Club Deportiu Terrassa
O Club Deportiu Terrassa é un dos clubs deportivos históricos da cidade de Terrassa, Barcelona (Cataluña), destacando na práctica do hóckey herba.
Seccións deportivas
[editar | editar a fonte]Equipos filiais
[editar | editar a fonte]- A.D. Rimas
- Club Terrassa 1910
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1910 un grupo de mozos do Ateneo Calasanz crearon o primeiro club de hóckey en Cataluña e en España baixo o nome Lawn Hoquei Club Calassanç. O 2 de juño de 1912 xoga o seu primeiro partido contra o Espanyol de Barcelona. En 1915 o Calasanz únese ao Terrassa FC, adoptanto este último nome. En 1920 pasa a denominarse Terrassa Hoquei Club. Pasada a guerra civil adopta o actual nome.
En 1926 gaña o primeiro Campionato de Cataluña e en 1933 o primeiro Campionato de Españaa, iniciando unha longa lista de éxitos.
O Concello de Terrassa cedeulle uns terreos e a primeira pedra púxose en 1961, cando se celebraba o cincuentenario do club. En 1970 o club adquire uns terreos en Les Pedritxes, en Matadepera, inaugurándose as instalacións o 10 de xuño de 1973 con terreos de xogo para o hóckey, tenis, frontón, entroutros deportes.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Hóckey herba masculino
[editar | editar a fonte]- 19Campionatos de Cataluña: 1926, 1930, 1933, 1940, 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1952, 1953, 1956, 1959 e 1992.
- 1 Liga Española: 1976.
- 12 Copas do Rei: 1933, 1943, 1945, 1946, 1948, 1949, 1950, 1951, 1955, 1966, 1967 e 1975.
Hóckey herba feminino
[editar | editar a fonte]- 2 Copa de Europa B: 1986 e 2003.
- 22 Campionatos de Cataluña: 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1964, 1965, 1966, 1968, 1977, 1983, 1984, 1985, 1989, 1992, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002 e 2005.
- 13 Campionatos de España: 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1966, 1968, 1969, 1980, 1982, 1983 e 1985.
- 5 Ligas españolas: 2000, 2001, 2002, 2005 e 2008.
- 5 Copas da Raíña: 1986, 1998, 2000, 2001 e 2007.