CloudSat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CloudSat
CloudSat.jpg
CloudSat
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASA
BusBCP-2000
Satélite deTerra
Data de lanzamento28 de abril de 2006[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta II 7420[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudio das nubes na atmosfera terrestre.[2][5]
NSSDC ID2006-016B
Masa700 kg[5][6]
Datos orbitais
Semieixo maior7075,3 km[1]
Inclinación98,2 graos[1]
Apoapse708,9 km[1]
Periapse699,7 km[1]

CloudSat é un satélite artificial da NASA lanzado o 28 de abril de 2006 mediante un foguete Delta II 7420 desde a base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite CALIPSO.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

Cloudsat foi seleccionada como unha misión de observación terrestre pola NASA en 1999 para profundizar no coñecemento da estrutura, abundancia, distribución e propiedades radiativas das nubes. A misión do satélite, baseado no bus BCP-2000, é medir a altura e propiedade das nubes, determinar a súa estrutura vertical e estudar a dinámica dos sistemas de nubes mediante o primeiro radar de nubes en lonxitudes de onda milimétricas en voar ao espazo.[5] Xunto cos satélites CALIPSO, Aqua, PARASOL e Aura, forma o chamado A-Train, un sistema de satélites que comparten órbita heliosincrónica e que estudan conxuntamente a Terra desde unha altura duns 705 km.[2][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

O único instrumento de CloudSat é un radar denominado CPR (acrónimo de Cloud Profiling Radar) que funciona en lonxitudes de onda milimétricas, a unha frecuencia de 94 GHz, e que mide a enerxía retrodispersada polas nubes en función da súa distancia.[5][6]

As características do CPR son:[6]

  • Frecuencia de traballo: 94 GHz
  • Anchura do pulso: 3,3 microsegundos
  • Ventá de datos: 0–25 km
  • Tamaño da antena: 1,95 m
  • Rango dinámico: 70 dB
  • Tempo de integración: 0,3 segundos
  • Resolución vertical: 500 m
  • Resolución cruzada: 1,4 km
  • Resolución ó longo: 2,5 km
  • Taxa de datos: 15 kbps

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CLOUDSAT" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011). "Cloudsat" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 19 June 2006 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-55745). 14 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2019). "CloudSat" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Cloudsat (ESSP 4, P00-4)" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Cloudsat" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]