son os bosques montañosos húmidos subtropicais ou tropicais. Polo xeral percorre un camiño habitual que pasa por plantas en flor talles como Bomarea, Cavendishia, Fuchsia, Macleonia, Mutisia, e Palicouria, de cuxo néctar aliméntase. Tamén atrapa insectos en voo e cázaos sobre as follas. Polo xeral o seu comportamento é semellante ó do Coeligena bonapartei eos, o cal pode ser unha subespecie desta especie.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Coeligena bonapartei". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Whose Bird?
  3. Birds of Venezuela.
  4. "Split Coeligena eos from Coeligena bonapartei". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2006. Consultado o 02 de outubro de 2018.