Coatí de cola anelada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O coatí de cola anelada[2] (Nasua nasua) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos prociónidos que habita predominantemente nas selvas suramericanas e a parte meridional de Centroamérica.

Distribución[editar | editar a fonte]

Habita en selvas de América tropical e subtropical, en Colombia, Venezuela, Güiana, o Brasil, Ecuador, o Perú, Bolivia, Paraguai até o norte da Arxentina e do Uruguai e mesmo foi introducida no Arquipélago Juan Fernández en Chile.

Identificación[editar | editar a fonte]

É un mamífero relacionado co mapache, pero a especie caracterízase por ter un fociño longo e poutas de oso.

A súa pel é ou pardo suave ou negra, con ventre máis claro, e aneis brancos na cola en moitos casos. A súa cabeza é delgada cun nariz alongado, orellas pequenas, pés negros, cola longa non prénsil usada para balancearse e sinalar.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Esta especie atópase dividida en 13 subespecies:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Emmons, L. & Helgen, K. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 22 de abril de 2010. 
  2. BUSCatermos coatí de cola anelada, que dá como fontes: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, e Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  3. "Mammal Species of the World, 3rd edition". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2011. Consultado o 30 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]