Aura (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aura
Aura satellite.jpg
Aura
TipoObservación terrestre.
FabricanteNorthrop Grumman
OrganizaciónNASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento15 de xullo de 2004[1][2][3]
Foguete portadorDelta II 7920[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudio da atmosfera terrestre.[2][4]
NSSDC ID2004-026A
Masa2967 kg[2][4][5]
Dimensións2,7 m x 2,3 m x 6,9 m [2]
Potencia4,6 kW[5]
Datos orbitais
Semieixo maior7080,7 km[1]
Inclinación98,2 graos[1]
Apoapse710,4 km[1]
Periapse709,0 km[1]

Aura, tamén coñecido pola designación EOS CH-1, é un satélite artificial de observación terrestre da NASA que conta con colaboración internacional. Foi lanzado o 15 de xullo de 2004 mediante un foguete Delta II 7920 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Aura adícase a monitorizar e medir a cantidade de ozono e moléculas relacionadas na atmosfera terrestre, continuando a tarefa das misións UARS e TOMS. Tamén adícase a estudar os gases traza presentes na atmosfera e as súas transformacións.[2][4]

Aura é o terceiro compoñente do sistema de observación terrestre da NASA.[5] O plan inicial era construír tres satélites como Aura para ser lanzados en intervalos de cinco anos, pero finalmente só se construíu un. O satélite usa un bus cun deseño común aos satélites do sistema EOS adaptado aos seus intrumentos en particular.[4]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

  • HIRDLS (High Resolution Dynamics Limb Sounder)
  • MLS (Microwave Limb Sounder)
  • OMI (Ozone Monitoring Instrument)
  • TES (Tropospheric Emission Spectrometer)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AURA" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Aura" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  3. "Notes verbales dated 15 and 16 November 2004 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (V.04-59867). 13 de decembro de 2004. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "EOS-Chem 1 (Aura)" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "Aura" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]