Cleopatra I de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaCleopatra I de Exipto

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Κλεοπάτρα Σύρα Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 204 a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte176 a. C. Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Actividade
Ocupaciónraíña rexente Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaíña rexente
Princesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Tolemaica Editar o valor em Wikidata
CónxuxePtolemeu V Epifânio
FillosPtolemeu VI Filometor (pt) Traducir, Cleópatra II (pt) Traducir, Ptolemeu VIII Evérgeta II (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAntíoco III Magno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Laódice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLaodice IV (en) Traducir, Seleuco IV Filopáter (pt) Traducir, Antíoco IV Epifânio (pt) Traducir, Antióquida (pt) Traducir e Antiochus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata


Cleopatra I Sira (grego: Κλεοπάτρα ἡ Σύρα; c. 204 – 176 BC) foi unha princesa do Imperio Seléucida, raíña do Antigo Exipto polo seu matrimonio con Ptolomeo V e rexente do Antigo Exipto durante a minoría de idade do seu fillo, Ptolomeo VI, desde a morte do seu marido no 180 a.C. até a súa morte no 176 a.C.

Formou parte da Dinastía tolemaica, da cal descendería Cleopatra VII un século despois.

Vida[editar | editar a fonte]

Cleopatra era a filla de Antíoco III o Grande, rei do Imperio Seléucida, e da raíña Laodice III.

Raíña[editar | editar a fonte]

No 197 a.C, Antíoco III capturou varias cidades en Asia Menor, anteriormente baixo o control do reino tolemaico de Exipto. Os romanos apoiaron os intereses exipcios, cando negociaron co rei Seléucda en Lysimachia no196 a.C. En resposta, Antíoco III indicou a súa disposición para facer a paz con Ptolomeo V e para casar a súa filla Cleopatra con Ptolomeo V. Comprometéronse no 195 a.C, tendo lugar o matrimonio no 193 a.C. en Raphia.[1] Naquel tempo Ptolomeo V tiña preto de 16 anos e Cleopatra aproximadamente 10 anos. Máis tarde, os reis tolemaicos argumentaron que Cleopatra recibira as zonas de Celesiria como dote e que, por tanto, ese territorio pertencía a Exipto. Este asunto é moi debatido, e é posible que o pai dela rexeitase dito acordo.[2] Con todo, na práctica, a Celesiria ficou en posesión seléucida despois da Batalla de Panium no 198 a.C.[3]

En Alexandría, Cleopatra era referido coma a siria.[4] Como parte do culto tolemaico foi honrada co seu marido coma Theoi Epiphaneis. En liña coa tradición exipcia antiga de matrimonio entre irmáns, ela mesma era a irmá (grego antigo: ἀδελφή:, adelphḗ) de Ptolomeo V. Un sínodo de sacerdotes celebrado en Memphis no 185 a.C. concedeu a Cleopatra todas as honras que eran dadas a Ptolomeo V no 196 a.C. (presente na inscrición bilingüe da pedra de Rossetta).

Raíña Rexente[editar | editar a fonte]

Ptolomeo V morreu inesperadamente en setembro do 180 a.C., con tan só 30 anos de idade. O fillo de Cleopatra I, Ptolomeo VI, quen tiña só seis anos, foi coroado inmediatamente, con Cleopatra como co-rexente. Ela foi a primeira reíña tolemaica en gobernar sen o seu marido. En documentos deste período, Cleopatra é nomeada Thea Epiphanes e o seu nome aparece antes do de Ptolomeo. As moedas eran acuñadas baixo a autoridade conxunta dela e o seu fillo.[5]

Xusto antes a súa morte, Ptolomeo V comezara a planear unha nova guerra contra o reino seléucida, mais Cleopatra inmediatamente acabou coas preparacións de guerra e perseguiu unha política pacífica, debido ás súas raíces seléucidas e porque unha guerra ameazaría o seu control do poder.[6][7] Cleopatra probablemente morreu a finais do 178 ou a principios do 177 a.C., aínda que algúns eruditos colocan a súa morte a fins do 176 a.C.[8] [9]

No seu leito de morte, Cleopatra nomeou a Eulaeus e Lenaeus, dous dos seus máis íntimos asociados, coma rexentes. Eulaeus, un eunuco, era o tutor de Ptolomeo. Lenaeus era un escravo sirio que probabelmente vira a Exipto como parte do séquito de Cleopatra tas ela casar.[10] O par non foi capaz ou careceu da vontade para evitar a deterioración de relacións co reino seléucida que culminaron na desastrosa Sexta Guerra siria.

Cleopatra e Ptolomeo V tiveron tres fillos:[11][12]

Nome Imaxe Nacemento Morte Notas
Ptolomeo VI Philometor Maio/Xuño 186 a.C. 145 a.C. Ascendeu ao trono como Rei baixo a rexencia da súa nai no ano 180 a.C., co-rexente e esposo de Cleopatra II desde o 170 ata o 164 a.C. e de novo dende o 163 ata o 145 a.C.
Cleopatra II 186-184 a.C. 6 abril 115 a.C. Co-rexente e muller de Ptolomeo VI desde 170 ata 145 a.C., co-rexente e cónxuxe de Ptolomeo VIII desde 145 ata 132 a.C., proclamouse gobernante única desde 132 ata 127 a.C., co-rexente e esposa de Ptolomeo VIII outra vez desde 124 ata 115 a.C., co-rexente con Cleopatra III e Ptolomeo IX desde 116 ata 115 a.C.
Ptolomeo VIII c. 184 BC 26 xuño 116 BC Co-rexente con Ptolomeo VI e Cleopatra II desde 169 ata 164 a.C., expulsou a Ptolomeo VI en 164 a.C., foi expulsado á súa vez en 163 a.C., Rei de Cirenaica desde 163 ata 145 a.C., co-rexente con Cleopatra II e Cleopatra III desde 145 ata 132 a.C. e outra vez desde 124 ata 116 a.C.

Títulos[editar | editar a fonte]

Transcripción xeroglífica que representa o nome ou sinatura:

Nome:
<
N29
E23
V4Q3G1X1
D21
G1X1
H8
>
ḳ l w pȝ t r ȝ (Qleupatra)
Cleopatra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Polibio 18.51.10 e 28.20.9; Tito Livio 33.40.3 e35.13.4; Apiano, Syriaca 3.13 and 5.18
  2. 3.Cleopatra a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 799
  3. Polibio 28.1.2-3 e 28.20.6-10; Flavio Xosefo, Antigüidades Judaicas 12.154-155; Apiano, Syriaca 5.18
  4. Apiano, Syriaca 5.18
  5. BennettC "Ptolemy VI". 
  6. Hölbl 2001, p. 143
  7. Grainger 2010, p. 281–2
  8. Werner Huß, Ägypten in hellenistischer Zeit (Egypt in Hellenistic times). Munich 2001, p. 540
  9. BennettC ies/cleopatra_i_fr.htm "Cleopatra I" |url= incorrecto (Axuda). 
  10. Morkholm 1961, p. 32–43
  11. Aidan Dodson, Dyan Hilton, The Complete Royal Families of Ancient Egypt, 2004
  12. BennettC "Cleopatra I". 

Traballos citados[editar | editar a fonte]

  • Grainger, John D. (2010). The Syrian Wars. pp. 281–328. ISBN 9789004180505. 
  • Hölbl, Günther (2001). A History of the Ptolemaic Empire. London & New York: Routledge. pp. 143–152 & 181–194. ISBN 0415201454. 
  • Morkholm, Otto (1961). "Eulaios and Lenaios". Classica et Medievalia 22: 32–43. 

Referencias[editar | editar a fonte]

  • Stähelin, Kleopatra 14). En: Realencyclopädie der Classischen Altertumswissenschaft, vol. XI 1, 1921, col. 738–740.
  • Werner Huß, Ägypten en hellenistischer Zeit (Exipto no Hellenistic Período). Múnic 2001, p. 499; 514f.; 535; 537–540.
  • Günther Hölbl, Geschichte des Ptolemäerreichs (Historia do Ptolemaic Imperio). Darmstadt 1994, p. 125; 127f.; 147f.; 153.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]